MARIOLA
cronoxogo diédrico
ELA debuxa unha mariola nun panel do fondo do escenario. EL, inmóbil e alonxado dela, observa.
EL.- Cando EI-Rei por aquí pasou...
ELA.- ...tódalas damas em-pre-nou. Tócache..
EL comeza unha danza-xogo, ó cal ELA non tarda en incorporar-se; bailan en imaxinarios espacios cuadriculares, de rnaneira alterna ou simultánea, mais en constante desencontro físico. Por veces fano á pata coxa.
Semellan por un instante buxainas adorrnecidas. Silencio. Espertan sobresaltados.
ELA.- ¿Onde estamos?
EL.- Non sei... Lonxe...
ELA.- Non se oe nada...
EL.- Non... Nada.
ELA.- ¿Amàmonos...?
EL.- Non, non... Aínda non.
ELA.- Prometéchesmo.
EL.- Si. Cando cheguemos. Recórdao ben.
ELA.- ¿Falta moito?
EL.- Non... Supoño que non...
ELA.- Aínda cheira...
EL.- Si... Aínda...
ELA.- Pero menos abafante. Moito menos.
EL.- Claro. Ves...? Tal como eu che dicía.
ELA.- Si...
EL.- De contado desaparecerá de todo.
ELA.- ¿E logo arrecenderá?
EL.- Divinamente.
ELA.- Oh... ¿Cando?
EL.- Cando cheguemos. A terra...
ELA- Que...?
EL.- O ar...
ELA.- ¿Como...? EL.- A auga...
ELA.- ¿Como, como...?
EL.- Os froitos...
ELA.- Dimo..
EL.- Sobre todo, os froitos...
ELA.- Que...? ¿Como...? Dimo...
EL.- A natureza enteira...
ELA.- Dimo. Dimo xa.
EL.- Xa cho teño dito.
ELA.- Repítemo. Necesito escoitalo. A miúdo. Necesítoo. Dame enerxías.
EL.- De acordo... Pero só unha vez máis...
ELA.- Si, si... Veña... Xa... Dío. Veña.
EL.- Proporcionan... acougo...
ELA.- Oh... Acougo... ¿Existe de verdade?
EL.- Pois claro.
ELA.- Que sorte...
EL.- Si...
ELA.- ¿E o lume...?
EL.- ¿Que lume...?
ELA.- Pois...
EL.- Non hai lume.
ELA.- Ah. Mellor...
EL.- Faise tarde.
ELA.- Pois bule.
EL.- Xa bulo...
ELA.- Un, don, din, colorín, colorete...
EL.- Estaba a raíña no seu gabinete.
Ela muda de espacio.
ELA.- Eu estaba alí. Si... Alí. Dende había moito. ¿Eu? Si, si... Eu mesma. Estaba alí. Vivía alí. ¿Alí? Si, si... Alí mesmo. Xusto alí. Nacera alí. Medrara alí. Casara alí.
EL.- Alí...
ELA.- Eu mesma.
E1.- Ti.
ELA.- Eu. Estaba alí e non estaba soa_
EL.- Ti non estabas soa.
ELA.- Tamén estaba el.
E1.- El.
ELA.- Dous fillos. Dous. Meus.
EL.- Teus.
ELA.- Neno e nena. Alí... Todos... Eramos... Tamén papá e mamá. Meus. Un irmán. Casado. Tamén. A cuñada. E as tías. Tres. Tres tías. Cinco curmáns, un sobriño... E amigas. Moitas.
EL.- Moitas.
ELA.- Unhas dez ou doce.
EL.- Doce.
ELA.-Ademais de a súa mamá e o seu papá. EL.- Teus sogros.
ELA.- As súas tías, os seus irmáns, os homes ou mulleres dos seus irmáns.
EL.- Catro.
ELA.- Os seus sobriños, os seus curmáns, os homes ou mulleres dos seus curmáns...
EL.- Sete.
ELA.- Os amigos, coñecidos, veciños...
EL.- Moitos.
ELA.- Eu nunca estaba soa. A única soa era ela. A lúa. Moitas noites. Moitas. A lúa. Compañeira.
Choutan dunha casiña a outra.
EL.- Doce meses ten o ano,
catro fases ten a lúa,
sete días a semana;
non hai vida como a túa.
ELA.- Eu. Alí. Sempre.
EL.- Alí.
ELA.- ¡Quen me dera aquí... ou acolá! ¿Eu...? ¿Esposa? ¿Nai? ¿Filla? ¿Nora? ¿Tía? ¿Cuñada? ¿Sobriña? ¿Curmá? ¿Parente? ¿Amiga? ¿Veciña? ¿Qué?
EL.- Todo.
ELA.- ¿Compañeira? Eu, ti, nós, vós...
EL.- Bule.
ELA.- Conducir.
EI.- Bule.
ELA.-Traballar, competir.
E1.- Bule.
ELA.- Calar, producir, obedecer.
EL.- Bule.
ELA.- Suar,gañar, superar. Cumprir.
EL.- Bule, bule.
ELA.- Mellorar, ascender...
EL.- Bule, á présa, bule.
ELA.- Cumprir, superar, gañar, suar.
EL- Bule.
ELA.- Volta a ascender.
EL.- Bule.
ELA.- Dez horas, cincuenta horas, duascentas horas. Por cinco días. Por catro semanas. Por doce meses. Por dez anos. Milleiros de horas.
El.- Horas, días, semanas, meses, anos.
ELA.- Vinte anos. Trinta. Corenta.
EL.- Trintón, corentón. Sesentón.
ELA- Pasaxe...
EL.- Axe, axe...Romaxe.
ELA.- Maquillaxe.
EI.- Axe, axe.
ELA.- Cociña, frega, lava, prancha.
EL.- Vantaxe.
ELA.- Limpa.
EL.- Axe, axe.
ELA.- Maquilla, viste, seduce, ama.
EL.- Illa
ELA.- Maquilla e desmaquilla. Viste, ispe.
EL.-Redonda
ELA.- Compite, ama, cociña, ascende.
EL.- Senlleira.
ELA.- Manda, frega, obedece.
El.- Núa.
ELA.- Cala. Limpa e cala. Compite e cala. Ama e cala.
EL.- Deserta.
ELA.- Ama. Cala.
EL.- Completa... mente.
Reviravoltas.
ELA.- Un avión americano, ¿cantas bombas guinda ó ano?
EL.- Control.
ELA.- Teño medo.
EL.- Peso.
ELA.- Teño medo.
EL.- Medidas.
ELA.- Teño medo.
EL.- Dietas.
ELA.- Teño medo.
EL.- Tratamentos.
ELA.- Teño medo.
EL-. Masaxes.
ELA.- Teño medo aquí.
EL.- Hidroterapia.
ELA.- Teño medo sempre.
EL.- Lamaterapia.
ELA.- Terei medo alí.
EL.- Aeroterapia.
ELA.- Sempre. Medo. Sempre.
EL.- Celulite.
ELA.- Medo a vós. A todos. Vivo aquí. En paz. Pero teño medo.
EI.- Liposucción.
ELA.- Medo a nós. A todos. Aquí vivimos en paz, pero teño medo. A nós. A todos.
EL.- Prótese. Bisturí.
ELA.- Medo a ti. De ti, para ti, ante ti, por ti...
EL.- Lipo-estética. Láser. Lipo-láser
ELA.- Medo. Medo ós pais. Medo ós fillos. A todos. Medo.
E1.- Carne. Lipo-carne. Lipo-bisturí.
ELA.- Medo á paz. A esta paz. Aquí. Agora. A paz.
EL.- Lipo. Sangue. Lipo-sangue. Láser. Bisturí.
ELA.- Medo a min mesma. Tamén. A min. Mesma. Eu propia. De min. Medo.
EL.- O noso rei foi á guerra montado nunha cadela; a cadela escarranchou, O rei noso alí quedou.
ELA.- ¿Quen es ti?
EL.- Eu son eu.
ELA.- Sálvame.
EL.- (Ri.) Escoita. ELA.- ¿Xa chegamos?
EL.- Debe faltar pouco.
ELA.- Cara onde...?
EL.- Agarda... Por aquí...
ELA.- Por alí...
Semellan estar perdidos. El tenta orientarse. A danza tórnase espiral e labiríntica_
ELA.- O noso rei foi á guerra.
EL.- Nun avión americano.
ELA.- Santo, santo, corto e sano.
EL.- Un gato caeu nun pozo.
ELA.- Arco da vella vaite de aí.
EL.- Un bala de algodón.
ELA.- Soa.
EL.- As tripas fixeron gua...
ELA.- Un, don, din...
E1.- Unha fragata ía polo mar.
ELA.- ¿Sabes ti onde estoupou?
EL.- Fóra canón, chis pom.
ELA.- Suar, gañar, subir... Obedecer.
EL.- Celulite.
ELA.- Ama e cala.
EL.- Bule.
ELA.- Medo.
EL.- Terapia.
ELA.- Redonda, limpa. Alí. Soa.
Muda a danza. Predomina o chimquilipé. Semellan retroceder.
EL.- Acougo...
ELA.- Dío. Veña.
EL.- De acordo...
EL.- Xa cho teño dito.
ELA.- Dimo. Dimo xa.
EL.- A natureza enteira...
ELA.- Que...? ¿Como...? Dimo...
EL.- Sobre todo, os froitos...
ELA.- Dimo..
EL.- Os froitos...
ELA.- ¿Como, como...?
EL.- A auga...
ELA.- ¿Como...?
EL.- O ar_..
ELA.- Que...?
EL.- A terra... Cando cheguemos...
ELA.- Oh ... ¿Cando?
EL.- Divinamente.
ELA.- ¿E logo arrecenderá?
EL.- De contado desaparecerá de todo.
ELA.- Si...
E1.- Claro. Ves...? Tal como eu che dicía.
ELA.- Moito menos. Pero abafante.
EL.- Si... Aínda...
ELA.- Aínda cheira...
EL.- Non... Supoño que non...
ELA.-¿Falta moito?
EL.- Si. Cando cheguemos. Recórdao ben.
ELA.- Prometéchesmo.
EL.- Non, non... Aínda non.
ELA.- ¿Amámonos...?
EL.- Non... Nada.
ELA.- Non se oe nada...
EL.- Non sei... Lonxe...
ELA.- ¿Onde estamos?
ELA.- Tócache... Tódalas damas em-pre-ñou.
EL.- Cando E1-Rei por aquí pasou...
Detéñense. Reparan en algo fóra do escenario. Alégranse. Diríxense como extasiados nesa dirección. Saen. Estoupido. A luz é cegadora. EL regresa coa cabeza baixa. Borra a, mariola. Escuro.