Nós
Como vemos, esta estampa é tematicamente complementar da anterior, mais agora dando expresión ds votes do interior do país, que após o desengano da "solución " da emigración, cerrada tamén esta via (na realidade sucedáneo da aniquilación...), meditan sobre a solución vedadeira. É unha voz de dentro, é un paisano o que oferece a solución verdadeira: "traballar na nosa terra , nunha proba clara de que de nós e para nós ten que partir non só o diagnóstico senón tamén a superaeión dos nosos problemas.
A escritora Mª do Carme Kruckenberg como podemos ver, compón un emotivo texto de memória da sua própria experiéncia vital, avivecido polo seu coñecimento persoal de Castelao, xa nos derradeiros meses de vida del, mais, ao que se ve, cunha obsesión permanente por 'facer a nova história deste povo , como lembra a autora.
•Non é esta a única estampa en que Castelao oferece a alternativa a un problema, situando-o no pensamento e na determinación dos próprios galegos. Que significado ten tal protagonismo?. Busca algunha outra estampa de Castelao, -ou ben un texto en prosa-, en que se evidéncie tal necesidade de autodeterminación, no pensamento e na acción.
•Que actualidade ten esta estampa? Somente existe similitude porque tamén "xa non hai América para nós"?
•Por que segue existindo a mentalidade en compatriotas nosos de hoxe de que para coñecer, prosperar ou progresar é preciso sair do país?
•Que política xeral se està levando hoxe verbo da emigración? Tenta-se idealizá-la ou, por contra, promover o retorno das emigradas e dos emigrados?
•Volvamos á estampa de Castelao. Que significa o plural "imos"? Somente representa as tres personaxes do deseño? Que sentido ten o verbo "traballar"?
•Por que Castelao, no seu texto, afirma que a emigración "é unha dádiva sen recompensa posíble"?
Da fala e da escrita
Obxectivo: Introdución ao estudo das perífrases verbais.
Contido: As formas perifrásticas.
Técnica didáctica: Individual.
• No texto da estampa aparece a secuéncia que imos facer agora. Cantas formas verbais hai?
•Son independentes unha da outra ou apresentan unha relación de interdependéncia tal que sintáctica e semánticamente son equivalentes a formas verbais únicas? Cal seria, neste caso, a forma equivalente? Cal é, das duas, a forma que ten flexión (verbo auxiliar) e cal a que permanece invariábel (verbo auxiliado)?
•A secuéncia ir + infinitivo é unha perífrase verbal. Cal é o seu valor, indicar tempo (anterioridade, simultaneidade ou posterioridade), indicar modo (acción real ou non real) ou indicar aspecto, quer dicer, o proceso verbal, ben sexa no seu início, na sua duración, no seu fin, ou, desde fora, o proceso acabado?
•Repara na expresión , a xente comeza a invadir as ruas. Apresenta a forma comeza a invadir a estrutura das perífrases? Fixemo-nos en comeza a invasión das ruas, ten o mesmo significado? E ten a mesma estrutura (verbo + a + un complemento)? Daran-se entón as condicións para que sexa perífrase? Non obstante, expresa algun aspecto da acción? E será a estrutura comezar a + particípio a que expresa início de un proceso ou será a própria palabra comeza?
Hai pois casos en que a pesar de apresentar unha estrutura similar á das perífrases, a construción non é tal, non se debe considerar perífrase.
•Vexamos se nos textos hai mais perífrases e clasifiquemo-las segundo o verbo auxiliado vaia en infinitivo, xerúndio ou particípio.
Polo seu valor, as perífrases podemos clasificá-las en
Aspectuais. Poden ser:
- Imperfectivas. A acción está en proceso: Hai moito tempo que cho veño dicendo
- Incoativas. Expresan a acción no mesmo momento de iniciar-se: Bota-se a chorar ao ver-nos
- Perfectivas. Expresan a acción xa concluída: Ben o dou feito antes da noite
- Perfectivo-reiterativas. Expresan unha acción acabada e repetida: Moitas veces terás pensado no asunto
- Terminativas. Expresan o momento do fin da acción: Asi veu a saber-se quen era ela
Modais:
- Obrigativas ou de necesidade: Hai que asistir á reunión con gravata
- Hipotéticas ou de probabilidade: Esas deben de ser as mellores
Temporais:
Prospectivas: Habemos de ir a Viana
•Poña-se un exemplo para cada caso, tomando como modelo o que indicamos.
Cousas
1.- Inícia, coa frase de Lousada Diéguez que Castelao lembra, un discurso, que debes continuar con argumentos que o xustifiquen
2.- A partir da recriación da viaxe e dos recordos de Mª Carme Kruckenberg a Buenos Aires, compón tí un "filme" cunha viaxe de volta á Galiza dunha retornada ou dunretornado da emigración.
3.- Co seguinte texto elabore-se un guión teatral e escenifique-se. Deben aparecer acotacións sobre como teñen que actuar as personaxes e ten que participar toda a aula, aparecendo a nai, o pai, os "outros país", os viaxeiros, etc.
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Miguelino sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de sair da casa botoulle unha ollada ao retrato.
Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na tàboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.
De súpeto avistóuno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou ainda mellor portado, e Migueliño sintéu por el un grande amor e canto màis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
Agora sí, agora sí que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz debecíase por bicalo a fartar i tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.
Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazzando á súa nai. Era un home que non se parecía ao retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fora do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...
Aquel sí que era o pai de Migueliño. (Cousas, Galaxia, Vigo, 1982, páx. 95)