1
A autora deste feixiño de trovas tan ben trovadas chámase María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, naceu en Vigo no ano 1926, viaxou por moitas terras, sabe de moitas lecturas, tratou a moitos escritores, pinta cadros de vez en cando e ten publicado, desde 1953, trece volumes en verso e un relato en prosa. Aínda en posesión dunha bibliografía poética tan longa, o seu nome está moi pouco presente, hoxe, nas páxinas dos xornais e das revistas, e son bastantes os homes -e as mulleres- de Letras que descoñecen a súa obra de poeta. Este precario coñecemento non parece telo remediado a breve monografía que se publicou na Gran Enciclopedia Gallega ha¡ catro anos.
Catro son os libros en galego, o primeiro dos cales, «Cantigas do vento», de 1956 (pero escrito anos antes), cómpre situalo nese atoutiñante período en que a literatura galega emerxe das cinzas, non sen faíscas, do fatídico 1936. Por aquelas datas, ano máis, anos menos, dúas poetisas, tamén bilingües, ofrecían os seus primeiros títulos galegos: Luz Pozo Garza («O paxaro na boca», 1952) e Pura Vázquez («Maturidade», 1955).
Un ano despois, en 1957, Xohana Torres, algo máis nova, inicia a súa carreira de poetisa monolingüe co libro «Do sulco».
2
María do Carme Kruckenberg, poetisa de dramática sinxela pero de lingua atravesada por un fío de emoción, cando non de rexa paixón, é autora, na nosa lingua, de catro libros e dunha manchea de poemas esparexidos en revistas tan distintas como Papeles de Son Amadáns, de Palma de Mallorca, e Alba, de Vigo. Velaquí os títulos, os lugares e as datas dos catro volumes en galego: «Cantigas do vento» (Vigo, ed. Alba, 1956), «Carnaval de ouro» (Vigo, ed. Galaxia, 1962), «12 cantigas de amigo a Ramón G. Sierra do "Pampillón"» (Vigo, 1972) e «A sombra ergueita» (Vigo, 1976). É este, para a autora, o seu mellor libro en galego, e, para nós, o mellor dos seus trece libros. Nas súas páxinas, intimistas unhas, «filantrópicas» outras, hai unha temperatura estética non alcanzada en ningún dos volumes anteriores ou posteriores.
María do Carme Kruckenberg, que posúe voz de xograresa, ten recitado non poucos dos seus versos en escenarios tan distintos como Buenos Aires, Vigo e Santiago de Compostela. Ha¡ vintedous anos a súa voz foi a encarregada de crea-la atmósfera literaria axeitada na Mos tra bibliográfica «Cen anos de literatura galega», que estivo exposta durante dez días de decembro no Círculo das Artes de Lugo. Foi nese ano, 1963, centenario da publicación de «Cantares gallegos» de Rosalía de Castro, cando tiven que «inventa-la» palabra autófono para adxectivalo disco que recollía textos ditas polo propio autor. Un disco de María do Carme Kuckenberg, «Poemas gallegos», certamente pioneiro, presidiu, horas e horas, aquel acontecemento literario.
Recentemente a voz de xograresa convencida desta Balteira culta, rigorosa e sincera, foi posta a proba en homenaxes a Rosalía, Martín Códax e Federico García Lorca. Os seus poemas, ditos por ela, amosan o que teñen de canción, de música, pero tamén o que a música ten musa, ou sexa, de inspiración.
Porque a canción, a cantiga, (a medieval e a popular de hoxe) compromete a esta trovadora de gramática sinxela pero de idioma atravesado por un fío de emoción, cando non de paixón. Xa no seu primeiro libro en galego ha¡ cantigas con este celme popular e con este xeito:
De tanto quererche, nena,
¿sabes o que me pasou?
Rompéuseme, ai, a camisa
do lado do corazón.
3
Ágora María do Carme Kruckenberg publica «Cantigas para un tempo esquencido», escritas nun xeito e nun rexistro frecuentes nela desde que se estreou, como poetisa en galego, con «Cantigas do viento». O volume, só en parte inédito, ábrese cunha « Cantiga» a García Lorca, xa publicada en 1958, o ano en que o autor do «Romancero gitano» cumplía (cumpliría) os sesenta, e «cantigas» é a denominación que a autora emprega para as composicións das distintas partes deste volume. Acolle nel a escritora ese curioso e case descoñecido libro de 1972, o titulado «12 cantigas de amigo a Ramón G. Sierra do "Pampillón"». Nun artigo recente caracterices este poemario con estas palabras: «O libro has que inscribilo de cheo no neotrovadorismo, esa corrente poética inspirada, á súa maneira, nos nosos Cancioneiros da Idade Media e que se inaugura, espléndidamente, co volume «Nao Senlleira» de Fermín Bouza-Brey, de 1933. Cómpre puntualizar que o neotrovadorismo arrinca, dentro da rosa poesía medieval, da cantiga de amigo, ese xénero poético que aínda hoxe nos intriga tanto: o poeta (home) instálase no corazón dunha moza nova e cóntanos cómo repercute nese corazón a ausencia do amado, chamado, mil veces, «amigo». De aí o nome deste engaiolante xénero poético: «cantigas de amigo».
Cando María do Carme Kruckenberg compón este poemario, ten, moi conscientemente, un pé nas vellas cancións de amigo, nos seus recursos máis habituais: «refrán» (estribillo), (certo) paralelismo, reiteración da palabra «amigo»...
«Por se alguén se confunde, aclaremos que no libro de María do Carme Kruckenberg prodúcese, a verbo da preceptiva da cantiga medieval, unha inversión literaria: asesta ocasión un poeta muller, non namorada, canta, desde unha moi especial amistade, a un amigo. Así son estas «12 cantigas de amigo», capítulo certamente singular do noso neotrovadorismo e ben trovado exercicio literario da súa autora» («María do Carme Kruckenberg, trovadora de hoxe », Faro de Vigo, 2-11-1984).
Penso que queda claramente sinalada a curiosidade e orixinalidade deste libro dentro da poesía de amigo. En canto á circunstancia de ser un libro «case descoñecido» débese a que foi espallado nunha edición non venal. Trátase, en realidade, dunha edición de amigo, para os amigos, peste caso dun libro que pertence, de cheo, á poesía de amigo, a unha peculiar poesía de amigo.
Os estudiosos da nosa literatura e moitos lectores agradecerán a reedición deste título, peza orixinal e certamente interesante do noso neotrovadorismo.
Hai bastante tempo que os Cancioneiros da nosa Idade Media chaman con forza a María do Carme Kruckenberg, e deses Cancioneiros o xénero que máis a compromete é a cantiga de amigo. Este volume ábrese, precisamente, con sendas cancións de amigo de Joan Airas e Lourenco, e todo un capítulo está constituído por sete cantigas que «glosan» as sete delicadas cancións de Martín Códax.
O derradeiro capítulo son cantigas «de amor», nas que, nembargantes, asoman, aquí e alí, recursos formais da canción de amigo medieval. Nestas páxinas, inéditas, aparece unha voz que non nos é descoñecida en María do Carme Kruckenberg: a voz da vida sentida fondamente. Escoitemos esta canción e esta paixón nunha estrofa do poema «Amante»:
Meu amor, meu amante, meu amigo.
Quero andar enguedellada no teu fío
hastra facer un encaixe longo
pró meu vestido esquencido.