Poesía
Aleixandre, Marilar
Autores/as relacionados/as:
Fonte:
Olería de Buño, catálogo 1998, Cuncas de queimada
Hai tempo foron usadas
para beber o sangue do pai,
a asa torta certifica a ruíndade,
garfo no toco, man incompleta.
Esquecida a cerimonia atroz,
nestes días a penas queiman gorxas.