KRUCKENBERG SANJURJO, María do Carme. T. 18, páx. 136*. Nos últimos quince anos a xa ampla obra da escritora viguesa enriqueceuse con novos títulos, tanto en galego coma en castelán, novos discos de poemas e novas colaboracións en diarios e revistas. En 1997 recibiu o Premio Alecrín e ó ano seguinte a medalla de bronce de Galicia. A súa obra poética - non se pode esquecer a súa faceta de narradora- figura en numerosas antoloxías e, ata o momento, complétase cos libros: 20 poemas rescatados del olvido y una elegía a Chuca Pereda (Vigo, 1983); Cantigas para un tempo esquecido (Vigo, 1986); Ardora (1990), cinco poemas de MCK e cinco gravados de Antón Goyanes: Alegoría do ensoño ferido (Vigo, 1992); Poemas inevitables (Vigo, 1996); Meditacións á beira da noite (I. Gutenberg, 1997); María do Carme Kruckenberg e tres poetas medievais da ría de Vigo (Vigo, 1998); Vivir; aventura irrepetible (I. Gutenberg, 1998), poemas de viaxes: Poemas sin resposta, inédito; Jazz espido, inédito. No eido da narrativa publicou contos como Anael o vello deus do Mato Grosso (1997), 0 paxariño de Sevilla (I. Gutenberg, 1998) e A Coroza (Vigo, 1998), carpeta con debuxos de Manuel Moldes.