XI |
O vento muda as páxinas do
pasado, do que vexo e digo.
A palavra antiga dorme o sono da Pedra Xacente desce muda sen
voz,
a cegas recoñece o Corpo que digo e calo.
Na distáncia fala do ser en que me recoñezo. No Torreón
dos Andrade
camiño
e non camiño, sigo as pegadas das sombras de antano.
O corpo do Distante, ermético Pontedeume garda a
escondida memória,
escrebe
as suas paredes vive tamén no escrito.
A branca luz do dispois no seu morrer demora-se sen se atopar.
Non
estivo nunca.
Camiño e só alcanzo o que soño e olvido. Un ceo de nubes beixa
a
frente os lábios de Guenevra.
Terra de pensamentos cóncavos, baixo soportais de luz penetra
a
sombra.
A noite de Evadne vén desandando para o albor. As
árvores
adormecidas
esta primavera abrollan.
Murmura a mañá o teu nome no ceo, penetra en min, deshabita-
me,
desliza os seus paxaros, o teu latexo de luz íntima.
As follas agroman son desasosego. A vida imortal da vida sosega
nas
asas do vento.
A névoa augura o cercano e todos os signos corais da memória
e
todas as figuracións.
Ultimas as sementes da sombra despertan e ti creas o espazo,
neste
dia de abril e penso este regreso camiño de Betanzos.
Andel
Declina o sol xa regresado. Abre a
luz a tua entraña
viva. As maos estendidas abertas ao
tempo, a unha outra luz,
fan-se corpo desnudado. A duración
da transparéncia
A melancolía do mencer mantén os
ollos os abertos. Non digas
o latexo, olla o Rostro da Chuva.
Non digas nada.
Baxoi
A chuva tende-se apracível nas
herbas do rio a nos pensar
Criatura de reflexos creada do
pensar. Matinal auga
de branco cachoar, espella a Ponte
Ferida, húmida cintila
as palavras que se forman
corporais. Entro na brancura
do xemido como se a voz non poidese
dicer este abandono.
Miño
Escoito lonxíncua a canción do
pescador. A primavera
camiñando pola rua vén, construe
a sua casa. A escrita
da história esquece o seu nome, na
liña da praia
envolve con nitidez abstracta a
liña do mar
envolve e nos dedos esquece a
memoria dos sentidos.
XII |
Escoito voces lonxíncuas. A
memória da améndoa envolve
nas
augas do Mandeo e do Mendo é lugar
de soa transparéncia, é o corpo onde nada morre.
Vai-se facendo só materia soia, cinza da noite incinerada. Maio
chega
co
seu dia sexto acolle-se no regazo da Virxe do Camiño.
Canta o merlo e estou só. En van busco a Parsifal: a
miña sombra
errante.
Levanto as maos para tocar as estrelas acendo -as ao nada desta
noite.
Penumbra iluminada, o recinto último desta hora acolle o
murmúrio
dos
rezos.
Como unha mao indolente, soñadora a tua macia xeometria como
unha
sombra, na fronteira da luz vai para outra sombra.
Entras na mudez dos rostros, no seu nocturno e pálido reverso.
Dormen
as
campás.
O son de antano silenciosamente desaba noutro instante desvanece.
De moi lonxe veño da espiral do tempo inexorável.
Vou pola Ponte Vella, o seu rosto agretado olla-nos e
non nos ve
como
cego escultor.
Os arcos espellan-se no rio, son lua crecente co seu ollar máis
doce.
Pasan andoriñas e vou camiño de Bruma.
Limiñón
Vou polo teu van como por un rio.
Ollo para lonxe. Camiño
o medio-dia. A noite esverdeada
está dentro do Mero,
como a pedra cai na memória
húmida do rio. Dentro da ollada
de cada froito está a melodia
antiga que amo e todo
me regresa á súa orixe. Cain as
flores das acácias.
Carballal
Xa ninguén recorda a tarde lenta.
Cálida a chuva olla-se
no cristal dun soño, no ollar dun
ceo rasante onde non
hai ninguén. Nada do que fomos
seremos: Imaxes in-
descifráveis que non cambian, que
non deben ser ditas, rotas
borradas imaxes ausentes que non
parecen lembrar.
Presedo
O sol mostra-se cobre-nos de
doirado orballo.
Desde o siléncio piñeiros e
castiñeiros tornan máis evidente
a soidade. A sua silueta ven
camiñando cara min
sei da sua ollada turba de mel.
Digo un nome
xamais pronunciado, mais ninguén
sae da sombra.
XIII |
Ven de nascer o dia, lava-se como
quen nasce. Cresce, eleva-se
no
invisível, leva-nos.
A escrita posivelmente extinta neste decimo-quinto dia
é o
que de nós ficará.
Quen me separa de min en Buscás. Cubro-me con densos
lenzois
de
orballo.
Acompaña-me a lua. A noite fala á noite. A aurora soñada será
o
soñador .
De cálida luz limón, a cor será ceifada flor a flor. Nas gotas
de auga
que
recollo, cintila a primavera. Bebemo-la os dous.
O mundo reenxendra-se nas cousas non ditas. Reenxendra-me
onde
nunca tiña estado.
Por secretos camiños desperta a noite de negra seda no ollo da
rula
e na
nosa mao fai-se soidade.
Vou deixando tras de min a voz que, diante miña, na memória
do
camiño, escoito.
Na escura matriz onde estarei defendo-me do Home Salamantiga.
A esta noite con balsamo humedezo, a sua pel animal. A estrela
fulgurante
disputo a un deus, vestido de húmidas nubes.
A chama do bosque consome o seu esplendor de auga viva.
As árvores imobeis ollan cun sol nas pupilas o noso camiño
interior.
Entre
os meus lábios, un lírio aberto e un espello en preamar.
Camiño de Compostela no quinto mes vou, sobre alfombra
de cinza.
Ponte Vilariño
Prosigo só o meu camiñar. Entras
na noite como en ti
A hora azul, respira é un poema
breve e tenso
e na auga fai-se noite e o rio no
mar lento. A mañá, hermético
oráculo, enxendra o meu camiño e
toda noite que virá.
O vento cos seus pés descalzos
anda un primeiro arco-iris.
Poulo
Celeste a tarde segue-nos até esta
tarde cos seus vivos
e os seus mortos. Toda a chuva cai
silenciosamente,
nas follas crea, entre dous
siléncios, a forma do dia, cun siléncio
de humido rostro crea o sol e a lua
que hai dentro do xasmin.
Estou, son o visíbel e o pasado e
o porvir.
Ponte Pereira
O ceo revoloteia arde as suas
mapoulas. No iris
das sombras busco o Segredo, nos
teus cristais de rio busco
a imortalidade. Anxo era no seu voo
o dia, alto e calado
rasga a pel do ceo. Apenas sei
pronunciar-te e transformas-te
nun punto fixo da memória, na
palavra que é sensación.
XIV |
En Tui escoita-me o rio
onde nasce a Muller Mariña cal sexa
o seu
nome.
Chuva miúda de primavera atravesa a visión, construi a cidade,
é o teu nome.
A lua mingua, ilumina a Catedral no vixesimo-cuarto dia,
garda
imaxes procesionais nos seus ollos vacios.
Pintamos en azuis de seda o sosego das casas onde nasce o
limoeiro.
O martiño peixeiro súbito mergulla. Cubro-te coa miña vida
e as
suas nubes altas.
O teu camiño sonoro baixo a ponte sobre o rio , agarda-me
co
seu silente ser.
A luz despertada e aqui, no meu andar agardo, na via romana.
Para que non te vexa o verao reaparece a palavra presentida.
Como cálido espello as andoriñas esvaran as augas,
o seu
delgado son.
A lua de Maio confesa-se ao rio que xa é do mar coas suas
figuras
silenciosas.
Entro ao camiño vaciado de si, imóvel. As árvores da praza
asombradas
de
paxaros.
Á porta da capela ves ti a ferir-nos de harmonia cos máis
cálidos
soños
e todo cesa e emudece no seu imposível.
Gota a gota cai a noite longa, volve-se claridade: o inasível da
camelia.
Coas Fillas do Mondego choro a morte escura de
Antigona, na sua
desamparada
fermosura.
Es lugar onde se encamiñan, moitedume, as cores, cobren o chan
as
pétalas do limoeiro.
Sinto o sopro perfumado da primavera ainda xoven. Ir ao nascer,
ser
apenas un breve instante:
Esta terra a máis bela e certa da que parto camiño de Redondela.
Vincios
Envolto no siléncio regreso, hoxe
é posível
un ceo branco de nubes que non
comeza nen acaba: Só escrita
da terra. A tarde é un anaco de
noite amañecida.
Camiño como sombra errante, entro
no infinito da historia,
digo-che con palavras breves cando
me sais ao paso.
A Capela
As volvoretas parpabrexan,
bañan-se de luar, veñen
nos pregues do dia aos teus
cabelos. A melancolía dos degraus.
A imaxe, policromada non lembra o
meu nome,
protectora de camiñantes, humedece
o meu ollar, deixa fluir
a vida, o camiño latente en toda
sombra e signo.
Ponte das Febres
Nas marxes deixas tan belos
recordos e lágrimas nos ollos
das nubes. Non ser do rio senón a
sua cor esmeralda.
Ali, onde a ben regada terra, es
memória
da destrución do tempo que contés
interior. A alma miña
coa sua máscara de porcelana
branca doe-se dos teus espellos.
XV |
No peto de ánimas o azul, nos
ollos sentes a escuras, en siléncio.
Co sol poente, o paporroibo regresa á vida despertada, o canto
alonxa
do
pensar un soño que fai sentir de cristal o corazón do home.
Abres ao mundo outra a tua porta, entro ao que non está. Veño
ser
no infinito que ensina a ouvir outra a voz e só é o seu eco.
En Redondela o teu ceo finxe a imposível melancolia. Na
fonte,
diante
da vida grava o seu ser o terceiro dia deste mes
é por sempre tempo escindido.
A tepeda estación despreocupada paseia polas ruas, tece
a sua
traslación.
Grato e lento o Maio desta estación. Descansa o vento nos
canavais
aniña
a tristeza deixa fluir a vida, á sombra dun paxaro azul.
A luz como fina chuva imita un vento a vir desde o olvido
e
entrar ao tempo sucesivo e ser un só instante.
Posterior ao Tempo ollo unha nube que paira. Chuvas de primavera.
Fértil a chuva lava o noso destino, responde á miña pergunta
mansamente
lava a terra.
Verde é a cor do teu canto. Só a terra é no teu viver
enteiramente
soa.
Leo o Livro do Desasossego, a sua escrita libera o
transcorrer,
alonxa-me,
coas suas azas camiño de Pontevedra.
A noite é bolboreta que nasce e morre que foi tarde e mañá.
Non chegar é encontrar o que me falta para ser.
Rande
Brancas nubes esconden o sol do
agora e aqui nas follas
dunha camelia. Xunto á auga, debil
son a imaxe do soño
veste-se co rocio. Xa é meio-dia
nas marxes. Chian os pardais.
Ah a mudez do soñador da vida
asolagada, secreta contas-me
a história, a sua iminéncia que
polas feridas entra dourada.
Catapeixe
Podo escoitar a música de seda das
nubes preguizosas.
Os ceos altos altos e branco-azuis,
non se repeten duas
veces na estación que enxendran.
Nascemos dun mencer
de macia luz, somos o posível do
imposível. Camiño e penso
vou cara a aquela claridade que
longamente regresa.
Cesantes
Adormece a terra, entre a bruma e o
dia avanza e quizais
non volva nunca xamais. Do ceo caen
cores ausentes. Das nubes
caen bágoas para estes ollos.
Polvilladas de ouro as horas
dun tempo onde todo está calado e
divide o presente
con lenta fractura. As aves de
regreso á morada púrpura.