Centro de Documentación da AELG
Debullar - ¿Xa terei conseguido entrar na verdadei-
Martínez-Conde, Ricardo

¿Xa terei conseguido entrar na verdadei-

ra estancia da soidade?, preguntábase.

 

Viaxaba para se asegurar un pouco de

intimidade.

 


¡Que brutal pode chegar a ser a igno-

rancia deliberada!

 


¿Exalta-la dor como espectáculo, co-

mo relixión, ó reflexionar sobre a agre

didáctica do amor?

 


¡Seríamos capaces de tantas vicisitudes!,

sobre todo cando temos vivido sós.

Matemos canto antes o engano dun

novo día. Matemos a absurda esperan-

za que poida, prometernos algún ali-

vio. O único seguro é que o círculo se

pechará; tal é a noite.