|
os ollos do inimigo: elegantemente realizan vastas maniobras alterazóns que avivecen os músculos e que me fan ciudadano das carícias ao meu corpo choven-lle milleiros de transmigrazóns pánico |
|
albisco-te vestida de negro asulagada na ausenza deserta do burdel mentres a cama se debuxa como unha disipazón para o amor |
|
cago-me en ti! (que diria Bataille) pero até o noxo produce espasmos de amor disidente espido e cínico contemplo-me poderoso pero até da vinganza xurden excesos de amor visto-me pois coa nueza purísima do teu púbis coa tristeza/cómica que provoca a estúpida chegada da morte |
|
un despiadado suplício condenou á memória das contorsións o éxtase a febre e o desexo a duas escórias maravillosas: NÓS! |
|
empapado en convulsións mariuana e alcool proscrito e omitido eu son! |
|
partirei onde os lugares mais queridos onde medra a carne íntima e purísima onde todo é agudo como o sémen onde tí trasluces o recordo na apoteose da avidez que asumo vuluptuosamente ao esquecer-te (A Coruña, 1983.) |
ALBATROS esquecida a bágoa retorna onde os albatros sorrin às fúcsias polas veias van as putas como infernos refinados precedendo ininterrumpidamente o eclipse das chamineas o dos anxos que adoran a morte dun ninguén os cantos infantis vomitan artérias asulagadas en cartografias desgraciadas e delirantes que a miña caveira agoirou como tenebras en alude camiño dun hemisfério de relóxios e cortesias foi a miña caveira a miña a que durmeu o paraíso nun té escrito con viño amargo con sangue vítima de muro con mexos eunucos de cadáveres tépedos que unha bilis descoñecida desviara onde os albatros sorrin às fúcsias o os galeóns mortuórios esquecen o retorno da bágoa foi entón cando a miña caveira a miña herdou sen quere-lo a alva da Europa omitida na SINFONIA DOS SALMOS na CONSAGRAZON DA PRIMAVERA e no CUARTETO PARA O FIN DO MUNDO de Olivier Messiaen que un suicida en crepusculário compuxera para min pois ben ao fin esquecida a bágoa retornará onde os albatros sorrin às fúcsias onde hai misereres con voz morna e decadente e onde os esvaídos vasos «cantabiles» son risos de aves que minten aos espellos oh sí! aló! onde os albatros sorrin às fúcsias e os galeóns mortuórios esquecen o retorno da bágoa será onde eu ficarei coa miña caveira agardando a tua palavra de doncela íntima e nídia mentres que vestido de cavaleiro bretón velarei docemente a promesa das armas |
(De «O cavaleiro da Táboa». 1983.) |
HAIKU chove a morte no corpo o ar leva un soño |
(De «Novoneyrianas». 1982.) |
DESEXO NO NORDE loira! cender-se |
(De «Novoneyrianas». 1982.) |
oh! loira cerval soñada polas avelaiñas negras os merlos sinten por ti na nostálxia queréncia |
(De «Novoneyrianas». 1982.) |
antigo epigrama: namorado preso |
(De «Epigramas». 1982.) |
EPITAFIO morrer co tesouro divino dos esquecimentos |
(De «Epigramas». 1982.) |
|
Entre os nenos e o demo, hai só, un espazo de pudor que crian os hipócritas. Son tan quotidianos os xogos no inferno. |
(De «Decéncias». 1984.) |
XXI |
O único xeito de fuxir ao terror da morte, é sucumbir de traxédia na sua incomprensón. Só entón, compaxinaremos o espantoso e o irracional. E dizer, o escuro e o abstracto. Esto é, Eros e Thanatos. |
(De «Decéncias». 1982.) |