Alén do vento
a outra terra,
co desexo de sentir a levidade
dunha patria de auga e vento
onde o tenro bafo da nai
perfuma o celme da alma
con sixilo meditado
para que todo roce a harmonía.
Repousar o corazón
no peito nai
onde descansan os soños abertos
que che baleiran no cerne da terra.