A meus pais e a miña filla |
Canta
o vento nas ladeiras e os pinos móvense a-o son. Tamén ti cantabas moito cando tiñas un amor. E agora que non o tés, pásaste o día chorando por non saber que facer... Mentres co vento ridente, sube, baixa, vai e ven. Cando a mañán sai o sol sempre me acordo de ti. Eu o vin sair de noite cando miraches pra min. Dende aquil mesmiño día non soupen que era vivir. E agora, Deus me valga, teño que vivir sin ti. Por iso, cando sai o sol, sempre me acordo de ti. Dúrmete miña neniña, dúrmete meu corazón. Teu paiciño foi a-o mare, tua naiciña no fogón. Non chores e durme nena, dúrmete meu corazón. Que maan os paxariños traeranche unha verde frol. Xa calou miña neniña, dormiuse meu corazón. Pousáronse as volvoretas vindo a noite e indo o sol. O mare que tanto quero, o mariño dos meus soños, que ben sabe o qu-eu anceio. O ceo que tanto miro, o ceiño dos meus ollos, que ben sabe il o que-eu penso. O amor que tanto che tiven, o amoriño do meu peito, que pouco sabe o qu-eu sento. "Na veira do mar hai moito que ver..." Na veira do mar hai moito que ver... As ondas brincando co area de mel. Na veira do mar hai moito que ver... Gaivotas e peixes co a iauga nos pes. Na veira do mar hai moito que ver... A escuma branquiña xogando a nascer. Na veira do mar hai tantisimo que ver... Que ningún mariñeiro morreuse de sed. Non chores. Ríeme sempre. O delor se afoga entre a corrente; e cada bágoa que sea un canto, e as penas morran, morran sorrindo, sorrindo sempre... Non chores. Unha ollada soamente, soíño unha paroliña para terme todo o día camiñando de legría, de ledicia por carreiras hasta chegar a tua vida, e dempois quedarme n-ela desfollando unha pombiña. Mes de agosto, mes de vran, banda do río en Lourido, tres bicos no canaval... Centilación d-unha noite deitados encolo a herba, ti, mirando que che mira, eu, debecendo unha estrela. Mes de Agosto, mes de vran, a banda do río durme e fúnme soa a chorar... Hoxe pasei por padrón, hoxe vin a Rosalía. Estaba erguida no monte ollando pasar a vida. ...As anduriñas voando tráenme cantos d-unha amiga... Cando paso por Padrón cama unha sombra perdida, a ialma da sua cantora vive e latexa escondida. Moaña tenche praia, tamen te un río, ten un monte loiro con pinos e niños. Paxaros azures, roxiños e verdes piando cos ventos amores doentes, doentes amores, amores xa idos, iles nunca volven coma os paxariños. Eu sei que se morre cando non se teñen os bicos pendentes. Eu sei que se morre sin dous espelliños pra mirarse n-eles. Eu sei que se morre sin as maus queridas entre as nosas fortes. Eu sei que se morre sin as paroliñas que falan de amores. Eu seique se morre sin aloumiñarse xuntiño d-as fontes. Eu sei que se morre sin cabelos loiros de quentiños soles. Eu sei que se morre con morte da ialma doéntes amores. Que triste estaba a rosiña que triste e sóa. Que triste e sóa, meu neno, a triste rosa. Cómo choraba, mociño, a nena rosa, choraba prata choraba, rosiña roxa. Lembrar carreiras choradas que non levan hasta-a fonte, e vivir das soidades que camiñan po-lo monte. ...Si hoxe poidera ouvir a gaita soando sones, si hoxe sentira ventos dicéndome, ai, o teu nome... Mais os mares fondos fortes separando a-os meus amores, e voando non se pode chegar as estrelas pobres. Nunca soñes nada. Anceio e delor, un paxaro preto picando na frol. Mel pra-aquiles beizos que fan despertar antigas lembranzas mariñas de lar. Non veñas, non quero o teu canaval, eu teño palleiros e praias con mar, pombiñas, carballos, e un vello luar con herbas fresquiñas que curan o mal, o mal d-unhas ialmas que poden matar a vida das mozas hasta esnaquizar. Namora e namora os ollos do monte, tristuras non teñas por ventos do norte; se esconde nas rías nas rocas, nas fontes, cortando co-a iauga que brinca e que corre... Un camiño verde, un toxo na man, e de noite soas po-la terra van. Cando axiña estabas non pensando nada, agora estas morto pra sempre xamáis, e soño cos tempos que xuntos riámos contando os paxaros no verde pinar. Bebin dos teus beizos a vida do corpo, da tua ledicia soupen do amor... Do vento e da chuvia sentin as parolas que falan de lumes, de frío e delor. Que lonxe ise ceo de estrelas dormidas, que lonxe teus ollos, teus labres, teu sol. Que nada envolveume pendurado soño que pouco quedoume na fondo da frol. Vaise todo, todo vaise. O ronsel, o sol, os cheiros... Todo vaise. Vaise todo. E ti vaste e non te vexo. Ti voltarás a-o teu río lonxe en laxes corredeiros, aquiles que fan das vidas os certeiros sentimentos. Os ledos bicos pousados nas ramas do laranxeiro non darán as frores brancas que me daban n-outros tempos. Vaise todo. Todo vaise. Mas ti ficarás no meu peito Coma unha raíz da terra nascendo do meu lamento. Un pazo na veiga con xardin e fontes; ialmas verdadeiras de ceo e de lar, soños de anduriñas que vanse perdendo nascendo outros novos de estrelas no chan Xentes com-aquilas xa vanse perdendo fóronse co vento, co-a escume do nau. Agora ista terra de ánxes doentes xa non ten fidalgos con lanzas na mau. Meniño o meu meniño, meniño do meu amor, espiga dos campos loiros devólveme o corazón; soiño e limpo de noxos, sulagado po-lo sol, e quentiño, ben quentiño, pra lembrarte sin delor. Novembre con chuvia e vento, novembre con sol e risa, novembre mes dos amores, novembre vidiña miña. Canto póidoche cantar, canto decirche novembre, a ialma quedou en ti n-aquil bico que me deches. A volvoreta voando de fror en folla de folla en rama. A volvoreta voando nas azas cheiros d-unha alborada. Foi na praia, (que non fora). Trouxo un bico aquila onda e dempois a escuma Soa... (que non fora). ...aquil bico, aquila onda... Campiñas, campiñas xardins do amor, por cada carreira correndo e brincando víamos as frores abríndose a-o sol. Mariñas, mariñas cunchiñas da terra, beixades as praias lambedes a-areia deixando tesouros a-o pe da ribeira. Luceiro, luceiro no ceo estarás, ollando as mociñas que veñen do monte de coller a estrume no verde pinar. |
A os mariñeiros, meus amigos. |
1 Amores de mariñeiro que son de mar, e bicos de mariñeiro que son de sal. 2 No medio da nosa ría ouvin tocar unha gaita, érache o vento do mare o que cantaba na barca. 3 Cortando o verde mare pasou a barca, seis mariñeiros queimados e-a vela branca. 4 E chegades po-la mare nunha barquiño de vela, traíndo nos ollos auga, i-e nos bicos unha estrela. 5 Por ti son estrela, por ti son escuma, por ti que non fora si non toda lume. 6 Si eres fillo do mare e tés por nai unha estrela, a cuniña que che mece e-unha barquiña marela. 7 Co cerco que ten a lua eiche facer un anelo, e co-a brétema do mare o velo do casamento. 8 A brétema entrou na ría xa non vexo a-o meu amor, pero sinto moi axiña bater o seu corazón. 9 Isliña de San Martín en ti soio vive a fonte, a fonte dos mariñeiros onde beben cada noite. 10 Fareiriño encende o faro, o faro de San Martín, que xa non vexo na noite si chego cabo de ti. 11 Non tardes meu amoriño que-a barca na praia espera, para sair po-lo mare botando a rede as estrelas. 12 Isliña de San Martín, ningúen cantará a cantiga que ti me cantaches a min. 13 Si tés que ser mariñeiro, si tés que ser pescador, vouche a mercar unha rede pra que pesques un amor. 14 Non quero ser panadeiro sempre amasa que te amasa, patrón d-unha barca branca con un nome de rapaza. 15 Fios de ouro na terra, fios de prata na mar, amores de mariñeiro non rompen co temporal. 16 Non me leves a-o campo que non ten tesouro, qu-eu lonxe da praia de peniña morro. 17 Xa non teño bagoas pra poder chorar, gardei os meus ollos no fondo do mar. 18 Xa non quero mais fareiro, xa non quero mais penare, que o mariñeiro feitizo mírase xa po-lo mare. 19 Na popa do barco ollando o ronsel, pensei nos teus beizos e fúnme a beber. 20 Mariñas azures, mariñas caladas, os amores vánse po-las madrugadas. 21 Os camiños brancos po-la mare van, os camiños pretos debaixo do chan. 22 Fuxindo van os mascatos pra illa de San Martín, a galerna ven por fora mariñeiro de Marín. 23 Brúa a noite, ferve o mar, ruxe o ceo, manda o ár. 24 Xa fuxin d-aldeia onde tiña o lar... ¡Ven caracoliño pra sentir o mar! 25 Gaivotas branquiñas escumas do mar, levaime no pico deixarme no lar. 26 Non son rapaza de campo que son rapaza de mar, non me des amoras roxas que ameixas quero xantar. 27 Ría e mar de Vigo quen te mirará, barquiño de vela lévame pra-alá. 28 A estribor luz verde, luz roxa a babor, na proa cantando que o mar e-o mellor. 29 San Adrián mariñeiro, mariñeiriño no ceo, cóidame ben a-os rapaces todo o ano, o ano enteiro. 30 O Cristo de Cangas mirai como vai, co-un manto de millo e un peixe na mau. 31 A punta do cabo d-Home o-outro día fun pescar, truxen conmigo unha ameixa, que grande foi o pescar! 32 Mascatos no ceo peixiños na ría, xa temos rapaces cartiños pro día. 33 As noites de escuro sardiña no mar, as de lua chea son pra toulear. 34 ...No río verdugo pescando topei, un peixe grandismo que nunca mirei... 35 Traballar a terra, traballar, eu voume xunto da praia pra navegar. 36 Meu amor mariñeiro, mariñeiro o meu cantar, e-a escuma branca gardeina nas ondiñas do meu lar. |
A Marina Romero, casi gallega |
1 Vouche a garimar un canto, cantiga d-unha galega, esquecer as de-esquecerme pero iste amor quedou n-ela. 2 Ai, terriña, miña terra, miña terriña de amor, dende que xa non te vexo chórate meu corazón. 3 Coma un cabalo branco a lua chea, alleamente entroume po-la chanela. 4 Xa chove miudiño por terra e por mar, xa teño na casa lumiña no lar. 5 Por un lado chove, por outro fai sol, o arco da vella por riba de nos. 6 Teño un cabalo tremante que rebule com-o ár, soio amáinase no monte cando me poño a cantar. 7 Xa está estrelecendo o ceo, pararon de esperexar, po-los outeiros as mozas caminiño do seu lar. 8 Xunta palla, xunta palla, para facer un palleiro, i-e no canastro bó millo pra non traballar no inverno. 9 Xa e tempo da vendima de moi cedo a traballar, coller as uvas loiriñas pra comelas no pinar. 10 Cando volveron da festa po-la carreira do can, viron a lua antros pinos chiscándolle un ollo a Xoan. 11 Churrusqueira me chamaches pensando qu-era unha rosa. Eu te chamo malandrín por me decir tal cousa. 12 De tanto quererche nena sabes o qué me pasou? Rompéuseme, ai, a camisa do lado do corazón. 13 Bidueiros e carballos tiñas ti no teu xardin, e cantos niños nas follas con paxariños de abril! 14 Ai, que vida ista! Ai, Señor que vida! Uns chora que chora, outros na bebida. 15 Charamuscas ten a lume dempois de queimar a leña. (as charamuscas voando por riba da chiminea). 16 Aquil laranxeiro do noso xardin, non daba laranxas... (o limoeiro, si). 17 Un ano que vai fuxindo, un ano que xa non volve, un paso mais po-la vida que vai camiñando a morte. 18 Tiña unha lingua de medo, falaba de todos mal. Un día morreu a probe... Nadie a quixo ir enterrar. 19 A noite oscuriña po-lo ceo vai, na festa o gaiteiro deixou de tocar. 20 De día trouleamos, de noite morremos. Entre día e noite qué cousa facemos? 21 Voz mañanceira, voz mañanceira, que trae o-outono prendida nunha muiñeira. 22 ¿Qué tes nos ollos, soñeiro? Que os deixache pendurados nas ramas do laranxeiro. |
Pra miña tía Farruca Sanjurjo |
1 Fai moito tempo que a lua namorada está do sol, ila chega o-outro marcha, maldicenzas do amor! 2 Cabo de tí toda a noite, cabo de ti todo o día, e que soa estoume sempre vivendo na miña vida. 3 A estrela marchouse a-o ceo a iauga foise pra o mar, eu funme sin irme, funme, Po-lo monte a camiñar. 4 A ialma sin axouxeres, o corazón sin campanas, os regatos sin teus beizos, as fontes sin alboradas. 5 Dende o Con a Cangas, dende Cangas a Vilela, cada pedra do camiño sabe de amor e de pena. 6 ¿Lémbraste das estreliñas que xuntos viamos brilar? Dende que ti non volveches no ceo xa non están. 7 Non penses no amor bonita, non penses, bebe d-ista cunca... Dempois xa non sentes. 8 Bebe unhas cunquiñas bebe ti veras que ben che fan, non se lembran os amores que colliches n-outro vran. 9 Botei viño n-ista cunca, boteino e co il o amor, dempois bebin todo o viño e soio quedou delor. 10 Os amores que antes tiven foron coma paus no río, marcharon corrente embaixo perdendose n-uhn olvido. 11 Qedache chorando amores a-o pé do monte da Pena. Rapaza, baixa cantando que as tristuras non se lembran. 12 Po-la chanela entrou o sol, e por meus ollos o teu amor. 13 Cintas do pelo marelas hoxe encontrei nas carreiras foron deixadas de amores que morreron xunto as herbas. 14 Non chores nena, non chores, que xa baixando ben vai un canciño po-lo outeiro traindo unha fror d-azahar. 15 Sinto centos de axouxeres batendo nos meus ouvidos, todos falan do teu nome, nome do meu amoriño. 16 As penas xa non son penas, os choros volvense risas cando se teñen uns bicos que ben beixan co-mas brisas. 17 Quentes beizos e maus quentes, dempois de beixalos eu ista noite de relentes. 18 Tes nos bicos, rapaciña, cereixas e dolce mel, asi andan os mociños a ver si a poiden comer. 19 Antros carballos o vento sufla e fai tremer as follas, ti tamén fasme tremer coma noite a-o Virafollas. 20 As rosas de noite beben da xiada, bebendo teus beizos perdeuseme a ialma. 21 Refulxente ceo cando pasa o vento, queimante ise bico po-lo pensamento. 22 Os bicos coma cereixas e-o cabelo cheo de estrelas, o mirar coma ise ceo, e meu amor coma terra. 23 Nin bruar de caracoles nin axouxeres dormidos, agora teus beizos quentes xuntiños dos meus ouvidos. 24 Auga da noite espello da lua, auga dos soños a ialma tua. 25 ...Si eu poidera non querer, e non pensar, e calar... Pero no fondo do peito teño fogo pra queimar. 26 Cantigas que leva o vento, cantigas que queima o sol, aturuxos debecidos que saíron do amor. |