Miña vida ancorouse
naquel cuarto emprestado
cando quedou baleiro.
Marchamos daquel leito,
cada un sen destino:
eu fuxín cara o mar.
Botei unha botella
que perdeuse entre as ondas
levando o meu poema
que ti non lerás.