Non tódolos poetas saben estar sempre' preto da poesía. María do Carme Kruckenberg, que publicou o seu primeiro libro en galego, Cantigas do vento, en 1956, segue a estar preto da poesía, se cadra porque estar preso da poesía é, para o poeta, a forma máis doada de vivir; e de vivir sabéndose entregar os outros con xenerosidade.
As raíces da poesía de María do Carme Kruckenberg lévanos a un tempo de posguerra, os retratos dunha cidade que non puidemos coñecer e a unha rebeldía de muller -antóllaseme a min-- resolta como elegante inconformismo. Sabemos que María do Carme Kruckenberg é unha galega dun milleiro de mundos, que cruzou o Atlántico, que visitou un cento de cidades, que foi amiga de grandes poetas de alleas terras e que, ó cabo, como ela mesura di nunha cantiga, sempre volveu a Vigo. Deste mapa de identidade; da memoria e do presente dunha cidade contradictoria coma poucas, forma parte María do Carme Kruckenberg, representante de certos círculos dunha burguesía cidadá e cosmopolita que amaba a poesía, o teatro e a música e que se achegou á cultura e á literatura galegas cun estilo e cun saber estar dos que da fe a traxectoria vital e literaria desta muller.
Por estar preto da poesía, María do Carme
Kruckenberg soubo estar sempre preto dos poetas e dos artistas. Al onde puidese estar a canción estaba eta; al onde pode estar a canción volve a estar María do Carme. Coma outra poeta do seu tempo, Luz Pozo Garza, sabe estar atenta ós ritmos da nosa hora lírica sen que debeza en nada o entusiasmo e, se están no noso tempo; se son as nosas contemporáneas malia a distancia dos anos, é porque seguen a amar, a ler, a vivir en poesía sen pedir nada a cambio. E quizais, unicamente, o único que reclaman é o vínculo con ese lector secreto; con ese amigo sen rostro que as recoñece.
Todos sabemos que a literatura galega lle debe moito as mulleres e -por que non precisalo- á rebeldía das mulleres. Pero se cadra é o momento de indicar que a poesía galega actual lle debe moito a certas poetas coma estas que, desde a súa impecable traxectoria e desde unha discreción sumamente elegante, non so len os poetas actuais, e non so ofrecen puntos de referencia senón que as cousas que elas organizan sempre se distinguen. Un bo día, por exemplo, María do Carme convocounos a tódolos poetas que vivimos en Vigo para recitarmos os nosos poemas nun acto que foi absolutamente exitoso e multitudinario. Ela encargárase de organizado todo, de convidar á xente, de facer as ennoveladas xestións. Ha¡ -creo- unha importante débeda con elas e un recoñecemento que todos os que amamos a poesía lles debemos.
A poeta rusa Marina Tsvietáieva escribiu que «a contemporaneidade na arte é a influencia dos mellores sobre os mellores, é dicir, o contrario da actualidade; influencia dos peores sobre os peores». Da contemporaneidade da poesía de María do Carme Kruckenberg, da súa posibilidade de xenerosa influencia, é boa mostra este poemario Alegoría do ensoño ferido que agora tes, lector, nas túas mans.
A poesía de María do Carme Kruckenberg escolle, segundo o noso entender, dous territorios esenciais. En primeiro lugar, o do neotrovadorismo, que foi unha das morfoloxías que posibilitaron que o verso galego da posguerra non entrase en maiores contradicións con aquel tempo de acedos claroscuros, disfrazándose de forma medieval. Bebe, pois, nas mesmas fontes da orixe que certa vangarda que a emparentaría, entre outros, con Álvaro Cunqueiro e Rafael Alberti. O segundo dos territorios líricos de Kruckenberg, non menos significativo, é o que poderiamos denominar poética do silencio, por botarmos man dunha actitude que define parcelas importantes da poesía moderna. Eu creo que, unha vez situados neste territorio, é estreito o parentesco que ten esta poeta coa lírica de Juan Ramón Jiménez, no senso en que Kruckenberg tamén arela encher unha forma breve cuns nítidos contidos de pensamento. «¡Qué mal poeta el ruído», di un deses aforismos ideolóxicós de Juan Ramón Jiménez que ben puidera servirnos de guía xunto a estoutro: «Ser breve, en arte, es, ante todo, suprema moralidad».
Falamos, pois, dunha poética do silencio que non se resolve como fractura violenta da linguaxe, que este é o caso de Paul Celan, senón como invocación do silencio sen Pacer abandono da palabra. Os límites do mundo do poema están sempre no silencio. Saberse achegar a eles, sen quebrantar a palabra, é algo que distingue a certos poetas cos que emparentaría, ó noso entender, a poética de Kruckenberg. Escoitémola, pois, merodear o silencio nun dos poemas deste libro:
A palabra cancelada no silencio quedouse sen resposta
na nacente cegueira transitoria...
Este territorio, que é o territorio de Alegoría do ensoño ferido resólvese nunha poesía que enlaza símbolos e fragmentos cunha tonalidade espida e cunha música conscientemente sesgada. O modelo de Kruckenberg é o poema breve, esencial, juanramoniano, poderiamos indicar; pero os seus elementos son, principalmente, a confesión e a verdade. Debo dicir que, cómo lector de poemas, esta é unha forma que me inquieta cada vez máis, porque debe estar rexida pola rapidez e nitidez do pensamento máis que pola sintaxe ordenadora ou polo desenvolvemento duns ritmos mediante a modulación métrica e as pausas. Eu creo que é unha forma de madurez poética, e que debe ter algo que ver co tema do silencio e co fastío dos grandes cantos, que deseña un dos xeitos de ser no mundo que ten o poeta de hoxe.
Ela mesma dirao coa tremedoira transparencia que ten todo poema:
É incomprensible que a inocencia xa non teña sentido de claridade.
Pero volvendo ós contidos máis significativos deste libro, o soño, como principio de liberdade que fertiliza o acto poético, é o principio ordenador Non é o soño ou ensoño derramado, perdido, derrubado senón o que se representa perante nós únicamente ferido. Ferido se cadra polo tempo, polos avatares da vida; polas realidades implacables que o contradicen. Pero porque está ferido aínda pode dar fala. A poesía, pois, aínda ten o poder de falar de dicir, de soñar, de crear as utopías da esperanza:
Xamais a dimensión da esperanza
foi estraña o meu sentir.
Ou esoutra utopía que renova a poeta como dor inocente e que ven sendo o espello mesmo do poetizar:
Teño que roubarlle tempo ó tempo e
renovar a dor inocente
que se axita e presinte.
Non nos corresponde a nós desvelar nestas Tiñas introductorias «o enigma imposible da poeta» ó que se refire nun dos versos deste poemario, si acaso mencionar os sinais polos que nos ternos guiado. Has ser ti, lector, quen desvele algún dos posibles enigmas que acovilla esta Alegoría do ensoño ferido, tendo coidado en non roubarlle á poesía os seus soños. Si has saber, se non o recoñeces na túa lectura, que María do Carme Kruckemberg leva moitos anos vivindo en poeta, vivíndose e facéndonos vivir; preto dun silencio vizoso e fecundador, a tódolos que a coñecemos e lemos a súa obra.