Centro de Documentación da AELG
Ano de Anxel Fole. Centenario de Carlos Maside
agosto de 1997
Manuel María
Autores/as relacionados/as:

       Según pasando os anos estamos mais convencidos –e non cansamos de repetilo- que falar de Poesía –palabra sacra que non se debe de pronuniar en vano e escreber sempre con maiúscula- é opinar de aquelo que non entendemos nen sabemos. Ese é o noso caso. E unha das cousas que máis aborrecemento nos causa son eses ensaios, con pretensións científicas, escritos por eruditísimos señores, que analizan a Poesía como se se tratara dun mineral ou dunha planta cunhos conceptos prefixados, cando cada poema ten a sua propia dinámica. Estamos –e cada vez mais- pola expresión suxestiva que pode formular o atento, sensible e avisado leente como dicía don Ramón Otero Pedrayo. Na nosa non autorizada opinión nada hai mais suxestivo no mundo que un poema, mesmo aquel que poida semellar mais obxectivo.
      
       Hai moitos anos que lemos estas –para nós- certeiras palabras escritas polo grande crítico e historiador da Literatura Portuguesa, António José Saraiva. Coidamos vale a pena transcrebelas unha vez mais: “Certos críticos ocupam-se da obra literaria porque esa é a única maneira de se sentiren cientistas en materia onde não pasan de amadores. Buscan nisso compensação de uma incapacidade ou de uma frustração. Claro que para esses tais críticos o poeta, seu objeto e vítima, ten de ser necessáriamente mais pequeño (ainda) que eles.  (...) O crítico é o intermediario da Poesia. Aquelo que resiste ao Poeta e pretende arrumal-o n seu pobre código pseudocientífico, não é un critico mas un assesino da Poesia. É un agente activo do conformsmo geral que amputa a  nossa dimenssão sobrehumana para podermos caber en calquer sociedade establecida ou a establecer.”
      
       Temos meditado, con frecuencia, nestas acertadas observaciós do ilustre ensaísta portugués. Foron –e seguen a ser- forte escudo para nos defender de tanto e tanto “camelo” como atopamos nesas publicacións de noso señor. Atémonos, para o noso goberno persoal, a unha “Poética” que Alvaro Cunqueiro escrebeu no ano 1951 e que traducimos na parte que nos interesa: “Non pretendín nunca ser un poeta inspirado e luminoso. Cos meus propios poemas intentei esplicarme a mín mesmo que cousa é a Poesía. Unha longa e esperanzada impaciencia é a miña actitude ante a derradeira instancia, da boca humana que o dí. Recoñozo pois á Poesía unha esencial e insoslaiable impureza. Con Rimbaud acredito que o poeta rouba lume: “se o que trae de abaixo ten forma dá forma; se informe, dá o informe”. Compre apostillar, de todos xeitos, que o informe ten a sua forma. O informe xa é, de por sí, unha forma ou varias.
      
       Nós desexaríamos ser, como nos ensina Saraiva, o intermediario entre a poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias e o leente destas palabras –e non que o poeta sexa a nosa víctima- e poñer de levo o que ten de sobrehumano –é dicer: de máxico e de misterioso- mais as nosas forzas –sabémolo moi ben- non chegan a tanto. Por outra banda consideramos que os versos de Cesáreo Sánchez Iglesias esplícanlle a él mesmo e ós seus leentes o que é a Poesía, a súa poesía, a aportación que o poeta fai á Poesía.
      
       Hai perto de vinte anos –se é que non se cumpliron xa- que o entón xovencísimo poeta Cesáreo Sánchez Iglesias tivo a caridade de pedirnos un prólogo para o seu primerio libro de versos, que nós oberservamos: “Tristuras, frustracións, inxustizas e un amor desbordado, así como unha fusión transcendente coa natureza”. Nesas seguimos. Estivemos atentos a publicación da sua obra –libro a libro, verso a verso, palabra a palabra- e  comprobamos como se foi abrindo a outros mundos, a outras vivencias e esperiencias e se foi cargando de ricos e suxerentes simbolismos. Os sentimentos  humanos -¿haberá outra clase de sentimentos?- e o mundo no que vivimos e nos é dado contemplar –tan enigmáticos ambos- son os argumentos do seu discurso poético, que tantas veces nos sorprendeu e desasosegou, ata o ponto de non saber que dice. Xa alguén ten sinalado que a obra de Cesáreo Sánchez Iglesias é toda ela un poema unitario. Estamos absolutamente de acordo. Para nós semella un río caudal cos seus afluentes. Naturalmente ese río non pode ser outrio que o poderoso Miño, Pai Fluvial do Reino noso e Pastor de Ríos como acertadamente o bautizaron os poetas.
      
       Entendemos que toda escrita é unha loita tráxica contra a mrote. A palabra fixada por medio do símbolo ou do alfabeto sobrevive –mais ou menos tempo- a palabra dita. Este é o espacio que lle arrebata á morte. Todo escritor –e maiormente un poeta sempre empurrado por unha irreprimible necesidade de comunicación cos seus semellantes e co mundo –animado ou non- no que vive. En troco non pide absolutamente nada. Nen sequer comprensión. Tampouco acredita no futuro, sempre dubidoso. Escrebe o mesmo que respira. Por pura e inaplazable necesidade vital. E non matizamos. Así é como consideramos, dende sempre, a poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias, que nada ten que ver coa retórica tradicional nen co academicismo. Tenta ser unha entidade en liberdade e conservar a pureza dos orixes.
      
       Urxe esplicar que a poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias é moi clara. Esto non quere dicer que se trate dunha poesía simple inxénua, senón dunha obra moi elaborada. Neste senso compre suliñar que ten unha persoalidade inconfundible: eso que os retóricos chaman estilo. Cesáreo Sánchez Iglesias non precisa de firmar un poema para que un leente de Poesía se decate da súa autoría. Esto acontece con poucos poetas.
      
       Cecais sexa aínda prematuro intentar unha clasificación –se temos con Manuel de Paderna que simplicar non é clarificar senón empobrecer- desta obra totalmente aberta e, polo tanto incompleta e en pleno desenrolo. O que está claro nela é a súa ordenación en triloxías: a do silencio, é dicer: das orixes, de cando a creación do universo estaba no seu ponto inicial ou antes e dos suicidas e incomprensibles esquecementos do noso povo dende que comenzou o seu tráxico proceso de domesticación e de desfeita. Esta etapa está representada, moi nidiamente, nos peomarios Silencios e Conversas de Inverno, Antonte das Salamántigas e Ortigas da Memoria, títulos de por sí dabondo suxerentes e siñificativos do contido de cada un dos volumes. A segunda triloxía é a da auga composta por O Cántigo da Fonte, Do olvido o Río –repárase na violenta e cecais violada sintase de espresivadade definitorio e lapidaria- e Mar do Fin da Terra. Serían proveitosas algunhas cavilaciósn encol do simbolismo da auga, fundamental para a vida, sempre elemento de purificación e de renovación. E por fin a escrita da luz, un camiño aberto a tódalas esperanzas aínda en período de iniciación do que é mostra O rostro da Terra o mesmo que o inquedante Árbore das sete palabras no que ollamos un ascetism telúrico por unha banda e pola outra unha visión transcendente. Libro este cheo de msiterio que nos fai cavilar mais que na Biblia, na enorme tradición da chamada “Materia de Bretaña”, en William Blake, Walt Whitman e Salvador Espriu, mal a que a estes grandísimos poetas tiveran a Biblia como referente. A nai e o pai son a orixe inmediata da filla ou do fillo. Mais está claro que a filla ou o fillo non son o pai ou a nai. Este é o caso.
      
       A poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias está fortemente enraízada na grande e fonda tradición lírica galega –a mais profunda Rosalía- que él actualiza e enriquece. E tamén na lírica portuguesa, maiormente na moderna e na actual. Crítico shai que falaron da presencia do    hai-kai na poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias. Pode ser. De todos xeitos nós cavilamos mais nos poemas curtos de Noriega, de Eugenio de Andrade, de Novoneyra. Galego-portugués é o “dolorido sentir” donoso poeta ben patente nos seus versos así como o panteísmo que os transpara e o seu innegtable franciscanismo, tanto no contido como na forma. Trátas dunha poesía austera.
      
       Afirmamos, xa de vello –e coidamos non trabucarnos- o telurismo, a paixón e a identificación coa terra, o amor a natureza que se manifesta claramente na poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias. Por eso mesmo ten chamado poderosamente a nosa atencón que non haxa, nos seus versos, unha prsencia mais abondosa e esplícitadas terras natais do poeta: Maside e toda bisbarra de Orcellón e nembargantes que teña todo un libro adicado ó Atlántico: Mar do Fin da Terra. E mais cando  Maside e todo o Orcellón non tiveron nunca de que nós saibamos, un poeta de certa entidade. ¿Estará presente Maside ou Orcellón na poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias e nós –por incapacidade persoal- non identificamos esa presencia?  Pode ser.
      
       A poesía de Cesáreo Sánchez Iglesias ten unha arquitectura (...) moi sólida. Nela non atopamos unha musicalidade doada, creada pola forma da preceptiva tradicional: medida e rima. Pro ten, en troques, unha poderosa melodía interna que non se quebra nunca, sempre omnipresente como unha especi de fío conductor a travers de toda sua obra. Unha melodía con variacións moi stiels que dexamasi resulta monocorde. Poesía par aler en voz baixa, moi (...)diño, como din os caurelaos, e voltar novamente a reler o xa lido. Esta sua condiciónf aina, ó noso xuício, difícil para o recitado público. Trátase dunha poesía amiga da soedade que percura o trato individualizado co seuleente.
      
       Sempre que nos achegams á poesía de Cesároe Sánchez Iglesias no slembramos do prólogo que Dámaso Alonso escribiu para Barco sen luces????, do noso amigo e mestre Luis Pimentel, ó afirmar –e traducimos- que: “...Ten díficil a entrada. Está nos estremos do soño, perto do centro obsesionante. (...) Nas antípodas do énfasis: nen polifonía nen orquestra. (...) Non percuredes afagos: nen xogos de auga, nen a ilusión dos coloreados focos; nen rima, nin esactas estrofes...”   Non preocuparse,. Atoparedes rigor verbal, un mundo poético de ilimitado grandor, unha melodía cósmica, beleza e fondura, nunha palabra: POESÍA.

MANUEL MARÍA

En Terras de Lemos. Agosto de 1997.
Ano de Anxel Fole. Centenario de Carlos Maside.