"Para que te serve essa cruel
boca de fome?"
Esta inércia de ser non é a vida.
Soños de animal manso
que xa non venta o sangue
e zizaguea
nun rasto azul de poIe e de insectos.
Até que á noite acordas coa memória do tobo
e do peso da gacela no teu ventre:
un espasmo de luz incéndia o bosque.