Centro de Documentación da AELG
Nota bio-bibliográfica
Autores/as relacionados/as:


Kruckenberg Sanjurjo, María do Carme (Vigo 3.6.1926) Poetisa e escritora. Integrante da Promoción de Enlace, está considerada como unha das máis destacadas autoras galegas da posguerra. A súa obra caracterízase polo intimismo e pola súa inclinación cara ó popular. Despois da súa formación no Colegio Alemán de Vigo, viaxou por Francia e Italia e instalouse en Arxentina, onde coñeceu a diversos escritores e intelectuais, como Castelao, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Miguel Ángel Asturias, Jorge L. Borges, Alberto Girri e Olga Orozco. Ademais, no seu regreso a España, trabou amizade con Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso, e asistiu ós parladoiros do café Gijón en compañía de Gerardo Diego. Colaboradora en diversos xomais e revistas, realizou as traduccións dos libros Cantos del 6º Dalai Lama (1968), traducidos ó galego en 2003. É autora dos libros poéticos Cantigas de vento (1956), Canaval d'ouro (1962), A sombra ergueita (1976), Cantigas para un ternpo esquencido (1986), Alegoría do ensoño ferido (1992), Poemas inevitables (1996), Poemas sen resposta (1999), Jazz: espido (1999), Obra poética case completa: 1953-1999 (2000) e Recordos da beleza triste (2004), ademais de seis libros poéticos en castelàn; e escribiu os contos El nieto de la sirena (1968), 0 paxariño de Sevilla (1998), O ratiño do Pazo (1998), Historias na memoria (1999), A pulga garimosa (2000), A rapaza da frauta (2003), A bolsa de plástico (2003) e O gatiño de San Xoan de Piñeiro (2004). Participou nos discos Poemas galegos e Poemas casteláns (1959), Daquelas que cantan (1997), en homenaxe a Rosalía de Castro; Calamidad sentimental (1998), con Pilar Martínez Conde Pilocha; e Soloucos (1999), de Aurora  López. Membro da Enxebre Orden da Vieira (2000) e do Patronato Rosalía de Castro (2002), foi vicepresidenta da Asociación de Escritores en Língua Galega e recibiu a medalla de bronce de Galicia (1998) e a Medalla Castelao (2002). En 1999 dedicóuselle unha praza en Vigo.