Actas del Congreso Internacional Luso-Español de Lengua y Cultura en la Frontera
(Cáceres, 1 al 3 de diciembre de 1994)
Edición de Juan M. Carrasco González y Antonio Viudas Camarasa
1996
UNIVERSIDAD DE EXTREMADURA
A fronteira do "tirar" de "os beesteiros daquesta fronteira"
Mercedes Queixas Zas (A Coruña)
Se facemos unha revisión ao amplo corpus da lírica medieval galego-portuguesa, poderemos observar que o elemento fronteira aparece citado rum número aproximado de 13 ocasións, quer explicitado integramente, quer baixo calquera outra forma sinónima como é o caso de fossado. As cantigas pertencentes a este corpus abranxen entre outros o xénero de amor ou o denominado de louvor, malia pertenceren a grande maioria, 9 cantigas concretamente, ao corpus escarnifio. Este último apartado será no que nos centraremos, pois, para desenvolver o presente traballo, de aí que creamos conveniente citar a continuación o primeiro verso das diferentes cantigas anteriormente referidas, tomando como ponto de partida a edición que o profesor Manuel Rodrigues Lapa fixo das Cantigas d'escarnho e mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses, ed. Galaxia, 2a ed. Serian estas, pois:
16* «Don Foan, de quand'ogano i chegou» (B486/V69)
26* «0 que da guerra levou cavaleiros» (B496/V79)
61* «Já lhi nunca pediran» (B1559)
149* «Disse un infante ante sa companha» (131607N1 140)
154* «Pôs conta el-Rei en todas fronteiras» (B1518)
195* «Par Deus, amigos, gran torto tomei» (B1460N1070)
288* «Nostro Senhor, com'eu ando coitado» (B1358N966)
321* «Per[o] Ordonhez, torp'e desembrado» (V1203)
331* «Os beesteiros daquesta fronteira» (B 1574)
Nun princípio observamos que as diferentes cantigas aqui selecionadas poderian ser reagrupadas en base a un tratamento temático similar, de aí que estabelezamos a seguinte clasificación segundo sexa a direción a seguir pola critica:
1.- Sátiras relacionadas co mundo guerreiro: 16, 26, 61.
2.- Sátiras contra a figura da coñecida soldadeira Maria Balteira: 195, 321, 331.
3.- Sátira sobre a situación dos guerreiros na própria fronteira: 154.
4.- Sátiras onde o termo agora en estudo non é un motivo central dentro do contexto global da composición, quer dicer, que a sua presenza non é excesivamente relevante para a comprensión final das cantigas: 149, 288.
Dentro do primeiro grupo diferenciamos entre as cantigas que se dedican a facer unha crítica a aqueles covardes que vendían as suas propriedades pola proximidade da fronteira leonesa (61), ou a aqueles traidores e, igualmente, covardes que, amedrentados, fuxian das guerras (26).
No segundo grupo teñen acollida unha série de escárnios dirixidos contra unha figura representativa da fronteira, a famosa soldadeira Maria Balteira, muller de vida fácil, con asento en palácio, e que como sabemos, acompañaba as expedición militares recebendo soldo polo seu doce canto e baile. A diferéncia doutras cantigas, estas van encamiñadas a pregoar, ou ben a sua vellice e os destragos que o tempo fixo na sua fermosura doutra hora (195), ou ben remarcar o seu escaso mérito debido ao feito de que un home torpe desembrado vindo da fronteira (...) pregunta por Maria Balteira (321). Por último será o trovador galego Pero d'Ambroa nunha cantiga representativa da agudeza enxeñosa e do xogo verbal do que poden ser capaces os nosos trovadores, quen se ensañe coa nosa protagonista, colocando-a entre os besteiros do Rei como branco dun certame de tiro. Retomaremos roáis adiante esta cantiga para un estudo mais detido e pormenorizado e observaremos como se chega a un escárnio a partir dos xogos de palabras, procedimento típico neste tipo de cantigas, do que se pode citar como exemplo as fermosísimas cantigas do Rei D. Alfonso X e de López de Baian' , onde se está a xogar coas diferentes acepcións da parella madeira/casa. Mais, como xa sabemos, non sempre son tan reparados os nosos trovadores, pois noutras moitas ocasións as sátiras son directas e sen nengun artificio de encubrimento, o que posibelmente explique que, nalgunhas cantigas, a voz que se exprese sexa a da própria soldadeira dialogando con Pero d'Ambroa, autor de numerosos ataques contra ela, alertando-o sobre unha posíbel vinganza dela. A cantiga de Gil Peres Conde referida aqui co número 154, conforma a terceira división anteriormente feita, e é, sen dúbida, a móis próxima ao tema motivo deste traballo, pois nela o trovador aproveita a ocasión para oferecer-nos un suceso ocorrido na própria fronteira, isto é, xustificar o fraquexamento e diminución das forzar dos guerreiros na loita contra os mouros, debido á escasa manutención dos mesmos, feito que o trovador ridiculiza ao afirmar que estes só comían carne de galinha. Ante esta situación, Gil Pérez Conde imaxina un decreto real onde se prohiben estas viandas, de modo e maneira que A concelhos e a cavaleiros / mandan comer vacas e carneiros, e incluso porcos frescos e toucinhos, / cabritos, cachaç'e ansarinhos.
Xa por último dicer que o cuarto apartado comprende unha seleción de duas cantigas onde, a diferéncia das anteriores, a fronteira resulta ser unha mera referéncia con carácter apenas locativo (149) ou meramente informativo acerca das diferentes facetas vitais do personaxe a escarnecer, neste caso Afonso Eanes do Cotom, quen alén de ser trovador, tamén é caracterizado como putanheir'af cado,
xogador de dados, borracho, e inclusive como un home con responsabilidades nas fronteiras (288).
Todo isto conduciu-nos a corroborar que a fronteira é un termo recorrente en contextos bélicos, de xeito que este elemento vai adquirir tanto o significado de limite, linde entre dous países diferentes, como o de guerra ou, o que é o mesmo, lugar inestábel pola presenza de enfrontamentos armados entre várias partes. Isto é constatado en cantigas como a de Joan Baveca (B1460N1070), onde se descrebe a un personaxe que ante a porta do Rei está perguntando por novas da fronteira, ou como se ve nunha cantiga da autoria de Afonso X O Sábio ou mesmo noutra de Meendez de Besteiros en que a fronteira, como xa máis arriba se dixo, era un lugar temido e evitado por moitos nobres.
Despois desta visión tan xeral, cremos chegado o momento de centrarmo-nos mais especificamente na irónica cantiga de Pero d'Ambroa, un escárnio de meestria que móis arriba identificamos co número 331, e que a seguir pasamos a reproducir:
Os beesteiros daquesta fronteira,
pero que cuidan que tiran mui ben,
quero-lhas eu consellar ua ren:
que non tiren con Maria Balteira,
ca todos quantos ali tiraran,
todos se dela con mal partiran;
assi é sabedor e [é] arteira.
Tirou ela con uu besteiro
destes del Rei que saben ben tirar,
e primeira vez, polo escaentar,
leixou-se i logo perder un dinheiro,
e des i outr'e, pois escaentado,
tirou con el e á dele] levado;
quanto [ele] traguia, ten no bragueiro.
Os beesteiros dos dous carreiroes
tiran con ela e pos-se foral,
nen os outros que tiraran mui mal
atiraran a dous dos pipeoes,
e foron tirando e bebendo do vinho;
o beesteiro, como era minmho,n
on catou quando sachou nos colhoes.
Tomando como ponto de partida o excelente traballo de edición levado a cabo polo ilustre profesor Manuel Rodrigues Lapa no seu Cancioneiro d'escarnho e mal dizer, temos que dicer que optamos por promover pequenas modificación co fin de contribuir a unha mellor e máis completa interpretación desta irónica cantiga. Asi pois, sendo evidente a atinada leitura e interpretación do profesor Lapa, tentamos ver se seria posíbel aprofundar un pouco móis naqueles procedimentos irónicos que configuran a devandita composición. Con esta finalidade, pois, optamos por alguns cambios a nivel de pontuación, unificación da forma verbal escaentar nos versos 10 e 12, alén doutros que máis adiante iremos tratando polo miúdo e que aparecerán recollidos na sua totalidade no remate deste traballo.
Sen dúbida nengunha, é esta cantiga máis unha mostra do saber gracexar dos nosos trovadores, ou o que é o mesmo, do profundo cofiecimento e domínio da linguaxe poética: xogos de palabras, diloxias..., isto é, unha auténtica exibición do procedimento coñecido como aequivocatio, caracterización básica das cantigas de escárnio, que nesta ocasión chega ao seu máximo esplendor da man do trovador Pero d'Ambroa.
Como toda cantiga de escárnio que se précie, esta tamén segue a falar «mal dalguen (...) por palavras cubertas que ajan dous entendimentos pera lhe lo non entenderen ligeiramente». Cfr. Poética Fragmentária do CBN. De aí que nun primeiro momento, nunha leitura superficial entendamos a cantiga como unha simples descrición dun inocente xogo de tiro ao branco no que están a participar os beesteiros do Rei e Maria Balteira; porén, xa coñecedores do gosto dos trovadores por escarnecer esta figura feminina, e baseándonos nos diferentes recursos empregados polo trovador para tal fin, chegamos a unha segunda leitura máis significativa e, consecuentemente escarniña, posto que a imaxe que agora se nos quer apresentar é a da própria soldadeira Maria Balteira funcionando como branco dos xogos sexuais dos beesteiros, resultando ser ademais, vencedora de todos eles, incluso dos móis novos, considerados como mellores.
Non vai ser esta a única vez en que os nosos trovadores nos mostren a unha Maria Balteira, motivada polo afán de obter fortes ganancias, pois xa o profesor Lapa ten editado no seu Cancioneiro d'escarnho e mal dizer unha outra de Joan Vaásquiz, quen confirma que todo aquel que quixer veer á famosa soldadeira, «leve algun dinheiro; / senon, non poderá i adubar prol».
A ironía desta cantiga vén dada, como é habitual, por diferentes procedimentos, ben sexa por meio dun léxico específico pertencente ao que Tavani dá en chamar campo "sémico do obsceno" e "campo sémico de polémica social" como é o caso dos termos colhoes e fronteira/beesteiros respectivamente, ou mesmo no emprego de determinadas construcións do tipo non catou quando sachou nos colhoes e todos se dela con mal partiran, entre outras.
Serviremo-nos precisamente desta última expresión para entrar nun recurso típico destas cantigas citado xa mais arriba: a aequivocatio, que, neste caso concretamente, leva-se a cabo polo emprego dunha série de vocábulos e expresións que condicionan o entendimento da cantiga, isto é, segundo sexa o enfoque que se adopte, a comprensión final será bastante diferente. Asi pois, a partir da expresión todos se dela con mal partiran, o leitor pode facer unha primeira interpretación no sentido de que estes beesteiros nos seus enfrontamentos lúdicos coa soldadeira sempre remataron con mal, é dicer, como auténticos perdedores, posto que ela era mellor xogadora e móis arteira. Sen embargo, se pasamos a facer unha segunda interpretación, o sentido resultará bastante diferente, pois o que entendemos é que estes guerreiros parten mal parados porque destas relacións coa Balteira o que tiran é un "mal venéreo" , resultado que na nosa literatura tamén se cita con expresións do tipo "foi mal ferida"', nunha cantiga da autoria do Rei D. Afonso de Castela e León.
Outro exemplo desta duplicidade semántica temo-la na expresión leixou-se i logo perder un dinheiro, que nos remite á perda dunha posíbel inocente aposta de xogo no tiro ao branco, ou pola contra, a perda do diñeiro vén dada polo pagamento dos favores para con a soldadeira, quen ademais de sair vencedora de todos os embistes, baleira os petos dos seus contrincantes empregando tamén certas argúcias, pois primeiro prefire perder algunha moeda na procura da confianza do seu cliente, para logo sair airosa da situación en todos os aspectos.
Esta idea cremos que, segundo a nosa interpretación, se ve reforzada no último verso desta mesma estrofe. Asi pois, para o noso modesto entender, partindo do ton certamente sentencioso que adopta o último verso de cada estrofe (agás a terceira que, por mor da pontuación, comprenderia os doas últimos), asi como do próprio significado que mostra a cantiga, pensamos que o verso 14 («quanto traguia ten no bragueiro») pode admitir esta nova interpretación, contribuindo deste xeito á intención que se manifesta ao longo da composición e através da cal se nos quer ir adiantando o que será o final do beesteiro protagonista da sátira, que non nos será confirmado até os derradeiros versos da terceira estrofe cando se nos di que «o beesteiro, com'era mininho, / non catou quando s'achou nos colhoes», imaxe moi expresiva e moi similar a outras todavia vixentes hoxe en dia na linguaxe coloquial actual, tanto galega como portuguesa; asi pois, entendemos que o que se nos quere indicar con esta expresión é o feito de que o mozo ficará co peto completamente baleiro, mais en beneficio do seu próprio bragueiro.
Por outra parte, ainda que continuando con este apartado de rasgos caracterizadores da cantiga, hai que destacar o gran valor dum vocábulo do que o trovador botará man, isto é, o emprego do verbo que xa previamente destacamos no título deste breve traballo: o tirar dos beesteiros, con cuxa fronteira de significados se delimita a dupla interpretación desta cantiga xa anteriormente citada, pois a escolla do tirar como sinónimo de lanzar, puxar ou libertar algunha cousa (acepcións, por outra parte, empregadas noutras cantigas como por exemplo nunha de Joan Servando: «quando s'erger non podian en, / tira[ron] mui ben as pernas cara si»6 e tamén noutra da autoria de Fernando Esquio, que nos versos 11 e 16 di: «seu arco na mano a Ias aves tirar»)', é oposta á da opción desta palabra na sua acepción móis coloquial ou, se se quere, vulgar (con valores semellantes aos empregados actualmente en galego neste mesmo rexistro), referida á relación sexual', acto que noutras ocasións é definido con diferentes expresións elaboradas a partir do verbo fazer, ou con formas verbais do tipo colher, cando non optan polo termo totalmente descuberto de foder.
A importância do infinitivo tirar no contexto da cantiga é tal que non se limita a aparecer meramente citado, a modo de repetición, num elevado número de ocasión (un mínimo de duas en cada estrofe e distribuido por todos os versos agás no ultimo, dando lugar, así mesmo, á presenza sistemática de mordobres ao longo das tres cobras singulars: 1-II: V. 2; 11-111: V. 2; 1-111: W. 2,5), senón que a sua diversidade de tempos, modos e persoas está presente através dunha figura própria da retórica medieval coñecida como políptoto (tiran, tiren, tiraran, atiraran, tirou, tirar, tiravan, tirando), chegando a ser estratexicamente colocado no final dalgum verso, formando parte do esquema rimático, nas duas primeiras estrofes, de maneira que a escena do tiro ao branco invade todo o marco da cantiga, mostrando-nos duas loitas particulares: por unha parte, a dupla loita colectiva dos beesteiros, como profesionais na fronteira e como homes coa soldadeira, e pola outra, a loita individual da própria Maria Balteira como soldadeira e como muller.
Recompilando o dito até o de agora, observamos que os diferentes recursos empregados por Pero d'Ambroa corroboran a duplicidade semántica a que dá xogo esta cantiga. Sen embargo, pensamos que o noso famoso trovador vai móis alá na procura dum maior sarcasmo, isto é, poderia-se dicer que o escárnio se acrecenta ao atoparmo-nos con expresións que non son próprias do xénero no que nos encontramos. Estamos a referirnos concretamente á expresión do verso 3 «quero-lhis eu conselhar ua ren», que actua como fórmula introdutória ou exórdio dentro do corpus da cantiga.
Se damos un repaso ao corpus lírico medieval en xeral, observaremos que tanto o substantivo conselho como a forma verbal posteriormente del derivada conselhar son bastante recorrentes en calquera dos grandes xéneros, ainda que máis especificamente no corpus do amor. Destaca, pois, unha grande variedade de usos con múltiples diferéncias semánticas dependendo das diversas expresións de que estes termos formen parte (ayer /filhar / poer /prender /fazer conselho...), isto é, para o primeiro significante temos os significados de «reunión, aviso, remédio, auxílio espiritual...», e para o segundo os de «gobernar-se, arranxar-se, prosperar...».
Centrando-nos en cada xénero en particular, comprobamos que esta expresión ten unha relativa frecuéncia dentro das cantigas de amigo" ainda que con pequenas variación; citemos, pois, como exemplo os versos «quero-vos ora mui ben conelhan> ou «mais quero-vos ora ben conelhar» que se corresponden coas cantigas editadas por Nunes nas páxinas 188 e 263 respectivamente. Mais, é no corpus das cantigas de amor onde se rexistra unha maior preséncia destes elementos, ben sexy en expresión similares á que nos ocupa, ou noutras de diferentes características, en relación á primeira posibilidade que boxe estamos tratando, caberia citar o verso número 22 dunha cantiga de Joan Coelho que di «E ar quero-vus ora conselhar».
Se nos situamos agora no marco das cantigas de escárnio e de mal dicer, comprobamos que non é Pero d'Ambroa o único trovador a empregar este tipo de procedimentos de mestura de elementos de diferentes xéneros, pois noutros autores da talla do próprio Rei D. Afonso X ou mesmo Airas Pérez Vuitoron tamén se rexistran estruturas moi semellantes, isto é, mentres que o rei trovador inicia a sua cantiga satírica con esta introdución: «Quero-vos ora mui ben conselhar»", Vuitoron bota man dunha expresión praticamente idéntica á que nesta ocasión nos ocupa, que di: «quero-vos eu conselhar ua rerw
En resumo, unha vez visto isto, poderia-se dicer que estamos ante máis un caso de mestura de xéneros co fin de elevar o ton da ironia e do escarnho a cotas máis altas, isto é, asistimos, pois, a un claro exemplo do que, dentro do corpus escarniño, se dá en chamar o subgrupo da sátira literária, onde se paródian aqueles elementos característicos doutros xéneros como poden ser os tópicos do amor cortés, da canción de xesta, do pranto, etc.
Por outra parte, e xa para rematarmos este breve estudo, chamar a atención sobre o adxectivo mininho, que caracteriza o noso beesteiro protagonista. Ainda que con pequenas variación de xénero e número (meninhas, meninho), rexistra-se este termo no cancioneiro de amigo e, sobre todo, no de escárnio: Con respecto ao primeiro substantivo, observamos que o próprio Nunes nos aporta no glosário da sua edición das cantigas de amigo un significado primário, definido como `menina, donzela'; pola sua parte, Rodrigues Lapa, igualmente no glosário da edición do xénero escarninho, ofrece as seguintes definición para o que el considera unha parella de sinónimos (meninho, mininho): `menino, juvenil, servo, mancebo'. Se partimos de ambas as duas interpretación, poderíamos chegar á conclusión de que estamos ante un rapaz bastante novo, sen embargo, observamos que este tratamento é empregado novamente nunha outra composición con significado ben móis encoberto. Asi pois, non temos móis que achegarmo-nos á cantiga número 116 da edición de Lapa e da autoria de Estevan da Guarda, para comprobar como o menino asume un novo valor, xa que se tomará como obxecto para as práticas homosexuais do seu amo. Esta interpretación conduciria-nos a esa segunda leitura da que anteriormente falamos e através da cal contemplaríamos a un beesteiro entregado aos "vícios" persoais e aos da própria Maria Balteira, até chegar ao ponto de permitirse ficar sen nada máis que o seu corpo espido.