... pois a camélia existe ao dicer o seu nome,
Avilés de Taramancos
Ele dixo que o xaguar prefere carne doce e que a carne de negro é carne doce. Ele dixo que admiraba a
súa liberdade. Ele díxolle non deixes que na madrugada morra de frío ese paxariño. Ele díxo que
atravesara a sabá de Castela absorto entre as anémonas. Ele díxolle necesito un pouco de sosego. Ele
quixo gardar un pano que tiña algunhas bágoas. Ele agasalloulle un paxaro branco que lle coupo xusto –
en pechando o puño- na cunca da man.
Ele dixo: cómpre matar a <<Superman>>.