Centro de Documentación da AELG
Fíos - San Manuel Bo, mártir
Varela Puñal, Diana

SAN MANUEL BO, MÁRTIR

Hei loitar contra a dor coa armadura que alguén me prestou,
que ninguén coñece o inimigo como eu o coñezo:
aprendía precoz que a misión de absorbela comeza e remata en min.

Transformarei en ledicia todo o que vexa, todo o que sinta, todo o que toque.
As miñas palabras arrepiarán a serpe ata consumila.
que o meu é un canto de redención: ego te absolvo de sufrir,
un credo nos paxaros que escoito desde a cama
e nos cachiños de mar durmidos nos labios da primavera,
un himno ó sol, xazmín e á choiva.

Hei cantar mentras viva ó arrecendo dos días,
que o meu é un canto de ledicia,
de esperanza terreal, de salvación.