O RUMOR DO DISTANTE |
I |
Entro ao Camiño que ninguén pode
andar. Entro ao mundo da infinita
inconstáncia.
Son Lancelot son o que non vexo e non: A montaña vacia.
No Porto do Acevo volvo soñar para ver o futuro e xa
sei o que está
lonxe e son o seu reverso que en
verdade vexo, mais só o invisível,
mais só o tan lonxe e sei o que está cerca, apenas brancas
nubes.
Na Fonfria estende-se o firmamento e cada nube pasa é
horizonte
indefenso, coas suas velas de
prata.
Nas ruínas do Hospital signos esquecidos do gris que ti
adelgazas.
Instante como luz de infinito o gris, ferido polo gume do
siléncio.
Un pequeno bando de nubes douradas, inflamadas polo sol poente,
envolve
alaranxado, tan pouco ceo.
Nada é tampouco senón a Realidade Inacesível, sen luz sinto-a
ainda,
nela recoñezo-me agora realidade e
escrita. Ninguén sabe.
O ceo coas suas estrelas.
Estás aqui, no mais aló Desta Luz no sulco do teu ollar aberto
sobre
o mundo, apareces-me. Unha pergunta
é o que vexo de ti,
que respira e responde.
Non só envolves o Agora no que non estou. Na pedra leo o meu
nome. Melancólico o inverno.
Gardador de recordos o teu rostro de névoa matinal arrecende
palidísimo.
Desde este dia vixésimo sétimo de Xaneiro terei que ensaiar
eternamente
o seguir nascendo.
Brumas na fria madrugada. Fria a chuva intemporal. Brilan ainda
as
estrelas.
Silvela
Atraveso verdes prados, ollo para
tras, canta neve
na Quietude do discorrer. A imóvel
paisaxe logo fai nascer
do vento do mar a nube, logo fai
emudecer. No interior
de cada cousa toda harmonia,
baña-se o azul na auga mais
recordada é o camiño perdido na
fértil matriz do mundo.
Póboa de Burón
Chove auganeve no camiño vacio.
Renasces volves
porque és. A sombra que foi,
fermosisima camiña
con pequenos silenciosos pasos
leves. Onde ir solitário
cando non se ten destino. Volvo
desde o Sur
para gravar o nome amado no lugar,
onde todo transcorre.
A Fonsagrada
Es como un paxaro sonolento a se
deslizar viaxeiro
que pousa sacode as suas asas e
volve dormir na névoa fria.
De algures a névoa dorme en
soidade cinguida
como a Fonte dorme no siléncio.
Estou aqui chegado
co mesmo siléncio, con estrelas
chegado de ningun lugar.
II |
Chego a Tras do Rio
encarno-me no seu recordo. Mostra a memoria
o
século.
Na paz da alta meianoite tapa-se a lua decrecente e voume onde ti
te
irás de mañanciña cedo, por vereas e camiños.
Errar polas casas vacias, como se todo busca-se que as habita
como se
agarda-se
ainda que as habite sen fin este ceo, que ten vida
e forma que é siléncio ou sol.
A mañá cedo acorda. De Castroverde parto ao encontro
das palavras
onde
a memória nega-se ensimesmada tras unha nube.
Escoito voces antigas lonxanas no Castelo dos Saloucos,
como crer
ainda.
O vento matinal, sen repouso e mudanza xeme a sua voz converte-se
no
limite do inverno. Na sua calidez, o ceo azul.
Atraveso as terras con quen aqui está até se desvaneceren.
Aparecen-
se-me
e dán-se-me.
Hai en min e na imaxe un Antes de que a chuva chegue.
Anoitece en ti a auga a lavar o xardin onde dormes con mansedume.
O inacabado: Todo chama a ser cando camiña. De un a outro lado
do
Siléncio Remotísimo.
Lonxíncuo movimento, somos os dous a mesma hora. O tempo esvai-
se,
dilue-se e queima nun longo soño.
Todo sucede ao que olla é todas as cousas. Cobre o ámbito
con
impalpável papel de seda.
Dormidas sombras douradas aos pés do inverno. Nada me procura.
A tua
vida interior cala na tua boca escura.
Retés-me aqui e prosegues e ante nós xace o eterno inacabado.
Estou
no
sexto dia de febreiro.
Esquezo o paso do tempo. O peso do tempo é neve a cair outra
este
inverno.
Recesende
Apresuradas sombras perden-se na
escura terra
xacen irreais. Somos o que éramos:
alba imensa: luz,
a sua imobilidade. Co vento leste
cain as horas
acumulan-se unha sobre outras.
Dormimos o que somos.
A luz aluvial. Onde non xaces sin
sol nin lua.
Moreira
Subindo unha corredoira, o
siléncio é a eternidade,
o presente tende-se sobre a neve,
as palavras envellecen-no
con tempo, permiten-lle ter alma de
domingo luminoso.
A igrexiña, o cruceiro, as
palavras humanas en soños.
En nome de quen acodes para dar
corpo ao seu vacio.
Nadela
Camiño unha vella calzada. Elevada
palavra inasível, o rio
anda tras de si é pérola na orela
da aurora. Soñar
despertar ao pasado o corpo que non
ten corpo. Unha ave
nocturna a si busca en ti, no
reflexo do inasequível. Sobre
a branca chaira paredes detrás das
que non hai nada, un rosto.
III |
Os dias lentos agolpan-se no
antano, neste Dia Imposível que xamais
existirá.
En ti busco o meu refuxio. Todo encontra a sua luz. Busco un rio.
Encontramo-nos, separamo-nos sempre. Non é senón unha antiga
palavra
que sabe que non volverá o mesmo azul
O ceo azul fermosamente adormecido de quieta luz. O ceo que non
é
senón
unha memória dos ceos en que me adentro.
Na Porta do Poxigo o espazo é proporción no tempo.
Como ave ferida cara á eternidade veño de nomear de percorrer
todas
as
luces.
O Gardador da Vella Lei trae na memória antigos sons as
perguntas
os
estremecementos.
No corpo cae-me o son dunha gota de chuva. Que será a sombra
que
a luz cinguida á sua sombra e lugar?
O ouvido pega-se á terra e escoita o murmurio dunha gota de auga
que
non morre do indicível murmurio da fonte.
As asas das palavras na Praza do Campo a voar sen voar.
O tempo é unha imaxe de Virxilio convertida en sombra
no
Bosque Sen Retorno que sempre e despois volve para ser
o rostro e quizais a eternidade.
O mencer anda a pasear polas ruas coas suas cores prateadas.
Melancólica a hora non está descre o tempo vivido a crebar na
sombra
de
quen ven de lonxe.
Podes atopar-me aqui mesmo a me transformar en ave que retorna
baixo
a tua própia forma, a dicer unha sua voz sen voz.
Saio pola Porta Miñá neste dia décimo quinto do
segundo mes.
A Ponte Vella
Deixo que o pensamento trascorra
cara onde corre o Rio
pola escrita, como pola sua sombra
errante. Volvo á escrita.
Na pedra romana os pes que o tempo
arrastra.
Os soños conteñen un racimo de
inexistencias. A vida pasa
na tona. Pola corrente fria navegan
palavras ou aves brancas.
Veral
Gardas recordos que ninguén sabe.
Soñas
que interpretas o teu próprio
soño. Se os labios calas,
o teu interior emerxe ao mundo:
unha sombra para ver
o ocaso no ocaso, a non-eternidade.
Unha outra chuva
intemporal cai sobre os corpos que
comigo camiñan.
Laguas
Na fenda entre o que ollo e o que
sinto o siléncio
afunde as suas maos e este inverno
branquexa.
Abrazo o que ollo e a terra máis
negra son eu e esta
é cara o atardecer. Chea de
dúbidas a chuva converte-se
en cinza como po dourado é a tarde
e ela é o meu corpo.
IV |
As améndoas dos ollos non me fan
a pergunta.
En Augas Santas estremecin e contei os fios da chuva que
soñaba ali
esperanzas
de augas azul-noite.
Camiñaba nada máis Camiño é iso o que me ten perdido.
Nada mais camiño, solitario trascendendo-me sen rumo, facendo-me
intacto,
son Fausto.
Sobre a medida do meu tempo sen memória sen lugar, xa nada é
como
antes.
Na memória dos outros dubidar ningun corpo regresa ao seu ser
verdadeiro.
Abolir os límites da dúbida, no seu insomne rosa.
Sen voar as asas, a linguaxe das volvoretas : Sen pálpebras o
inverno
coa
sua máscara de finísimo alabastro.
Un primeiro resplandor de alba traspasa coa sua luz os cristais
das
xanelas do Mosteiro Inexistente.
O tempo sobrevivirá-te. Alguén me dirá no fulgor do olvido.
E ninguén da miña vida, ninguén na casa do ser que foi Avalón,
cara
á
porta do dia vixésimo cuarto de Febreiro dirixe os meus pasos.
Merlan
Xiran as estacións e os dias que
non foron ou foron
doutra maneira. Xiran os ceos
rápidos ou lentos. Ollo longas
nubes luminosas que envolven
un reino indefinido. Invento
a espera mentres a camiño. A
soidade é como se o tempo
desandase a sua sombra e volvese a
andala de novo.
As Seixas
Canto máis camiño máis cores
acollo nas pupilas e os prados
e os pardais son os seus nomes.
Brancas son as nubes.
Unha terra imóvel tal como era no
seu presente. Un labirinto
de papel de seda, percorrido por
unha claridade, presáxia
o acabamento, a sua vida, a vida
parpabrexante.
Vilouriz
Nun manto de cinza ao final de min
mesmo maxino
un pobo de sombras e xa non están.
No camiño hai pouco
estaban. A luz, o cotidiano, un
rosto. Viaxa cara a si
a noite é bolboreta nocturna. Na
noite ouvean os cans.
No seu reverso escuro non se ouven
os pasos do destino.
V |
Vén de Ningures do Dia coas suas
asas de ave. Unha imaxe arde
nos
verdes bebe das tuas maos a cor e os ollos distraidos.
Faltaba-che dicer duas palavras máxicas da tua boca para nascer
o Rio
Eo que busca en van a noite que de ti bebe.
Nos resquícios deste instante, Ribadeo. Intermináveis
soños mensaxes
asinadas
no teu corpo desaban no mar de azul cantábrico.
De madrugada o espello do rio fai-me triste fai-me Perceval .
Esbaro
por un brando olvido.
Chove sobre a tua infancia miña e o seu cortexo de sombras. Na
terra,
as
petalas rompen en luz dourada. O segredo na palavra cai.
Único ser sonoro a luz da estrela é fulgor e terra e chora
lágrimas
de
luz. Chove sobre esta paisaxe intemporal.
Levemente tinguida a hora é de mañá. É o dia terceiro de
Marzo cando
a
chuva cai na chuva e o vento trae para min a canción do
distante.
Terra de ollos turbos, cincentos, de novo abertos a un presente
que
nos nega.
Regresas e somos o que fomos e o tempo fai-se nun só corpo.
Estas
aqui
co tempo que nunca se foi.
A luz do ceo é tan humana a luz que pasa e pousa na abóvada
do
ceo e perde os ultimos violetas. Comigo partes e non sabes.
Á sombra para sempre renúncio, ao seu pesado andar invernal,
á
sua vacia outra cara do ser.
No cimo do silencio. Vai sendo a hora de partir a Mondoñedo.
Obé
Na cunca do val o Nunca é para
Sempre. O Inverno
reborda un eco antigo e sen fin,
onde acaba o teu corpo
e comeza o dia que nos leva até
este dia. A noite apaga-se
diante nosa anega-se no teu corpo.
Non sabes
que existes, ollas, esplendes
imaculado o atónito azul
Vilela
Cambiante ceo de tintas azuis, a
noite vai-se e non se vai
e retrocede ao outro lado da noite.
Aberto a claridades
mariñas, o dia encerra nun grito o
Siléncio da Noite
e ninguén adiviña este ir
nascendo a cada dia.
Solitária a luz cai
silenciosamente, de ningures do tempo.
Cedofeita
Terra transcrita no mais aló da
serra antiga. Nua escondes
soños que ninguén maxina.
Escondes pálido un rostro.
Os teus recordos escondes, nun Ceo
Azul sen astros.
Entre as finas maos unha lua ainda
nova xaz na outra orela
deste dia. Arde sen repouso,
esfarrapada, a névoa.