I ¿Como será esa nena que vive nos nosos soños? Ela está xa aquí connosco cos seus risos e os seus xogos. II Viña Mariña coa súa cestiña de Carapuchiña cargada de mel ¡Ven por el! III ¿Como será a nosa rula? ¿Como será o seu cantar? ¿Onde fará o seu niño? ¿Onde buscará o xantar? IV Gardei unha moeda de prata no fondo do mar ao mencer atopeina entre a escuma e levaba o teu nome V É unha fermosa serea Chea de dozura e sol Que apareceu coa marea e cun aire morno e mol. |
A parte II é de Helena Villar Janeiro, 26 de xaneiro de 2005 A parte IV de María do Cebreiro, 19 de febreiro de 2005 As partes I, III e V de Lourdes Maceiras, 2 de abril de 2005. Esta anaina, feita para Mariña, ten música composta por Rosa Mª Parajó Liñares. |