KRUCKENBERG SANJURJO, María do Carme. Escritora que nace o 3 de xuño de 1926 na localidade pontevedresa de Vigo, onde estuda no colexio alemàn. Compón versos dende os catorce anos e, dende a súa adolescencia, le con paixón poesía. Moi nova, asiste á tertulia da taberna Alameda (1945-49) con Eduardo Moreiras, Xosé María Álvarez Blázquez, Laxeiro e Celso Emilio Ferreiro, entre outros, e esta presente en tódalas actividades poéticas da súa cidade natal.
En 1940 vai a Italia e, pouco despois, a Bos Aires, onde se establecerá ata marzo de 1953. Alí coñecerá destacados intelectuais, tomo Rafael Alberti, Arturo Cuadrado, Luis Seoane, Jorge Luis Borges, Emilio Pita... e visitara a Castelao, xa moi enfermo. Dende a capital arxentina, viaxa ó Brasil. Volve a España (1953) e permanece uns meses en Madrid, onde se relaciona cos colaboradores da revista Garcilaso. Despois dunha tempada na cidade viguesa, en 1954 trasládase ós Estados Unidos e alí contactará con Federico García Lorca, Salvador de Madariaga, Jorge Guillén e coa poetisa Marina Romero.
A partir de 1955 establécese en Vigo e viaxa por toda Europa. Colabora en diferentes medios escritos e dá a coñece-las súas primeiras producións poéticas, Cantigas do vento (1956) e Rumor de tiempo (1957), editadas en Bos Aires, ás que seguirán Poemas inevitables (1960), 12 cantigas de amigo a Ramón González Sierra do "Pampillón" (1972) e A sombra ergueita (1976). A partir desa data hai un baleiro na súa obra de creación ata 1983, cando aparece 20 poemas rescatardos del olvido y una elegía a Chuva Pereda, continuada por Cantigas para un tempo esquencido (1986), Meditacións á beira da noite (1998), Jazz: espido (1999), Lembranzas da beleza triste (2003) e Luz para un novo amencer (2004). Ten publicados, ademais, varios contos como O paxariño de Sevilla (1998), A pulga garinosa (2000), A rapaza du frauta (2003) e O gatiño de San Xoán de Piñeiro (2004). Participou nos discos Poemas galegos e poemas casteláns (1959); Daquelas que cantan (1998), en homenaxe a Rosalía de Castro; Calamidad sentimental (1998), con Pilocha; e Saloucos (1999), con Aurora López.
Entre os recoñecementos recibidos ó seu traballo destacan o Premio Alecrín (1997) e a Medalla de Bronce de Galicia (1998); é membro da orde da Vieira (1999), pertence ó Padroado Rosalía de Castro (2000) e conta no seu haber coa Medalla Castelao (2002).