Centro de Documentación da AELG
Todos os veráns... - [Texto íntegro]
Fraga, Modesto
para Antía
                                               para Antía, agardando xiradela

 

Todos os veráns
en sanvicente
amor
imaxina illas negras
ateigadas de landras
e nerudianas caracolas de monte.

Son imaxes do irreal
equinoccios
de lúa e sol
que a distancia reclama para si

chuvia de horizontes
na que raro faltan
vagas espirais
atardecidas
que a memoria retén
na paisaxe.



Tan só en sanvicente
é posible coñecer o silencio
interrompido
de socato
por un ronsel ausente
de mar
imaxinado