A NOSA TERRA N° 473
Poeta no senso máis puro da palabra, pertencente a un grupo acruxolado despois da guerra, María do Carme Kruckenberg está sempre na plataforma pública para dicer os seus poemas sempre que e reclamada. O seu primeiro libro en galego foi publicado no 1960, Canaval de Ouro, saindo despois Cantigas de amigo a Ramón González-Sierra Pampillón, A sombra ergueita e Cantigas para un tempo esquecido.
Tiña 16 anos e era unha pequena entre grandes nas tertúlias nas que se recuperaba un algo o debate político e cultural despois da guerra. Con esa idade Maria do Carme Kruckenberg ía dous dias a semana aos baixos da antiga Taberna Alameda de Vigo, de 8 a 10,30 da noite, cun grapo de persoas nomeadamente das letras e das artes, era polos anos 44, 45, 46 e 47. Despois moits marcharon, para América, para Madrid. Os que íamos regularmente éramos Laxeiro, Prego, os Alvarez Blàzquez e eu, e as veces Celso Emïlio Ferreiro. Falábase de todo nun reservada que tíñamos para nós: de literatura, primordialmente, e de pintura, tamén de política,.e e lembro que recitabamos, as veces, o himno galego, cantando sen cantar. Eu era moi nova e todos tiñan unha predilección por min que empezaba a facer poesia. Empecei escribindo en galego e só deixei de facelo ante a dificuldade de publicar. Daquela a poesia en galego era nacionalismo e iso significaba ser de esquerdas. 0 primeiro libro foiera Caantigas do vento, poemas mol cortiños, os primeiros balbuceos na poesia que eu fixen"
A narración deses primeiros comezos tatexantes na escrita de criación en galego preceden a sua viaxe a América, onde viviu varios anos e coñeceu as figurar máis importantes do exïlio galego e español da época. "Habia un xeneral en Vigo que tiña cabalos e pedinlle se me deixaba montar nos que non usaba. Accedeu e fíxenme íntimo amigo do seu asistente, que me esperaba no Castro e logo íamos por Beade c Matamá até a praia de Samil. A volta dunha desas viaxes cemecei a escreber poemas para mina sorpresa, que nen sequer seguira un bachillerato vinculado a literatura. Ese libro, que fun completando, non o publiquei porque despois casei e fun para Arxentina no 1949.
"En Buenos Aires coñecin a Lorenzo Varela, Luis Seoane, Cuadrado, Alberti, estiven duas veces con Castelao (unha persoa docísima e extraordinaria, aberta, un personaxe auténtico). Por entón o Centro Galego convocou un prémio de poesia en galego e Alberti animoume a mandar os meus versos; dicíndome "serán poemas de adolescentes; como ti dis, pero aquí hai poesia", axudoume a facer a escolma e mesmo el escolleu o título. A sorpresa nosa foi que o prémio daquel ano foi para Ramón Gonzalez Alegre, que escrebera un libro en castellano. Non quedéi desencantada pero máis adiante só unha vez mandei un meu libro en castellano ao Adonais; do que fun finalista con outras cinco obras. Ademais as veces hai que escreber para prémio e eu non sei facelo. Desde entón escrebin metida na miña cunchiña e para min".
Autopoética e siléncio editorial
No fio da conversa Maria do Carme Kruckenberg adiantase mesmo as cuestións que un leva pensado plantear "non sei se será certo o que dicía Juan Ramón Jiménez, pero penso que o poeta ten que escreber primeiro para si e despois para os demais. A poesia é máis íntima que unha novela, máis fonda. E un anaco de ti mesma que botas fóra e hai que ter unha cabeza bastante firme para non deixar de ti, e que lea a xente, algo no que non cres. Probabelmente agachas cousas na poesia pero o bon leitor sabe sempre onde estar: Penso quee poetas son quen escreben e quen leen, porque estes últimos teñen que ter a capacidade de asimilación dese poema e comprendelo. Normalmente a xente non entende a poesía, quizais porque desde pequenos non foron educados nela. No noso país os poetas nela. No noso país os poetas son grandes soñeiros de terceira: é imposíbel publicar un libro de poemas".
Desde 1984 esta muller, -veterana dunha xeneración de posguerra, xunto a outras catro mulleres "unha en cada província: Pura Vázquez en Ourense, xohana Torres na Coruña, Luz Pozo Garza en Lugo e eu en Pontevedra"., non publica un libro. Ten dus preparados para dar ao prelo e nengunha editorial galega se atreve. Non mostra resentimento nengun por ese siléncio imposto pero constata ésa realidade "pode que teñas algunha axuda institucionale e logres editar pera hoxeé moito máis difícil publicar poesia que na época do franquismo".
Nacida no 1927 Kruckenberg síntese integrada entre os poetas xóvenes, dos que é amiga, "cada vez que me pelen ir a algun lado vou encantada porque a xuventude que fala galego, que está preparada, é o futuro da nosa terra. Pero os que escribimos nos anos 50 estimos un algo deixados da man de Deus, aínda que eu síntome xoven para recitar ao lado dos máis xóvenes e ademais é a miña obriga facelo".
O feito de ser muller define unha característica como criadora?
Non fago distincións, aínda que quizais oc críticos o fagan. Como se pode dicer que unha poesía é femenina e outra non?Se hai moitos poetas homes e ti non sabes que unha ora está feita por un home, por que non pode ser esa poesía femenina? Eu escrebo e escrebín poesía moi dura, como so "Poemas inevitables" que veño de traducir ao galego; e non se pode adxectivar como feminino, é poesia e para min non ten sexo. Non creo nesas divisións.
Nun acto recent facia unha defensa dunha poesia sempre atravesada polo social.
Penso que a poesia social foi importants hai anos e neste momento actual. Hoxe hai cousas neste momento histórico nas que se precisa cantar as mesmas cousas que entón, Non sei se temos ou non un retroceso polílico, pero estou certa de que o mundo esta mudando, non sabemos se para ben ou para mal. Recén nacida eu foi a guerra de Africa, con nove anos vivína guerra civil, despois a Guerra Europea, despois Corea Vietnam... estou vivindo unha guerra permanente. Cada vez que collo un xornal o primeiro que topas é unha traxedia e iso no pasou, está presente permanentemente e así o sinto. A fame, a xente fuxindo da súa terrra...isto é o mesmo de hai anos. A paz? a pomba da paz foi destruída moitas veces, non existe
...
XAN CARBALLA