Eu sei que por amor aínda vives aínda existes resistes aínda heroica Palestina Seino polos ollos dos que anuncian territorios liberados polas mans dos que levan as unllas partidas de rañar horizontes ¿Qué son a metralla, os sharóns a desmemoria, as mentiras para negar a xustiza de tanta terra asoballada? Eu sei que vives que existes que resistes aínda Convoco a luz e véxote, escoito a dignidade o latexar dos corazóns de homes e mullers coa mirada fixa nos eidos de Nablus "Pedra fronte a mísil" contra a barbarie, falo coa voz de Bodaño coa lucidez da liberdade, contra a mentira porque minte o poder a historia minte porque minten todos minte a biblia, minte, minte Goliat non morreu a pedra de David finou nos vestixiosda mentira do seu propio veleno |