Outro mundo, outro amor, outro desexo
Sabemos que a poesia non e unha provincia das ciencias naturais e se cadra ó o contrario: un exercício contra o
significado anterior e unha ruptura contra a razón común das palabras. Claro que esa invitación a avanzar sobre a n boa, a
encher o fondo dos ollos con formas e lifías que antes coidabamos que non existian, ten que se facer cos sistemas de navegación convencionais.
Cesáreo Sánchez saca a luz esta paradoxa central da lingua poética cande di que "todas as cousas tefzen a sua imaxe mas
cando tento explica-la perde-se no silenzo". A poesia e o non visto que está baixo os signos universais do idioma pero
quen queira desvelalo non poderá farelo con outra ferramenta que non sexa a língua.
É esta a primeira batalla do poeta: o seu compromiso de escreber contra o efecto de superficie, de facer de poceiro baixo a terra dos significados establecidos, de xuntar conceitos e imaxes sen relación aparente para desvelar o seu volume
conxunto que ten, gracias á nova visión, unha comprensión distinta. É unha tarefa de heroi, tan desmesurada que alguén pode) entender ao poeta coma un tolo que baralla os sentidos certos e concretos das palabras. Precisamente é todo o contrário porque o esforzo criador vai dirixido a reconstituir o tesouro enorme da correspondéncia entre o que s e di e o que verdadeiramente é.
Entendo a poesia de cesáreo Sánchez desde esta anti-elocuéncia básica e desde a confesión franca e honrada de que os
materiais cos que traballa non son distintos dos que nos comunican no elemental e na experiencia conBecida e común. Dinos que a poesia non é retórica, que non é traslación mecánica dos significados, que non é ilusión pero tamén que é necesária. Siléncios e conversas de inverno, Antonte das salmantigas, 0 cántico da fonte, ortigas da memória, Mar da fin da terra, o rostro da terra, A Arvore das sete palabras e Do olvido o rio fozinian un ciclo de terra, auga e mar no que o propósito é de escala maior pero as palabras coas que se cumpre son próximas, coñecidas, noras. Esta desproporción entre o signficado e a foima actua como metáfora externa de grande poténcia, na que a lingua abrolla levián, non estorbada, en caudal.
Renunciando ao ton maior, a pesar da delicadeza das palabras e de o poeta manter fora do seu territorio atallos e complicaclóns na estructura, o leitor, con todo, comprende de primeiras a tensión enormes dos versos. Se Cesáreo Sánchez non me ten a mal que desvele un segredo a voces, o que fai e lembrarmos que todos os dias pasan os nosos ollos sobre un pais e que a imaxe que nos devolve a visión cotián pode corresponder a outra realidade. Existe outro mundo por baixo dela apariéncia. Non se trata dun espazo mítico, como pretendia Risco explicarnos ao falar da lagoa de Antela, se non de algo que convive con nos, que pulsa na memória da paisaxe ainda que a ten'amos deformada fisicamente ou
banalizada. "A luz a se cernir como sen tempo, nenn s igni f icac ion . Con petrificado xesto, pensas en contra da corrente. Viaxas á deriva. Afundes-te se cesas. Paseio os teus espellos cando non paleio. Algo levas do Alguen que en Ela habia como xa acontecido. Coñezo-te so no que eu sinto ao camiíar as mesmas ribeiras que Ti camiñas".
A metáfora elemental é que existe outro mundo, outro amor, outro desexo baixo as configuracions de curso e os significados feitos e concluidos. Non están fora das palabras, do idioma concebido como referendo por antonomásia, senon dentro.
A poesia de Cesáreo Sánchez ten para min esa marca de lei e de grandeza: que nos aprende* a romper o aparente coas mesmas palabras que o configuran.
Gustavo Luca de Tena