Centro de Documentación da AELG
Colectânea de Poesia Luso-Galaica - O que na alma asola, por Carlos Abeledo
Obra colectiva

Quem me dera encontrar o verso puro,

O verso altivo e forte, estranho e duro,

Que dissese, a chorar, isto que sinto!


Florbela Espanca (1894-1930)

 

 

Como cho podo dicir,

con palabras,

o que na alma asoma.

 

Direi que non durmín,

direi que non andei,

ou que non presumín.

 

Diréi que non fun eu,

direi que non sentín.

Que sei eu que direi!

 

Mais ti saberás

que con palabras só

nada escoitei.

 

Que só eu sei sentir

e sen palabras, só.

O noso amor agroma

no que na alma asoma.