SEN MEMORIA, A VIDA DORME
(CATRO NOTAS IMPRESIVAS DUNHA LEITURA)
Na mitoloxia clásica Mnemdsine personificación., da memoria filia de Urano e de Xea, -isto é, do Ceo e da Terra-, foi unha personare esenciaL Zeus fecundouna durante nove noites consecutivas e .Mnemósine deu á luz nove filias: as Musas É así que a Memoria era considerada nai da Poesía e das saías irmás, a Historia e as outras Artes.
0. Estas liños que seguen foron voz -xa ha¡ algún tempo, en Maio de 1983- nunha presentación do libro 0 Cántico da Fonte realizada na `Galería Sargadelos' de Santiago de Compostela. En Xuño daquel mesmo ano, lixeiramente modificadas, apareceron sobre o papel en "La Voz de Galicia" coa pretensión de se constituiren punha invitación á leitura deste libro de poemas publicado en 1982 palas Edicións do Castro. Case tres lustros volvidos sobre as mesmas liñas son hoxe aquí reproducidas -de novo levemente matizadas- como testemuña dunha datada, asumida e conotada recepción persoal para introducir unha selección daquel poemario.
1. Sen escándalo nen precipitación, temos aqui o terceiro libro de poemas de Cesáreo Sánchez Iglesias. Ao abordarmos as obras anteriores xa sabíamos que, ao igual que nesta, para o poeta a escrita é a súa realidade -a realidade interior filtrando a exterior, o seu subconsciente- encerrada nun poema. El non quer facer descricións inimitábeis, nen encaixar estrofes con seguridade, nen... quer polir, polir a súa emoción como obxectivo non único, mais si prioritario. Desta maneira, élle necesario resumir e simplificar para obter unha maior intensidade, para construir unha poesía voluntariamente contida, despoxada e traballada con profundidade e forza.
Así pois, estamos perante unha escrita disciplinarmente condensada que, ao negar os recursos poéticos e lingüísticos da expresividade máis convencional, afirma a elaboración artesanal, a imprensión e o simbolismo como elementos basilares da sina arquitectura lírica. Ora ben, a Ma afirmación do simbólico dota ao adxectivo dun significado primordialmente etimolóxico, chamando ao recoñecimento do lugar, isto é, da íntegra patria humana na duplicidade do fisico e do psíquico.
2. A aproximativa delimitación adxectival anterior merguIláse, adquirindo unha nova dimensión, nunn duplo e teimoso entorno.
Por un lado, nos amplos arredores literarios dun estrito intimismo que debe a súa liberdade e facilidade expresiva ao espírito vivo dalgunhas das escritas e das xeracións poéticas peninsulares da década de vinte, en que naturalmente se filia.
Por outro lado, dado que non é somente nas actitudes poéticas onde se pode observar a importante acción do entorno sobre os contidos destes versos, a leitura detida dos mesmos parece retrotraer as técnicas utilizadas (dos sistemas de imaxes, da ortografia expresiva, das tímidas tentativas de sintaxe anómala e da linguaxe que abala para o campo asociativo) aos diferentes 'ismos' e, en especial, a un 'criacionismo' mitigadamente actualizado. Así observamos que as xustaposicións e as asociacións de imaxes se derivan de que o subconsciente do poeta ocupa nesta libro un lugar nuclear. Deste xeito, enxergamos que tamén as palabras se relacionan na ambigüidade das súas conotacións, substituindo a lóxica externa e racional por unha lóxica interna e sensitiva.
3. Restaría, cando menos, comentar móis dous elementos centrais na abstracta 'explicación' do que é (foi) para nós este Cántico: a memoria e as palabras.
A memoria porque se trata dun esforzo contra o esquecimento, por que se trata dun inventario mental. As palabras porque o autor ama "o sono da palabra" e quer falar do 'seu' coas primitivas, estruturando nelas e con elas unha tripla dimensión de contidos 'in-materiais', desdobrados e interrelacionados nunha poesía que, entre o voluntario espazo físico e colectivo da Traza do Campo' e o involuntario espano psíquico e íntimo do `eu`, devolve á Memoria a súa mítica `maternidade'.
E así que a memoria como fenómeno adquirido, individual e plástico, móvese ao longo dos diferentes poemas en tres direccións: a da rememoración, a do recoñecimento e mais a da evocación.
Cesáreo `rememora' e o recordo resulta deformado, producíndose a regularización, a simplificación e a acentuación dos detalles signifcativos: o axustamento e o axeitamento das lembranzas.
Cesáreo recoñece (e recoñécese en) un sentimento de familiaridade perante o dicer poéticos: o "dito de amor' de que falaba Dante.
Cesáreo `evoca' e procura a representación e a fixación voluntaria e involuntaria das sensacións -non dos feitos- nos poemas, fornecéndolles unha plural forza de (re)presentación inesperada.
Rememorando, recoñecendo e evocando, a palabra poética faise, explicitamente, loita contra o efémero e contra o precario e, implicitamente, ponte entre un 'onté fixado en tranquila permanencia e un 'mañán' dolorosamente incerto que rexe a asunción da expresión renacentista "di doman non c'é certezza".
4. Enfín, dada a nosa crenza de que non se debería parafrasear a poesía e manifesta a nasa certeza de que a imprecisión pseudolóxica da exposición anterior non reflicte -nen de lonxe- a precisión poética, invitamos á leitura da selección d' 0 Cántico da Fonte, pois é sabido que a poesía `só lida' pode devir `sólida'.
CARLOS PAULO MARTÍNEZ PEREIRO
(A Coruña, Xuño de 1983 e de 1997)