Esta galega de ancestros xermánicos, esta poeta de extraordinario talento, de fructífera inspiración, esté a darnos a esencia mesma da súa vida nos seus poemas. E inútil buscar noutro sitio a Carmen Kruckenberg porque ela está, toda ela, na súa obra poética, resoluta e fonda e emerxe deste título como un raio de sol recén estrenado: "Luz para un novo amencer" que se ensancha na obra de Carmen, ate facela vibrar con emoción contenida.
Haí ademáis nesta nova entrega, novidades importantes, novídades metafórícas que nos axudan a redefinir a postura desta poeta orixinalísima: unha protesta dominante, un reclamar para si o dereito á innovacíón creadora de símbolo renovador.
Todo neste novo libro esta teñido e dominado por unha protesta lexítima. Poema tras poema fainos entrar no proceso que Machado chamou "a palabra no tempo" nunha serie de maxicas transformacíóns que xurden dese deseo incontenible pola verdade, pola pureza absoluta, pola xusticia.
Só un poeta é capaz de crear unha imaxe de forza tan íntensa como a do poema 8, un grito que reclama xusticia con urxencia, a urxencia da verdade, plasmada con eficacia ao final do poema e que di: "este sentimiento destructivo que entolece a levedade absurda do arreguizo", poesía de sensacións absolutas que claman e exixen un sentimiento de xusticia social que tanto necesitamos e reclamamos.
As veces, moitas veces, cando nos preguntamos a razón de ser do fenómeno poético, xurde en nós a súa presencia como unha necesidade primordial, mais forte, mais intensa, mais poderosa. Porque nel somos capaces de reducir a palabra e de facela fío conductor das mais variadas sensacións.
No poema 7 podemos confrontar algo desa materia intanxible que denominamos como fenómeno poético. Tràtase, nada menos, que dun intento fascinante de acorralar certas sensacións puramente visuais para convertilas en misteriosas e inaccesibles ilusións de índole poética. "As trevas, que levan ferindo a beleza, dos recendos da luz, desfainas en pequenas particulas impalpables... ". E, o poeta consigue o milagro dunhas sinestesias extraordinarias de gran fluidez e eficacia.
Afirmados así na certeza de que este poemario contén os máis variados enfoques no tratamento do poético, quereriamos pechar este pequeno comentario inicial con unha curiosa referencia ao tema da rabia, tema que inicialmente non parecería pertencer a ningunha clasificación puramente poética. E un exemplo conciso da capacidade trasformadora da arte. Nestes tempos onde se trata de banalizalo todo, onde a poesía contemporánea parece solazarse no feo, no banal, no vulgar, a obra desta extraordinaria muller nos devolve a fe no máis esencial do noso bagaxe espiritual, da nosa poesía.
Eva Llórens
Catedrático de Literatura
Profesor emérito da Universidade de Yale EEUU