Centro de Documentación da AELG
Compostela, vella memoria - Sagrado
Martínez-Conde, Ricardo

Sagrado

rechouchío

o estrelecer

animoso

das candeas

acendidas

e axeitadas,

solemnes,

núas

ó pe

desa figura

serena

que escoita

a quen se achega

á vella

escuridade

da capela.

Rechouchío

dos rezos,

do tempo.