Centro de Documentación da AELG
Pequena biografía
Autores/as relacionados/as:

Heidi Kühn-Bode (Eching, Bavaria, Alemaña, 1945), profesora, dramaturga, novelista e tradutora, é filla e neta de refuxiados de Pomerania e Besarabia (actualmente Moldavia), a colonia alemana de Romanía. Residente na cidade da Coruña desde hai anos e integrada activamente na cultura e na literatura galegas, é autora da tradución ao alemán da obra xente de aquí e de acolÁ de Álvaro Cunqueiro, así como de diversos textos e autores da lírica galega contemporánea. Escritora en galego, alemán, inglés e castelán, ten realizado guións radiofónicos e televisivos para Radiocadena Española, Radiotelevisión de Bavaria, Radio Galega e Antena 3. No ano 1996, a bordo do barco Sirius de Greenpeace, escribiu a obra The garbage and me (O lixo e máis eu) e no ano 1991 ve a luz a novela xuvenil Fideliño o carteiro (1991), á que lle seguirán, xa no eido do teatro, os títulos Teatro para contistas (Seis obras de teatro) (2002) e Os mundiños (2003), obra esta última galardoada co Premio Estornela de Teatro para Nenos da Fundación Xosé Neira Vilas.