Centro de Documentación da AELG
Raia Luso-Espanhola. Colectânea Literatura e Artes - No parque, poema de Carlos Abeledo
Abeledo, Carlos

E agora de vello volvo ao parque

e segue cheirando a frouma e eucaliptos,

pero xa non hai ocas,

morreron os parrulos.

Eu teño o corpo frío,

e lembro das mans quentes

que tiñas cando viñas ao meu rente.

Era o mesmo sentarse

sobre a terra que nun banco,

tanto tiña falar que estar calado,

chegaba cunha ollada

e alá enriba a lúa que espreitaba

tiña as pombas no niño,

as que ti alimentabas,

pero nos esa noite

non tiñamos tempo pra contalas.

E hoxe, o parque frío, xa non conserva nada

so a min que paseo, no medio das lembranzas.