Centro de Documentación da AELG
Prólogo de "Odas nun Tempo de Paz e de Ledicia" de Manuel María
Ledo, Margarita
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Razão cultural

     Manuel María naceu aló polo outono de 1930. Ós poucos meses procramouse a Segunda Repúbrica.
Primeira voz nova nunha posguerra pouco propicia á saída á tona de xeitos culturais alleos ós do Centro, impréntase o seu nome ó carón do "Muiñeiro de Brétemas", configurando unhos pasos incertos, unha mao disposta a irse enchendo. Estase a encetar a década dos cincuenta i o poeta escomenza o seu camiño do evolución permanente.
     A pescuda de Manuel María vai acadando esencialidade temporal no esistencialismo, en interrelaciós suxetivas coa realidade do home e das cousas, coa pretendida realidade de Deus, sempre como espresión de anceio vital. A súa poesía faise corpo en "Morrendo a Cada Intre", "Advento" e "Libro de Pregos" que teríase que situar, polo tempo, fora desta etapa, xa que se pubricou no ano 1962.

"...Esa chama de luces feita canto longo
irásenos esmaiando nunha néboa de roxos
ou nun fío de lume que vive nos que morren
e que forzosamente nos queren levar ó seu
                                                   [silencio..
                       (De "Advento")

     Mais o home ten de percurar saídas e saídas cara á saída inda inconcrusa e fai "Terra Cha" como identificación co amor puro das sensacións primeiras, cara á descrición núa e sensíbel da paisaxe singularizada. Os poemas "Pobo", "Labrego", "Meiro"... son elementos apreixados na mesma escada valorativa.

    

     A partir do ano 1958, e tómase como referencia por ser o ano de "Documentos Personaes", o facer poético de Manuel María enceta un camiño de ouxetivación; o home vai sendo considerado en cada realidade concreta e como función desa realidade; o home vai ser amado e defendido como peza asoballada polo antihumanismo que latexa no sistema social e no sistema cultural que se superpón decote i a martelazos solapados en Galicia. É a comunicación entre un ser do pobo e o pobo. Manuel María critica, denuncia, informa, ironiza, acusa, coleutivizase, podería decirse laconicamente que se civiliza.

     Comenza xa a dar froito o traballo de identificación conscente do pobo, o arredamento entre cultura de masas e cultura popular - exemplarizado en "Versos pra Cantar en Feiras e Romaxes", 1969, i en "Canciós do Lusco ó Fusco", 1970 - é tempo de procramar a língoa como lindeiro de crases antagónicas ou contrarias, é tempo de ironizar, ás vegadas ridiculizando dun xeito ledo - "Documentos Personaes" - ás vegadas testemuñando crítica e xenreiramente unha sociedade ausurdamente pecha en sí mesma - "Proba Documental", 1969 - nas fazulas do pequeno burgués galego susidiario da outa burguesía peninsular...
...I é tempo de denuncia aberta, de non tecer máis liño de posguerra, de misturar dereito, sensibilidade, tarefa, obriga... é o tempo disforme de "Mar Maior", 1963, e traxicamente firme como espresión de poesía política nun tempo, de "Versos pra un País de Minifundios", 1969.

«Esa Galicia que é preciso
redimir urxentemente.
Elquí, con nós, na terra nosa...»

(De "Versos pra un País de Minifundios")

I agora compre decir que un bon día, namentras fitaba de esguello as canas da súa barba, Manuel María púxose a compoñer un novo libro de poemas: "Odas nun tempo de paz e de ledicia". Entrecolleu contraconceuciós, contraimaxes, contrasituaciós, e pediu de prestado unha contraética... I eiquí está o bon patrón defendendo ós seus asalariados, o agradecemento inmesurábel á clonización, o funcionario cultísimo, institucións acordes coas necesidades do home galego, pan, ledicia, xusticia e todo o que sexa...

     Xa se sabe: cambios de táuticas mais non de estratexia...

     Si poidese poñer lindeiros verbás nun libro de poemas, pra "Odas nun tempo de Paz e de Ledicia", escribiría: agresividade.