Centro de Documentación da AELG
Unha viguesa de disciplina xermánica
Laura. S. Filgueiras
Autores/as relacionados/as:

Mª del Carmen Kruckenberg, escritora

Unha viguesa de disciplina xermánica

Esta muller de ascendencia alemana pode dicir que ós seus 74 anos conserva a vitalidade dunha rapaza nova. A pesar de que ó longo da súa vida coñeceu unha corentena de países, a viguesa quédase con España. Por outra banda, tampouco esquece que Portugal a veu medrar nos múltiples veráns que alí pasou e dese país garda as súas mellores lembranzas da infancia. Mª del Carmen Está ó día aínda que di que hai cousas que non entende e que lle gustaría cambiar, como a inxustiza.

Laura. S. Filgueras. Vigo

Mª del Carmen caniña ergueita e confiada, segura dos pasos que dá na vida. Ultima os preparativos da presentación do seu íúltimo liro: unha escolla das súas poesías en galego e castelán.

-O libro Vivir, aventura irrepetible está adicado ós países que visitou. Tivo que coñecelos moi ben.
- Bastante ben porque cando marcho de viaxe sempre me documento para coñecer ó país que vou.

-¿Hai algún país que lle gustara especialmente?
-Tódolos países son interesantes pero hai duus que está por encima de todos: Italia e España.

-Por qué eles dous?
-Porque os dous teñen certa similitude entre si, son dous países que teñen un encanto e unha diferenciación especial. Quero dicir que dentro do país hai tantas etnias diferenciadas que é como se fixeras unha viaxe ó estranxeiro. Coñezo 39 paises e para min son os países de diferenciación rnaior. Temos unta riqueza espiritual e artística de rnilenios.

- Nese mesmo libro fala  da súa iafancia en Lisboa, ¿como a recorda?
-A miña infancia tráeme recordos moi bonitos. Pasei tódolos veráns desde que teño 6 anos e durate a guerra civil en Portugal. Toda a parte de Lisboa, Estoril e Cascais é a miña casa. Hai tres anos que non vou e para min é unha eternidade. É o primeiro país que coñecín, a primeira cultura, a primeira fala diferenciada... ainda que eu entendía mol ben o galego porque o apreudín cun caseiro que tiñamos na finca de Coia. Recordo que eu lle dixen ó meu pai con catro anos: -Papá eu non entendo a Antonio; e díxome meu pal, -pois mira esta é a túa fala e tes que aprendela.

-¿Qué recordos ten deses veráns en Portugal?
-Veraneabamos nun hotel de Estoril. Recordo a luz, a fala, ós meus amigos, a xente daquel hotel, ós ingleses; ia tódolos días a Cascais a aprender a montar a cabalo. Chamábanme os camareiros e a xente de arredor o inimigo público número un polas cousas que eu facía. Pasoume unha causa curiosísima: 20 anos despois marchaba a EEUU por primeira vez. Collín o barco en Lisboa. Estaba no hotel e metinme no bar a tomar unha copa. Estaba sentada na barra e o barman quedóuseme mirando. De pronto acércase a min e dime: A señora ten que perdoar, pero ¿vostede non é o inimigo público número un? Recordábame 20 anos despois. Fantástico, eh. Eu emocioneime. Sain da barra e démonos unha aperta. Foi un dos encontros máis emocionantes e deliciosos da miña vida.

-¿Que lembra da súa etapa en Madrid?
-Coñecín en Madrid a Novoneyra El tiña dúas tertulias e unha delas era con Gerardo Diego. Ademais había outra na casa de Vicente Aleixandre. Tamén asistín a unha tertulia en Bos Aires na que coñecín a  Borges. De alí trouxen a riqueza de grandes personaxes na historia da literatura que me aportaron moito á miña personalidade poética.

-Nas súas viaxes aprendeu a conecer a liberdade e o amor, ¿en qué sentido?
-En tódolos sentidos. Creo que ó amor en xera1: o amor  á libertdade, os conceptos éticos, á decencia, á xustiza...

-Viviu e estudiou ó seu aire, ¿con isto quere dicir que fixo o que quixo?
-Isto quere dicir que fixen o que me deu a gana. Tiven uns pais que me deixaron e iso é moi importante. Non tiven que loitar con ninguén e déronme liberdade absoluta.

-Como muller, tivo problemas para publicar?
-Na época do franqinsmo si pero non por ser muller. Ademais hai que ter amigos para publicar. Fun a pouquiño. A muller estivo culturalmente por debaixo do home. Sen embargo, agora a muller ten unha grande cultura e escribe rnoi ben. Quizais por iso se compren máis libros de mulleres porque o home nunca entendeu ó  sexo oposto.

-A poesia é o xénero Iiterario máis cultivado polas mulleres xa dende a Idade Media, ¿a que cre que se debe?
-Na Idade Media a poesía estaba formada polas palabras de amor das mulleres rnetidas nuns recunchos sen coñecemento das cousas e aquelo elevábaas a unha altitude. Na segunda metada do século comézase a ler máis poesia. San embargo, este xénero pásase por encima nas escolas. O gran fallo da ensinanza está no gran desamor á literatura.

-¿Que hai da súa afección á pintura?
-Hai moitos anos que non pinto. Fixen bastantes debuxos pero só están publïcados nun libro. En grande nunca os expuxen. Os cadros son para min. Nunca me plantexei facer unha exposición. Meu pai era un grande debuxante e meu tio-avó foi un gran pintor alemán, pero eu fago as cousas para min.

-Vostede foi Viguesa Distinguida en 1994 e recibiu o premio Alecrín en 1997, ¿que importancia lle dá a estes recoñecementos?
-Cando son feitos por amigos paréceme extraordinario. Danme certa satisfacción porque se recoñece o meu traballo pero eu non paso de ai. Sigo sendo a mesma persoa. Trato á xente co mesmo cariño e coa mesma naturalidade.

-¿Hai algo que Mª del Carmen non soporte?
-O que odio é a inxustiza, non a podo soportar nin física nin espiritualmente. Non podo suportar que haxa nenos que estean morrendo de fame sitios onde non teñen nin para comer nin para beber. Están enxendrando nenos mortos. Encontro unta inxustiza que a Igrexa fale de amor dese xeito. O amor é outra cousa. A única liberdade que lles permite a súa natureza é face-lo amor. A Igrexa ten moita culpa. Eu son cristiana pero non podo ser dunha igrexa que predica unha serie de cousas que non se poden predicar na nosa época. O das multinacionais que queren cada vez tes máisé unha inxustiza abraiante porque a xente morre de fame.

- Xesús Alonso Montero di que non a imaxina subindo ou baixando escaleiras con  timidez ou a ambigüidade; di que sobe ou baixa, ¿esta de acordo?
-É certo, son clarísima. Se vou, vou. Se veño, veño.

-Como ve os medios de comunicación actuais?
-Hai violencia en todo. Agora non hai unha escea de amor, hai unha escea de violencia no amor, dunha posesión brutal. Están fomentando a violencia, a falta de amor. ¿Por qué non poñen a beleza que hai nos seres humans? Desculturizar á humanidade paréceme un dos gradnes pecados deste século. Que a xente estea pendente do que lle pasa a "gran hermano" ou do que din as revistas do corazón paréceme que é a anticultura. Comprendo que opdo ser un pouco diferente pero quizais ser poeta implica ter a cabeza mellor "amueblada. Os medios de comunicación teñen que ir sempre ó lixo. Hai moita beleza no mundo e seres extraordinarios cos que ir tomar un vaso a unha taberna a falar das vivencias.