Centro de Documentación da AELG
Escura e transparente - AUTOBIOGRAFÍA
Ramos, Baldo

AUTOBIOGRAFÍA

somos tempo
ou memoria do que perdemos.

somos aquilo que o esquecemento
nos permite posuír:
a palabra que chega aos teus ollos
coma o vento esparexe estas follas
pola páxina en branco
da ausencia.