Centro de Documentación da AELG
O lago das garzas azuis
12 de decembro de 1999
Vázquez, Dora
Autores/as relacionados/as:
Fonte: O Correo Galego

Na singular obra de Alfonso Pexegueiro El lago de las garzas azules, encontramos o que poderiamos chamar "Prefacio", como un anuncio do que irá presentar na súa bela obra sobre os nenos, onde cada poema é coma un conto, ou un conto en verso de delicado llirismoinspirado nos nenos. Así ternos o corito dos nenos Jugando entre los árboles, do ancián de "Barba Larga", que lles contaba contos ata que durmian, e nais que os poñían "con besos junto al sueño/ hasta el amanecer...".

"No libro de Alfonso Pexegueiro sobre os nenos, cada poema é como un conto, ou mellor, un conto en verso de delicado lirismo inspirado nos mesmo rapaces"


Nenos que eran os nenos de todo o mundo que antes viviran felices no lago das garzas azuis, ata que o ancián das longas barbas lles contara que chegarían "sociedades frías de lejos y cobardes/ que secarán el lago y matarán a todos los animales de sed y hambre"... E os nenos que xogaban con eles entón tiveron medo "y algunos lloraron". E segue o conto do deserto, e dos nenos da fame, e tamén El niño del cuento, que me faría evocar aquel poema en prosa do poeta Rabindranaht Tagore La flor de Champaca, do neno que quería converterse nesa flor por amor á súa nai.

É un libro-denuncia que remata cunha relación de casos ocorridos ós nenos, que nos fan meditar na dolorosa situación que viven os menores en moitos países do mundo" 

Si; parecidamente a aquela historia do hindú Tagore, o noso do conto do lago das garzas azuis tamén lle pregunta a súa nai: "Madre, aquel niño que intenta reírse jugando, ¿no crees que se parece a mí? ¿Por qué se muere aquel niño, madre? "
E logo vén o conto de El cuento de la ciudad y los ruiseñores blancos, especialmente dedicado para os nenos que se vían polas rúas do Brasil, dos que contaban —"que eran niños nacidos para morir antes de tiempo". Nenos nados na pobreza, que se tiñan que facer delincuentes para matar a fame, e que unha vez "se habían puesto a cantar por la noche/ y los mataron ".
E seguía o outro conto do lago onde as garzas azuis ían beber e con elas tamén os reiseñores brancos, que eran os nenos e nenas que fuxían dos cazadores que carniñaban na procura deles para matalos, ou vendelos e con eles traficar, pero non conseguiron encontralos, pois o "Lago de las garzas azules" estaba debaixo das arcas dun deserto, ou tal vez no mesmo centro "del corazón del sol".
E o vento, na Canción de Europa. Non había vento aquel día "cuando los hombres de Europa gritaban o cantaban: ¡Naranjas y tomates!"... No Mercado de Europa non había vento: " Y los niños del viento./ Los niños del hambre/ no pudieron oír a los hombres/de Europa cantar:/ ¡Cerezas y pescado!.. ¡Y por culpa del viento/ los niños de África se murieron de hambre!/ ¡Por su culpa! ".

"Nenos, protagonistas principais coa súa tristura, a súa pobreza indixente, coa desgracia da dura proba de existir nun mundo cheo de guerras por aquí e por acolá"


Unha historia triste moi belamente escrita por Alfonso Pexegueiro. "sobre unos niños que se mueren de hambre y de miedo allá lejos, en tantos países, y aquí, cerca, en tantos pueblos...". Nenos, protagonistas principais coa súa tristura, a súa pobreza indixente, coa desgracia da dura proba de existir nun mundo cheo de guerras por aquí e por acolá, con destrucción e miseria, pranto e morte de maiores e de nenos, en partes definidas dos continentes a onde non pode chegar con facilidade coas súas as, a pombiña mansela da paz para darlles alegría, pan e ventura a entes nenos que buscan o lago das garzas azuis para poderen xogar e rir libres cos reiseñores brancos, e estudiar, correr e divertirse sen medo a ser enganados, prostituídos, pervertidos, conducidos ó mal ou á morte polos homes de mala vontade, as guerras ou á miseria.
Remata esta obra sobre a triste infancia con La Prensa del cuento, que fai unha longa relación de casos ocorridos relativos ós nenos, publicados en diferentes prensas españolas coas súas datas e títulos dos xornais, que nos fan meditar na dolorosa situación dos menores en moitos países do mundo. Alfonso Pexegueiro fixo un bo labor con este libro-denuncia: El lago de las garzas azules.