Centro de Documentación da AELG
A respeito de Pexegueiro en catalán
Xoán Santamairna
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Faro de Vigo

A respeito de Pexegueiro en catalán


Aos escaparates das librarías galegas e catalanas acaba de chegar a mais recente obra do poeta galego, Alfonso Pexegueiro, publicada en edición bilingüe baixo os títulos: "L illa de les dones folles" e "A L´illa das mulleres loucas". A diferenza de outros comentaristas que con aceito valoran a obra en si, nós somente nos irnos referir ao facto de aparecer en edición bilingüe e, en concreto, en galego e catalán.

 

0 feito de aparecer unha obra literária, nascida en galego, traducida simultaneamente ao catalán e non, por exemplo, ao castellano ou español pode parecer, a primeira vista, un evento inusitado nas nosas letras. Mas, por outra banda, non debería dar lugar a surpresas deste tipo, E isto último tendo en conta, de mais a mala, que se trata de dual linguas sobre as que galegos e catalán parlantes aspiramos a que sexan idiomas de uso normal nas posas respectivas comunidades. A edición bilingüe, apresentada simultaneamente, transmite nun caso así un claro sentimento de solidariedade que, ademais, non precisa explicitar-se. A próxima edición, tamén en catalán, de "Relatos pro salferir" (1981) do mesmo Pexegueiro supón un paso mala de echegamento a Cataluña para os mais novos escritores galegos que retoman o Tacho, das tradicionalmente estreitas relacióna galego-catalanas de todo tipa sócioeconómicas, políticas, culturais e socio-lingüísticas. O que fai falla agora é que a sociedade galega como tal corresponda o siga correspondendo, no seu intereso polar diferentes manifestacióna catalanas, á consideración que todo o galego mereceu de cote en Cataluña.


Un factor talvez dos mais determinantes do mantimento das históricas relacións da Galiza con outros pobos hispanos de personalidade definida e específica radica na emigración. O  desigual desenvolvimento sócio-económico experimentado polo Galiza respelto de Cataluña, o mesmo que con relación a Euscadi, a partires de mediados do S. XIX, propicia movimcntos migrátórios deste tipo. Non obstante, aínda así, reforzán-se as relacións galaico-catalanas data do S. X, através do Camiño de Santiago. O abade de Montserrat, Cesáreo, foi consagrado bispo polos prelados galego-leoneses. Pérez Constanti, en "Viejas Notas Galicianas" constanta a presenza, en Nola, dos mercadores cataláns Frances Mola o Joan Abclla no ano 1.553. No XVIII reforzase o comércio con Cataluña ao criaren negociantes cataláns a incipiente indústria conserveira de Galiza coas salgaduras de peixe.


No plano politico, ademais da sígnficación histórica de Montserrat onde, en 1.938, tomou estado parlamentário o Estatuto Galego de Autonomia plebiscitado en 1.936, cabe resaltaras estreitas relacións do galeguismo con o catalanismo. No ano 1.889 editara-se "El Regionalismo..." de Brañas quen influiría no catalanismo dun Cambó como este, á sua vez, no nacionalismo de destacadas figuras da "Xeración Nós", sobre todo enRisco. Murguia, Castelao, RamónPiñeiro ou Paz-Andrade foron coñecidos en Euscadi e Cataluña como polos galego: Pi 1 Margall, Maciá, Tarradellas ou Pujol, os vascos Lcizaola ou Amezaya ou o navarro Arbeloa.

Na cultura, o noso rexurdimento e expansión van parellos con os dos cataláns desde a su renaixença do S. XIX. Rosalia de Castro, Castelao, Fole ou Neira Vilas contan con obras suas traducidas, entre outros idiomas, ao catalán do mesmo xeito que ao galego se traduciron cataláns como: Angel Guimerá por Brañas, Miguel Costa Llovere por Leiras Pulpeiro, Verdaguer por Cabada Vázquez, Maragail por Franco Grande e Alonso Montero, Felip Cid por Xavier Costa e,.sobro todo, o poeta Salvador Espriu por Basilio Losada, Alvaro Cunqueiro, Casado. Nieto o Alvaro Paradela, entro outros. A promulgación dos vixentes Estatutos do Autonomía favorecen airada mala todas catas relacións que, día a día, se renovan e actualizara. Oa procesos de normalización lingüística que o cadro constitucional e os Estatutos propician estimulan relacións de intercámbio recentes entre vascos, cataláns e galegos. Primeiro foi Iruña (Nafarroa), dcspois Lleida (Cataluña) e, en Marzo pasado, Santiago de Compostela os lugares onde, desde unha perspectiva pluri e interdisciplinar, se celebraron estes encontros dedicados a cuestións sócio-lingüísticas. E todo isto a pesares do silenzo do importantes meios de información galegos e a indiferenza das nosas autoridades. Así nestes encontros, a difcrenza das representacións catalá o vasca, que contaron con participantes con responsabilidades nos respectivos procesos de normalización lingüistica, a representación galega foi particular a privada.

En principio calquer obra bilingüe, a partires incluso dunha lingua que se pretende normalizar, como é o caso da galega, non deixa de ser un inecesário luxo económico dado que cada leitor sevirá-se só da versión que corresponde ao seu Idioma ou do que lle resulta do mala doada leitura. Neste caso, en troca, reporta a vantaxe de propiciar e favorecer un certo coñecimento da outra lingua na que se apresenta a obra.. O leitor galego, ao achar-se con un idioma como o catalán xa normativizado, poderrá observar, ademais, como a un idioma especifico lle corresponde un padrón ortográfico próprio. E asl pode constatar como o galego, mais ou menos reintegrado, dota-lle á nosa lingua dese seu padrón especifico. A ortografía catalá permite-nos verificar, aquii na Galiza como a opción reintegracionista é mais harmónica con as demais linguas romances no uso dos acentos gráficos, do "c" (ce cedillado), do "as" (ese dobro), ou nos usos do"b" (be) e o"v" (uve). Principio, o da harmonia con as demais linguas, especialmente as romances e en particular con o portugués, que mesmo na normativa para o galego oficialmente proposta se predica e non se cumpre e, cando se cumpre, fai-se respeito do español sobre todo. Alfonso -mellor Afonso- Pexegueiro, ao escreber en galego moderno permite-nos, mesmo por isto, constatar mellar o que acabamos de indicar. En todo caso, de cara a futuras edicións deste tipo non estaría de mais comezar a recuperar, para dentro e para fora de Galiza, a nosa ortografia histórica, etimolóxica e tradicional precisárnente cando o ensino do galego posibilita, e debe posibilitar, para o mesmo unha normativa de seu. O reintegracionismo, ademais, recolle esa corrcnte histórica, etimolóxica e tradicional coa que, no seu momento, a mesma Real Academia Galega comezara o scu dicionário que ainda non pasou de vocábulo "cativo" (Acordo da R.A.G. de 26.IV.1909).


Edicións bilingües da literatura galega deben-se facer, se é o caso, en calquera idioma incluido o castellano u español e, entre as linguas posibeis están tamén, por que non?, o euscáro ou o catalán. Xa vai sendo hora de que as literaturas hispanas se vaian divulgando, cada vez mais, no conxunto de todas as restantes linguas romances ou non da mesma maneira que, tamén se debe favorecer, na Galiza, a literatura portuguesa en portugués ou calquera outra mesmo en galego e non, como acontece actualmente na xeneralidade dos casos, exclusivamente en español ou castellano. No entanto isto sega como até o de agora, non se poderá falar do galego, do catalán ou do éuscaro como idiomas normais nen superar os aillamentos que lles restan a estas linguas proxección universal.