A historia de noso, a dos algo máis de tres millóns de galegos e galegas, que aínda hoxe en día damos esencia e existencia a este pequeno curruncho da fin da terra, é vellísima, mais para coñecérmonos ben cómpre non esquecermos nunca a vida dos nosos antergos, daueles primeiros habitantes do que actualmente chamamos Galiza, sabermos como eran e como vivían; isto é importante na medida en que a nosa aposta como pobo por un futuro mellor implica o coñecemento e respecto polo noso pasado, que, entre outras moitas cousas, permite que no día de hoxe vós e mais eu poidamos estar aquí comunicándonos na nosa lingua ao longo dunhas cantas páxinas.
É por iso polo que imos pór a funcionar a máquina do tempo e remontándonos moitos anos atrás, mais ben séculos, poderíamos comezar dicindo:
“Era unha vez un pobo que tiña cultura e lingua de seu, asentado no extremo máis occidental de Europa: Galiza.