PERSONAXES
A CONTISTA
ADELINA
RAPACIÑA
RAPACIÑO
SEÑORA FILIPA, A NAI DE ADELINA
XULIÑA
DONO DO CAFÉ
HOME
RAPAZ
MANOLIÑO
VICENTE, 0 PAI DE ADELINA
OS IRMÁNS DE ADELINA: ANTÓN, VICENTE, OLEGARIO, XERARDO, SEVERINO
CONTISTA.- Adelina tomaba café todos os días. Tomaba café con leite pola maña, no almorzo. Tomaba café cortado despois de comer. Pola noite, antes de deitarse, tomaba de nova café con leite.
SEÑORA FILIPA.- ¡Filliña, non tomes tanto café!
ADELINA.- Gústame tanto... ¿por que non o podo tomar?
SEÑORA FILIPA.- Primeiro, porque non é bo para os nervios. Segundo, porque é mai caro, xa sabes...
CONTISTA.- Adelina sabía que a súa nai non llo dicía por iso, senón porque se preocupaba moito por ela. A señora Filipa era moi xenerosa con ela, moi traballadora, moi boa e guapísima. Facíalle unha roupa preciosa , uns vestidos que parecían de princesa... Tamén a mandaba á escola, porque quería que a súa filla estudiase todo o que puidese... Agora, que Adelina xa tiña 21 anos, seguía estudiando, ía a unhas clases de cultura polas tardes. Aprendía matemáticas, literatura, química, física, historia e xeografía.
Tamén aprendera moito da súa nai: sabía facer churros, pan e toda clase de pastels e pastas. Pasaba o ferro, bordaba e tixolaba que era un primor.
ADELINA.- Mamá, ¡que nervios nin que oito churros! A min, gústame o café e conto acabado.
CONTISTA.- ... de maneira que Adelina seguía tomando café, dixesen o que dixesen.
RAPAZA.- Pois seguro que sempre andaba metida nas cafeterías...
CONTISTA.- Aí non... non atinaches...Tomaba os cafés na casa... As cafeterías non ía para nada...nada.. unicamente había bares e algún café.
RAPAZA.- Pero ¡se aquí o persoal sempre está tomando causas nas cafeterías, para charlar, ollar uns aos outros, rexoubar....
CONTISTA.- É certo, neniña. Douche a razón. Mais a historia que estou a contar ocorreu hai moito tempo... Ti non naceras... nin sequera naceran os teus pais, fíxate ben... A xente vivía de forma moi diferente. Todo era diferente...
RAPAZA.- Claro, serían os tempos antigos.
CONTISTA.- Non tanto, mira.... Estamos no ano 1931. Eran tempos da República.
RAPAZA.- A República.., a ver.... buf, ¡canto tempo! ¿Cantos anos hai disto? Vou sacar a conta... pois hai... hai máis de setenta anos... ¡son moitos anos, sete décadas!
CONTISTA.- Estamos, pois no ano 1931... Era malo e a xente saín por alí, acicalada de primavera... Saían as rapazas, claro, aínda que sempre acompañadas pola súa nai, ou pola tía, ou pola súa curmá... Paseaban sorrindo, guapas, collidas do brazo... Era maio florido...
RAPAZA.- Non entendo moi ben.... ¿como que todas eran guapas? Habería de todo, digo eu.
CONTISTA.- Claro que si; todas eran guapas e bonitas, pois todas eran de Pontevedra.
RAPAZA.- ¡Babeadas! ¡Vais parvada!
CONTISTA.- Non é parvada ningunha... En Pontevedra, todas as rapazas son guapas. En Pontevedra, todas as mozas....
RAPAZA.- ...son bonitas, claro.
CONTISTA.- Exacto. Pero a máis bonita de todas era Adelina, sen dúbida ningunha. Adelina era loura, tiña caracoliñas no pelo, e os seus ollos eran de cor café. Aquel día tan lucido de malo, e que máis adiante sería declarado "Día das guapas que toman café" polo concello de Pontevedra, Adelina ía máis guapa ca nunca, semellaba unha árbore de nadal, tan festiva ía. Levaba un traxe precioso, longo, de cor azul clara, adornado con bandas bordadas e un colo tecido de encaixe.
(Adelina, sorrindo, vestida coma no conto, entra no escenario, paseando de aquí para aló, logo senta nunha cadeira.)
CONTISTA.- 0 traxe de Adelina, que certamente era toda unha obra artística, confeccionárallo a súa nai, a señora Filipa A xente dicía deia que tiña dediños de ouro. 0 que tocaba a señora Filipa, convertíase en ouro de contado. Ela tiña unha churrería, unha intelixencia notable, moito talento, un bo porte, cinco fillos chamados Antón, Xerardo, Olegario, Vicente e Severino, o seu home que se chamaba Vicente, que fora á guerra de Cuba e que gastaba un bigote de impresión, e máis a súa única filla chamada Adelina. A señora Filipa reinaba na sua casa coa churrería coma unha raíña emperatriz. E falaba moi claro, se prestaba.
(Pasa a modiño, cun bastón na man, o pai de Adelina, Vicente, con sombreiro e bigote. Senta nunha cadeira no escenario.)
SEÑORA FILIPA.- Claro que si. E tanto que si. ¡Non se fale máis! Estudiará o que queira: a química, a música, a literatura... e todo o que lle pete. Claro que si. Moitas veces si. ¡A calar todo o mundo!
VICENTE, 0 MARIDO.- ¿Que dirá a xente, muller?
SEÑORA FILIPA.- (Furiosa) ¡Serás papafilloas! Dirán algo, o que sexa, falarán da lúa.... Dirán necidades, chambonadas ou terán envexa... non me quitará o sono, iso seguro. Ademais, son tempos novos. Estamos na República.
VICENTE, 0 MARIDO.- Ai, iso si. Pois que vaia ás clases, logo. ¿E non será moi caro?
SEÑORA FILIPA.- (Non á parte, en voz baixa.) ¡Será paparote! (En voz alta) Vai, vai, Vicentiño, atende o forno, que estea ben quente para as tortas de voda da sobriña do marqués de Riesta.
VICENTE, 0 MARIDO.- Xa vou, raíña. (Ollando para ela, conmovido) ¡Que muller tan arrogante teño! ¡Que rapaza máis garbosa! ¡A máis lista, a máis guapa!
SEÑORA FILIPA.- (Sorrindo.) Anda que ti, guapiño.... non desmereces nada. Morren por ti todas as veciñas, xa sabes... ¡un home é un home, e máis con bigote!
VICENTE, 0 MARIDO.- ¡Ai!, iso si.
SEÑORA FILIPA.- ¡Xerardiño! ¡Vicente, Olegario, Antoniño! ¡Severino! ¡Veña, a traballar! Xa está ben de xogar.... ¿onde estarán eses langráns?
(Aparecen no fondo do escenario os cinco rapaces, entre 10 e 19 anos, con xoguetes, libros, un caldeiro, un saco de fariña nas mans; pasan andando ou brincando polo escenario e lago sentan no chan.)
CONTISTA.- En Pontevedra, a churrería da señora Filipa tiña moita sona.
(Vén correndo un rapaciño.)
MANOLIÑO.-¡SeñoraFilipa!¡Señora Filipa!
(Entra a señora Filipa polo lateral)
SEÑORA FILIPA.- ¿Que pasa, Manoliño?
MANOLIÑO.- De parte da miña nai, dúas ducias e media de churros para a merenda. E que sexan ricos.
(Entrégalle un cesto cos churros.)