Así foi o principio do día.
Mesta coma esta praga de nomes incribles; por exemplo, a min,
dicíanme damea, a escrava, a única tormenta; e a ti,
un nome recortado sen sentido. Así foi o principio do día. E
non sei por qué che conto isto, pero estou segura de que ti xa
esgotaches unha vez máis a túa lingua estraña de estrañas, e
estráñasme tanto porque aínda son quen de botalas a perder e
tirarlles o creto sen pensarte sequera (sequera estas liñas / ou
estas mesmas esposas) Polo demais, xa tiña escrito isto antes de
que marchases, sabía ben como dirixirme a ti a pesar das izadas,
destas rúas que suben e baixan e ás veces tamén comigo (comigo, que perdín a memoria porque nunca aprendín a negarte).
Así foi o principio do día. Limpei as palabras para que se fosen, e xa só esta inimiga que apenas alenta, esta mesma inimiga que algunha vez pedirá por min Abandono esta lingua imperdoable agora que entendo que tampouco era miña. A miña lingua sabería volver. (E vai mediado o inverno, apenas chove este ano, no mes que entra cumpro os vintecinco) |