Centro de Documentación da AELG
Presentación de "A máscara de Palma", de Fina Casalderrei
6 de novembro de 2000
Aleixandre, Marilar
Autores/as relacionados/as:
Marilar: Fina ¡Quita esa máscara!
Fina: ¿Máscara? ¿Eu?
Marilar: Si, ti, porque todos os escritores son uns mentireiros
Fina: ¿E ti non?
Marilar: Eu tamén. Escribir é a arte de contar bonitas mentiras...
Fina: (interrompe) Ti sabes que eu son sincera.
Marilar: Non acabara... de contar bonitas mentiras con sinceridade
Fina: Escribir é sempre poñerse unha máscara, disfrazarse
Marilar: Tamén é quitarse todas as máscaras, quedar núa
Fina: Facer strip tease sentimental
Marilar: Nisto de escribir haiche moito teatro
Fina: ¡Oes! De teatro sei eu moito máis ca ti.
Marilar: É verdade, que a min nunca me puxeron unha denuncia por traballar en obras de teatro.
Fina: ¿Pero vas falar diso? ¿Non vas falar da Máscara de Palma?
Marilar: Para tratar da escrita cómpre falar do teatro... e das tripas...
Fina: ¿Que vai dicir o editor?
Marilar: Porque ti escribes coas tripas, seino eu de boa tinta
Fina: ¡Eu escribo co corazón!
Marilar: Será mellor deixar as vísceras e pasarlle a palabra ó editor.