Centro de Documentación da AELG
Xente no Rodicio (11ª edición)
Fernández del Riego, Francisco
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Galaxia. Salvador Lorenzana

Limiar

Salvador Lorenzana


Nas páxinas que ides ler recóllese unha escolma de contos, de condensadas historias cheas de intención e de engado. Nelas confirma Xosé Neira Vilas os seus dotes de bo narrador, revelados en Memorias de un neno labrego. A lectura destes brevísimos relatos amosa, doutra banda, que o seu autor sabe das características que singularizan o xénero. Pois o conto -dentro do eido narrativo- ten unha personalidade de seu. Nel, o sucedo, como acontecemento puro tributador do pasado, vén ser o verdadeiro asunto. O interés do conto, ao cabo, radica no acto de relatar: a narración é o estilo. Na realidade, o conto supón un pasado absoluto, xa que dende as súas primeiras liñas se parte dunha acción definitivamente ocorrida. Acontecemento puro -dixemos-, o desenlace vén ser, a un tempo, a exposición e o nó. Esta soa singularidade abondaría para o diferenciar da novela, onde historia e desenrolo decorren nunha mesma actualidade, confúndense coa acción, e son contemporáneos do lector. Noutras palabras: o sucedo, que xa pasou ao emprincipiar o conto, a penas se empeza ao comenzar a novela. Mentres que o novelista manexa personaxes, o contista traballa un sucedo: ese punto de partida neutral que, por xeito inverso, é o desenlace.

A radicación formal da estructura do conto fai del un orbe pechado, tematicamente ríxido, tecnicamente difícil. Atinguir o feito, explicalo, vén ser o labor de recapitulación, historian te, do contista. Compréndese así que, nese labor, a linguaxe cognoscitiva e mais a emotiva conflúan nun só estilo. Pero alén de todo o dito, hai unhas esixencias clásicas do conto, dende sempre admitidas, e que poderiamos concretar nas seguintes: brevidade, unidade, orixinalidade, estilo depurado. De todas carro participan, xa que logo, os relatos que figuran nas páxinas deste libro. Neles séntese, ademais, o latexo das correntes novas que hoxe impulan a marcha do xénero no mundo.


Entre os moitos e calificados cultivadores que, modernamente, deron ao conto rumbos anovadores, hai que destacar a Pöe e mais a Kafka. Dende un ao outro, prodúcese o tránsito do misterio ao absurdo, con todos os resultados que a tal tránsito hai que lle atribuir. Despois, os xeitos de contar  -nos que a técnica formal xoga básico papeladónanse, en parte, do herdo deixado por Kafka. Pero hai, asemade, camiños que se non vencellan a este herdo, nin mesmo aos procedementos técnicos empregados, por exemplo, na nova narrativa francesa. Son os camiños que -consonte coa hora de hoxe- segue Neira Vilas nos seus relatos. Inda coñecendo as singularidades de certas tendencias moi do día, o autor deste libro preocupouse de se valer dun xeito de contar, o que mellor cadraba ás súas ideas e ao seu sentir.

Dende logo, o primeiro que cómpre para ser narrador é ser un home. Despois, naturalmente, ter vocación, necesidade absoluta de se expresar. E, ao cabo, ser dun país determinado, ter raizames fondas nalgún lugar. Necesítase, en efecto, sentirse froito dunha tradición, pertencer a un pobo concreto, a unha concreta xeografía, e amala. Quen non teña país ou renuncia ao seu, está perdido. O narrador nacido en Galicia e que queira interpretar, como se dixeramos, a vida á francesa, non atopará a súa verdade; non convencerá nin aos galegos nin aos franceses. Neira Vilas revela ter conciencia desta realidade. El ben sabe, por experiencia sufrida, que Galicia deixa calco, que todos os galegos a levamos na alma, e que vive en nós inda que non queiramos. Emporiso amosa, como narrador, unha enteira fidelidade ás esencias da súa caste; pero, claro está, sintonizando o pulo da creación co ritmo do tempo que lle tocou vivir. Hai, xa que logo, escritores que á hora de crear demostran ter confundido o folklórico co transcendente; outros, pola contra, desprecian, por miúdas e anecdóticas, realidades cotiás do noso carácter que constitúen mesmamente o propio cerne. Mais Neira Vilas consegue alonxarse, con bo criterio, de ámbalas dúas tendencias.


En Xente no rodicio, o autor xuntou vinte pequenas historias onde o rumor humano anda a crear notas novas, sendo notas de sempre. Nelas evidencia que ten arte para contar, para evocar. Máis que adicación a describir ambientes e escenarios, ten facilidade, ten estilo; ten, sobre todo, inda no realista, fantasía. Doutra banda, os contos que compoñen o volume, am osan esa mistura de desengano, humor e piedade, tan de agora, e que tan ben resulta cando é verdadeiramente sentida. Neira Vilas revela padecer esa orientación ao triste, ao frustrado, ao amargurado da vida, tan típica da literatura do noso tempo. 0 estilo de evocación por medio de alusións e de axeitadas sensacións de detalle, de intres fuxidíos, de notas de cor, é quizabes un dos maiores engados do seu xeito de escribir. Manexa luces, coces e sons con moita arte.

Velaí o fermoso conto co que se convenza o libro: O do muiñeiro que pasa o tempo no sentadoiro de pedra da porta do muíño, despois de ter perdido o goberno deste. Ou o que protagoniza Andrés, a quen unhas palabras clarexadoras o alonxan da idea de se suicidar. Ou o que relata o drama de María, de ollos cheos de lembranzas e de ilusión que se apagaron no mesmo intre no que soubo a morte de Afonso. E ese da serra, escintilante, que se volve rubia co sangue de Fragueiro, cando a Ramón se lle creba a harmonía da vida como un espello en cen anacos ao saber a traición de Carme. E o de Lucinda, contando o seu tristeiro destino de pendonga. E aquel das catro rapaciñas que, cada sete días, baixan ao adro para líe poñer cara veis, margaridas e xoguetes ao irmanciño que nacera monto.

A técnica que Neira Vilas emprega para estes relatos áxéitase con moita soltura, concisión e sobriedade, ao desenrolo dos mesmos. Semella ter procurado, dediante de todo, eliminar elementos superfluos. E inda que neles se adiviña un insidioso transfondo de lecturas, o acento persoal do escritor aparece sempre alertado, sobrepoñéndose a calquera influxo alleo. Escribe, o narrador, unha prosa galega de léxico ricaz e de quente sustancia; é a súa unha Pala natural e expresiva, dotada de celmosa plasticidade e de boa freba lírica. Pero, ademais, o libro mantén uns valores creativos derivados da participación na vida, e do interés por afondar na problemática do home e do mundo galegos. Os procedementos construtivos dos que o autor se vale, correspóndense cos que predominan nos contistas de arestora: ambiente esquemático, estilo rápido, mergullamento do lector en augas rítmicas e arrapiñadoras.

Xente no rodicio, é, ao cabo, un libro moi galego e moi dos nosos días. Neira Vilas dá fe nel dun estilo moderno e eficaz. Porque estilo equivale aquí a cadencia, ritmo, retorno obsesivo do xesto e da voz; o que alguén ten chamado reiteración da propia posición dentro da realidade.