I
(palermo)
Não
desejais, minha irmã, que nos entretenhamos
contando
o que fomos? É belo e é sempre falso...
(...)
Falar
no passado -isso deve ser belo,
porque
é inútil e faz tanta pena...
Fernando
Pessoa
donde
hubo patio quedan escombros
Jaime
Roos - Pirucho
|
o
noso patio tiña fentos
pardais
tamén
canarios
tiña
moitas portas
que
escondían dentro o meu
medo
de neno
as
do fondo
se
cadra nunca cheguei a velas
alí
onde as paredes
caían
xa de tanto balor tanto verde
o
noso patio tiña unha escaleira
para
ir á terraza con gatos
tiña
tamén un can
e
unha avoa
ata
que os anos fórona gastando
e
ela mudouse á cociña
máis
tarde ás habitacións
un
día perdinlle os pasos
seguramente
foi a algún sitio
lonxe
de máis para os meus pés
pero
aínda moitas portas
quedaban
sen abrir
tantas
celosías
pechos
con ferruxe
mira
dicíalle
eu
na
miña lingua políglota
de
ano e medio
mira
a lúa
e
pasaba un tren
II
(coghlan)
eras
como el paisaje
de
la melancolía
que
llovía, llovía
Cátulo
Castillo
|
o
bater
minucioso
do río no farallón
é
un reloxo da cidade gris perla
na
mesma imaxe
hai
un pescador quieto
ritual
o
teu corpo
hábito
sagrado
III
(distancias)
¿Regresará
el látigo de la calma?
Harry
Almela |
se
tiveses na man
margaridas
e non papeis
e
palabras e cansazos
se
da túa lingua
esquecida
medrasen
nogueiras
con noces cheas de mel
se
nacesen no ferro
da
cociña outonos
rousinois
no beirado
se
acubillasemos
entre
nós entre os nosos
corpos
azuis
non
dous
senón
seis ou trece gatos
o
meu corpo
é
pequeno títere sen dono
durmido
baixo
a
chuvia lila do xacarandá
ben
visto
nin
con bendicións
nin
con cariño ou maledicencias
resucitará
a miña alma
fáltame
un ollo
de
vidro e varios fíos
se
é que non os levou a maré
esmorecen
cubertos de lique
IV
(soidade)
fala-me
de amor
songes
et mensonges
Chico
Buarque |
camiño
de noite
bordeando
o xardín botánico
e
conto gatos
un
que a nai era persa
pero
o pai non
un
gato negro que dá mala sorte
pero
non se decata
un
do antigo reino
de
siam ou de calquer outro
un
gato tipo gato
con
raias de tigre pero gato
e
un gris que me mira
gris
como
esta lúa
empresa
difícil
dar
coas indias
atopar
a túa boca
no
mar océano
|