Na
memoria e nos versos de Uxío Novoneyra
Era tal vez lugo, o ballet da nena que aínda xira con esa fame
insomne que
traza o circo, e entrar o pé nese circo para
non sair e para sempre.
Algo que tamén é lingua,
calquer outra lingua que non esqueza os nomes onde só queda
alguén para dicir
eses nomes.
Era tal vez outro destino para non ter que dicir tanto. Era tal
vez outro circo.
Pero aínda que tenso a sintaxe para non perder, e aprendo a
loitar entre liñas,
ela esperta con outra fame que tamén é lingua,
outra lingua que apenas menciona nada,
que se esforza unicamente para non dar nomes.
Precisamente para non sair.
Trazar para sempre un círculo implacable
mentres mamá insiste na conciencia,
asumir esa conciencia mentres insista.
Era tal vez outro destino sen esa fame. Era tal vez un circo
traicionado.
E asumir tamén esa traición.
Intuir que esa traición tamén é lingua.
Porque nós, débiles á forza e exhaustas, estructura ósea de
anemia, carencia ou metal,
extracto da pel onde se araña outra, extracto e aria,
queriamos tamén esa extensión vingativa que era reino,
que se mesturase o noso sangue coa luz do día e que se botase a
perder,
porque nós, que descargamos a conciencia nunha terra que non
sabe mirar,
que danzamos un circo imperfecto de voces e palabras,
que ás veces o traicionamos todo,
sabemos que o grande é preciso,
sabemos exactamente ese cisma.
Sabemos que era verso.
Que era tal vez lugo. Un circo dela
onde ela aínda danza.