Centro de Documentación da AELG
Apuntes sobre Variacións Nube
11 de novembro de 2004
García-Bodaño, Salvador
Autores/as relacionados/as:

APUNTES SOBRE "VARIACIÚNS NUBE", de Cesáreo Sánchez Iglesias.

`Amo o sobo da palabra.
Para min a água e a fonte
a estrela e a fonte:
A água vestida de pedra."

Este fermoso poema de catro versos, todo un exemplo de condensación lírica, de nudez expresiva e de beleza de imaxes, foi lido nesta sala hai moito tempo. O seu comezo é toda unha confesión, precisa e inmensa, da vocación pola creación literaria: Amo o sono da palabra. E nese fondo amor pola palabra persiste o bo amigo e poeta que agora senta cabo de nós. Foi aquí mesmo, nesta activa Galería Sargadelos de Compostela, convertida co pasar do tempo en histórica tribuna da nosa cultura, onde ha¡ vinteún anos que se deu a coñecer á actualidade literaria daquel entón, por Carlos Martínez Pereiro, "O cántico da fonte", de Cesáreo Sánchez Iglesias, en Edicións do Castro (1982). Era o seu terceiro título. E a aquel habían seguir oito máis, ata chegarmos a este que boxe nos convoca, doutra volta, arredor da atraínte poesía que Cesáreo, cunha regularidade aproximada de dous ou tres anos, nos trae como unha coidada mostra da súa profunda vocación literaria. O duro andar do tempo deixa tamén fermosas pegadas.

Polo que se refere á miña intervención neste acto no que estamos a presentar "Variación Nube", o último poemario de Cesáreo Sánchez Iglesias, vou reducila a sinalar, brevemente, algunhas das consideracións literarias xurdidas no meu pensar como consecuencia do gratísimo percorrido poético que realice¡ polas súas páxinas. Estas consideración, en forma duns cantos apuntamentos, poderán vir remarcar e coincidir, posibelmente, en certos aspectos, con algunhas outras reflexións que se poidan expresar, pero, en todo caso, a coincidencia virá reafirmar o valor desas observacións producidas ao fio da lectura e dende un coñecemento amplo da súa obra poética.

Así, en primeiro termo, paréceme oportuno subliñar, de maneira moi especial, por exemplo, a innovación que dentro do corpus da súa obra de creación lírica veñen supoñer as formulacións adoptadas para "Variacións Nube", sobre todo no aspecto estético e temático. Neste libro, de magnífica edición en A Nosa Terra, a lula poética experimenta unha mutación sorprendente, de fondura manifesta, en relación cos seus poemarios anteriores, orientados nun primeiro período a percibir e vivenciar a plenitude da natureza e a paisaxe como ámbitos humanos dunha vida case arcádica, herdo de antigas sabidurías, escenario de sensacións e emocìóns intimistas, en elaboradas e sinxelas codificación simbólicas. Ou, máis tarde, en relación tamén con poemarios levados dun discorrer emocionado golas correntes transparentes dunha tenue poesía amorosa, en versos conmovidos pola ausencia --ou quizais debera dicirse pola nunca ocorrida presenza-- da amada, como o poeta nos comunica no intimismo de " Evadne"

Esta inesperada `variación' --entre cominas—, que se observa no novo libro do fecundo e multipolar poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, abrangue tamén, enteiramente, todo o que é a estrutura formal que veu dominando en precedentes composicións, construídas con versos moi curtos (por veces con escalonamentos), amétricos, libres, de carácter predominantemente breve tamén na súa extensión, coa clara excepción dos poemas que se conteñen no singular volume de "A árbore das sete palabras" .

Non cabe pensar, sen embargo, que a mutación estilística e construtiva desta nova entrega poida vir marcar unha inflexión perdurábel e unha transformación definitiva na expresión formal do seu dicir poético. Semella mais ben que "Variación Nube" representa, polas súas especiais características, unha moi lograda e interesante experiencia creadora illada, ou, noutras palabras, un libro de gustosa lectura e patente altura poética que se pecha en si mesmo, deixando aberta e a parte a outra Jifia estética que se viña prolongando e evolucionando no resto da súa obra.

"Variacións Nube" manifesta, ademais, unha acusada orixínalidade na maneira en que o autor deseña a arquitectura do seu poemario e establece a súa vinculación poética coa pintura. Sáese do usual na tradición lírica, na que non é dificil lembrármonos de poemas dirixidos a pintores e a cadros determinados, ou ata mesmo dalgún poemario enteiro.

Aí están entre outros, poñamos por caso, a Sextina a Joan Miró, de Joan Brossa, o poema a Mark Rothko, de Eugenio de Andrade, ou o poemario "A la pintura", de Rafael Alberti. Neste último, máis que á pintura, os poemas van dedicados, maiormente, a pintores e, como se sabe, remata cun que foi escrito para o seu amigo Luís Seoane. A estrutura formal difire duns poemas para outros, en función da personalidade de cada artista e da tendencia estética que a cada un máis lle preocupaba. Nos poemas deste tipo adoitan ofrecérense retratos persoais tratados con alusiáns e metáforas descritivas da súa pintura no fondo poemático.

O poemario que hoxe celebramos acada, ao meu xeito de ver, a cima do proceso creador de Cesáreo Sánchez Iglesias, que xa tiña afirmado elevadas cotas con libros como o antes citado "A árbore das sete palabras" e coas composicións amorosas de "Evadne"

"Variacións Nube" é libro de grande unidade temática e estética, no que a linguaxe poética se mostra ampliada e enriquecida en poemas de calculada regularidade, dunhas trinta e tres Tiñas versais de extensión. O poeta segue a empregar nas súas composicións o verso libre, afastado de metro e rima, aínda que nesta ocasión as tiñas ou versos se alonguen achegándose aos versículos nunha oscilación aproximada de entre as vintetrés e as cinco sílabas. Estamos, pois, nos antípodas daqueles poemas iniciais dun certo sintetismo minimalista, con base na tensión de sentir e sentirse no medio natural e no amor, que precederon e seguiron a "A árbore das sete palabras". Nos versos introdúcense, por veces, alteracións e rupturas sintácticas que lle dan unha insólita suxestión aos contidos da escrita.

O libro, dende a súa suxeición temática, aporta unha definida orixinalidade. Antes, deixei dito que algún outro poemario centrado na pintura, adoita falar dos pintores e, indirectamente, dalgún cadro en especial.

No caso que comentamos, faise palpábel un notorio e orixinal enríquecemento creativo neste senso, pois o poeta escolleu a referencia inspiradora dende toda unha serie de obras plásticas, que Ile conmoven o seu espírito, e a partires da contemplación de cada unha delas, vai creando mundos fabulosos que habita, `realidades imaxinadas' nas que transita e sinte. Cada poema é como unha secuencia onírica que o suxeito lírico transcorre, transmitíndonos as súas sensacións e describíndonos as súas vivencias e escenarios nos entornos máxicos nos que se atopa, é dicir, nos que el "se existe" -en expresión do propio poeta-- sen un antes nin un despois temporal.

Para rematar a miúa intervención, quero rogarlle a Cesáreo que me desculpe a paráfrase que vou empregar ao aconseliarlles, a todos e a todas cantos estades aquí presentes, que non dubidedes en "abrir o libro como unha porta", xa que, sen a menor dúbida, vos levará a gozar da lectura deste excelente conxunto de poemas.

Os mundos imaxinarios sempre nos ofrecen outras maneiras de vivir e, acaso, tamén de soñar.

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO
11 de novembro. 2004