«N
inguén pon en dúbida, hoxe, a limpeza dos B-52. Destruen, pero
non matan. Van directamente aos obxectivos materiais previamente
seleccionados. As guerras da nosa época son rápidas e apenas
causan danos colaterais».
O Quévin entendeu axiña e
traduciu as últimas palabras da voz en off que saía da pantalla
por "vítimas civis". Puxera o despertador para as tres
da madrugada, pois intuía que aquela noite, os Estados Unidos,
bombardearian Bagdad. Xa estaba ben de aturar o ditador, o
asasino. Premera as teclas do mando polas distintas cadeas da TV:
películas, concursos, futebol, flamenco, erotismo na cinco.
Fixara a pantalla ali. Mentres miraba como o mozo ia espindo a
rapaza, preparara a Coca-Cola con uísque, sentara no sofá (a
cámara focou os dous corpos espidos, el por baixo, ela movendo o
cu), botara a man á entreperna e acariñara-se. A cena era
lenta. Os corpos rompian-se en detalles, primeiros planos a
insinuar o sexo del (tan só apresentaban, na brancura da carne,
o nacimento dos pelos rizados, negros, da pube). Despois saltaba
ás tetas da rapaza, non moi grandes, como ao Quévin lle
gostaban, duras, douradas, coa mamela escurecida. O Quévin
movera a man e cerrara os ollos un intre. Estaba cómodo, só co
pantalón do pixama. Era tan doado asi, baixar a man até ali,
mesmo o pantalón para ver o seu membro teso como unha pedra.
Resultaba doce, na soidade, el só, só... A nai dormia. Dera-lle
dupla ración de pílulas para que non o amolase. Podia estar o
Iónatan, que vivia perto do seu piso, na rua Castelao, pero non
quixera. O amigo coidaba que os americanos ainda agardarian un
dia ou dous para que Sadám saíse de Kuwait. E subitamente
curtou-se a cena da parella roendo-se e formando unha morea
desordenada de membros sobre a cama e apareceron os anúncios. O
Quévin suspirou profundamente, deixou queda a man, xemeu. Bebeu
Coca-Cola fresca e pasou o vaso frio polas meixelas. Cambiara de
cadea e xa vira a pantalla escura e sentira a voz en off a
anunciar a decisión do bombardeo. Brincara no sofá. Caira-lle,
co impulso, o pantalón, e asi quedara fronte ao televisor, co
sexo ainda apontando firme, os brazos ao alto e a exclamación de
vitória a afogar os murmúrios xeneralizados da noite.
Na rua, un grupo de mozos e mozas
camiñaba con velas acesas e unha pancarta con letras que non
distinguia desde a xanela. E non era a Mírian unha das da
cabeceira?. Aquilo desconcertou-no.
"Os misis Tomahaw voan
rentes do chan e asi non se expoñen ás defensas antiaéreas dos
iraquianos", continuaba a dicer a voz.. No escuro,
sobre unha liña de luces, aparecia outra curtando a negrura e xa
unha explosión estouraba súbita. Bagdad ardia en cacharelas
como nunha noite de San Xoán. O ceo de Bagdad, estrelado,
imenso, e as histórias quentes das "Mil e unha
noites", os haréms das putas, as cúpulas numerosas das
mezquitas, os baños turcos... todo iso vivera nunha viaxe coa
Mírian e mais o Iónatan. Fora unha gozada. Bagdad ateigado de
turistas. Os nenos iraquianos pedian-lles cartos, bolígrafos, as
camisetas, calquer cousa envexada. Divertia-se el vendo como o
amigo comia a Mírian cos ollos. Quixo-lla pasar unha noite, mais
ela negou-se alporizada. Estaba toliña por el. A parva non se
decataba de que só a chamaba cando se lle poñia tesa. Pasou da
batalla á cinco. A parella aparecia agora na piscina. Tiraba-se
el desde o trampolin. A cámara focaba-lle o corpo atlético
desde abaixo e saía del o sexo en horizontal, grande. Aos tios
deben-nos elixir segundo o tamaño da picha. Ela agardaba-o e
metia-se baixo a auga, e agora a toma da parella facia-se desde o
fondo. O Quévin daba-lle aceleradamente á man. Podia chamar á
Mírian pero tamén só se goza caralludo. Un é máis libre e
corre fantasias, controla o tempo, espácia o clímax e non ten
que submeter-se á compañia. Ali mesmo fodian, metidos na auga.
Que noite, Iónatan. Retrasou o momento do goce a mantenta e
pasou outra vez á guerra. Unha batalla dunhas horas e xa se
tiña conquistado un país de atrasados. Sentia o pracer da cinco
vendo como aqueles pontiños dourados salpicaban a pantalla
inteira. O sexo inchado como se fose estoupar, valeirar-se como
un volcán botando a lava.
"Os avións
norteamericanos B-52 van acompañados polos F-15 Eagle dos
británicos. Despegan dunha base aérea saudi e poñen-se en
Bagdad nun momento. A baixa altura á que poden voar fai-nos
praticamente invisíbeis". E sen matar unha soa persoa.
Pero parece difícil non matar a alguén se se destruen
edifícios militares e campamentos camuflados. O Quévin tiña
este interrogante, pero tamén pensaba que a batalla seria máis
atractiva con algo de sangue en primeiro plano. E cando estaba
feito un barullo emocionado entre a cinco, a batalla, a Coca-Cola
e o sexo que xa non resistia a tensión de non estoupar, tamén,
como unha daquelas bombas, sentiu o berro:
- Quévin! Quévin!
Xa a nai se botara da cama e
avanzaba polo corredor. Rapidamente fregou o membro coa friaxe do
vaso e subiu o pantalón do pixama. Agardou a que aparecese. Soa
non podia andar ben e camiñaba apoiando-se nas paredes.
Empurrou-na para a sala do baño. Ela miraba-o con ollos
amedrentados. Con dificuldade sentou sobre o retrete. Logo veu
aquel cheiro a descomposto. Na fronte da vella apareceron unhas
pingas de sudes. Tremaba-lle a voz cando pediu:
- Limpa-me ti, anda.
El apertou os lábios e rosmou
algo. Subiu-lle as bragas e apurou-na para que se metese na cama.
Rompera-lle o goce, o pracer. Seguia a pantalla chea de luces e
estoupidos. Na cinco só un letreiro, "Fin". A
Coca-Cola quecera. Debin-lle meter triple dose, que só o fai
para foder. O sexo, flácido. Intentou poñé-lo outra vez en
marcha. Non funcionou. Era tardísimo, pero dormiria até as
duas. Se o deixaba ela. Tiña que meté-la nun asilo. Mais a
pensión... de que ia viver el? A voz en off despedia-se. Iraq
quedara tomado. Sen vítimas, seica.
Lugo,
agosto do 2000