Unha canción, unha oración, para os que seguen vivos polo amor. Porque teñen loitado e unha loita non morre, que é semente de vida que os que quedan recollen. Porque abriron camiños nas pedras e no lodo, e as feridas das súas mans están no noso recordo. Porque prenderon candís que non deixamos apagar, alumean as nosas vidas, viven no noso cantar. Porque eles amaron e, ó mellor, non os deixaron amar, pode que por isto morreran e así connosco están. Porque imos polo mundo percurando a verdade, berrando xustiza e paz, e loitando pola irmandade. E os que non nos deixan VIVIR non saben que o Amor non morre, que temos Esperanza leda, que cremos na túa Resurrección, e que a MORTE tamén é VIDA. Por isto nós dedicamos unha canción, unha oración, para os que seguen vivos polo amor. Compostela, 2 - xullo - 1976 |