Juan Sebastián Bach tocaba
mentras eu bañábame no Ganxes
e a miña sangue volviase escuma
pra chegar a cabalo de Neptuno
ata a praia da Area Grande.
no confín do paradiso de A Guarda.
Deiteime sobor os teus beizos de area
e o sol reflectia o sal dos meus ollos
po-las tuas pedras.
Lembreime dos amores tolos de Delmira Agustini;
e das fermosas cancións de Bob Dylan, que resucitaban o amor.
Tamén me lembro das mañans ledas,
que ollaba dende a ventana da miña casa da Estivada,
namentras no eido, nas maceiras e nas figueiras,
cantaban os sílgaros e os merlos o seu concerto cotián.
Ahora camiño por Broadway, e penso que somos sombras
de todo-los camiños.