ARCÁDIA DURANTE toda a miña vida andei a soñar, longa e fondamente, coa Arcadia maravillosa, lonxana e lexendaria. Viaxei a Grecia e, con olIos atentos e avarentos, contemplei a Arcadia: é unha paisaxe de oliveiras e penedos, gris e brava, onde hai un povo, pequeno e miserento, chamado Paradisus: nada menos. Todo era árido, pobre e desolado. Entón fechei os ollos cara afora e abrinnos cara adentro. E puden ollar a Arcadia feliz e verdadeira Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986) |