EUROPA |
o desemparado xace no gabinete do desastre as criaturas obscenas excitan o líquido do fatal hai quen chupa sen remédio endemoniados arrebatos e a dama do diván é unha cinza imunda lentamente o emperador invade un escenário as medallas son lánguidas palideces o o sábio a tristeza que fica nunha póla suave e brillante acenderemos a miséria coa florazón do alcool un estúpido pianista deposita cravos na memória arrecende o vómito poderoso do teatro en lábios refinados polo acougo e o insulto consternazón e triunfo da monstruosidade resistir padecer colgar estandartes exibir mortallas espantados e invitos pola desolazón de Europa UN VAMPIRO PROFUNDO E PATÉTICO QUE SE OCULTA DO SOL |
WAGNER PRECISA DE NÓS |
Mais onde está o
valeroso Carlomagno? |
neste ceu imensamente tráxico acouga o prazer da harmonia en recónditas rexións hiperbóreas de lápidas fenecidas no abrente falo desde a púrpura isolada da paixón onde entrecruzo un espazo de mal entolecido na Creta antiga e dominada pola luz acariciada dos deuses e preferida do calmo Ícaro é unha estrela da noite no oráculo de Delfos mil druidas inician o banquete o cisne habita en Rodas no cabelo do coloso Homero move a miña pena plena de gozo e vitória comeza un novo naufráxio deszo ao profundo desastre transmigro máscaras micénicas por un bou muxián a Costa da Morte ventera relatos e hai un mascato perto do bosco a aniñar no seu canto o ouveo do lobo as pólas da árvore acochan un filtro de gnomos percevo a maxia na miña extrema languidez anúncio a derrota con profundo laio e mergullo-me a amar o desespero embriagado de mitos neste ceu imensamente tráxico no que Wagner precisa de nós |