Centro de Documentación da AELG
O oso douto - [Texto íntegro]
Arias Saavedra, Ana


 


Manoliño e Pauliño ,son dous nenos veciños , sendo tamén moi amiguiños, compañeiros da escola unitaria do pobo , onde viven con seus pais e avós, amigos de chanzas e troulas con outros nenos e nenas do pobo . Oito anos de idade ten Manoliño , neno robusto moi aleutado , seis anos de idade ten Pauliño , ó contrario do seu amigo Manoliño , é neno fraco , non moi habilidoso  tratándose de rubir polas árbores, por ser neno máis ben medoso. Gran desvantaxe física entrambos, claro que todas estas desvantaxe , non mirran en nada a súa fiel amizade.

Un día de lecer na escola, adoitaron ambos en iren cara unha fraga, a un quilómetro afastada do pobo, onde abondan seculares árbores , coma tamén vellas silveiras , que véñen  dando o seu froito moi gorentoso, froito ca ambos lles gusta moitísimo manducar as amoras negras de maduras. Pensado e feito , puxeronse no camiño cara a fraga ámbolos  dous sós, nesa ledicia de toda nena e neno, van indo cara a fraga , tan pronto chegar encomezan a escolmar nas silveiras onde mellor amoras hai, así van indo manducando nelas, a veces a risadas, a veces rifando por se meter un no terreo do outro, co desexo de acadar pillar as mellores amoras negras que son as máis doces.

Estando nesa pracenteira tarefa , Manoliño dille a Pauliño -¡chissssssss!¡escoita Pauliño!  - ¿que ocorre Manoliño ? -¡paréceme que sinto uns varudos pasos, ven , ímonos anicar e mirar de onde vén ese ruído ! anícanse buscando unha clarenza  entre o matorral ,que deixase ir as súas miradas cara o lugar onde Manoliño , cre que ven o varudo ruído.

Non tardaron en albiscar a un grande oso que viña de paseniño , un oso mareliño coma o ouro co fociño branco, osmando para achegarse a eles, daquela Manoliño dícelle a Pauliño ¡¡¡ Pauliño fuxamos!!!  con gran arreguizo no corpo,botan a correr todo canto lles poden avanta-las pernas . Manoliño vai indo diante de Pauliño , o oso oindo no ruxido ó correren , tamén corre na procura deles, mira cara atrás e ven con pasmo co oso vén á carreira na rota deles , Manoliño sen dubidar rube polo toro dunha grosa e alta árbore, cunha habelencia de envexa , empoléirase  no cume das mestas ponlas . Pauliño tenta unha e outra vez rubir pola árbore , non o acada, prega ¡¡¡Manoliñoooo!!! ¡¡¡dame unha man para rubir cabo de ti !!!.

Manoliño acubillado entre as ponlas non resposta. Pauliño ten xa moi preto del ó oso, por eso sen dubidalo , nen tendo outra alternativa, deitase  ó pé da árbore, onde o seu amigo fica no cume moi ben acubillado , alí engruñado como un novelo de la, faise o morto , cavilando cheíño de medo que dun intre a outro vai a ser papado polo oso , síntese moi soíño , cheíño de medo, pero Pauliño non sabe co oso non é un oso común,que este oso é un oso douto en pensar e razoar , non así en falar , que é moi solermeiro , que se mantén tan só da follaxe da fraga, así como de raices , e que teima en ter uns amigos nenos, para xogar con eles .

Por eso, chegando cabo de Pauliño , o oso comeza por ulilo por todo o corpo, logo ulilo ben na meixela, nese feito pousa o seu fociño , co desexo de darlle un beixo ó tempo que pensa ¡ai! ¡que pena deste neno, está morto! ¿que lle ocorrería? ¡a min pareceume albiscar que andaba a correr con outro neno! ¿onde irá esoutro neno? ¡boh! ¡sempre me ocorre o mesmo, en canto me avistan e chegando cabo deles,  algún sempre morre co medo , e eu , cos desexos que teño de ter un amigo neno ou nena, o mesmo da, quero un amigo humán, pero noviño, para que me ensine a falar, e xamais o acado, que mágoa , ! ¡ai! ¡que mágoa a miña, nen nenos , nen nenas, nada! ¡eu nunca poderei ter un amigo humán , noviño, para xogar coma eles e con eles mesmamente falar , e este neno semella ser boíño , bueno....... ireime coma sempre, coa miña mala fada!.

O oso afástase de Pauliño , e segue camiñando , agora xa de vagariño e sereo senténdose moi desafortunado. Pauliño oe os pasos que se van alonxando de cabo del , folguexa moi lenemente para co oso non se decate de que está vivo , e de paso pensa Pauliño ¡ Manoliño que malo é , nen me estendeu a man  para que eu rubise cabo del ,  nen dende arriba escorrentou ó oso , por el ben me podía papar o oso , que el nada facía por min , Manoliño,o meu mellor amigo non lle importo nada, senón non me deixaría so ante tan inxente perigo , eu no canto del  non faría así , o axudaría , estaría con el en todo momento!¡ vou abrir un ollo  , a ver onde vai o oso ! ¡ que ben!!! ¡alonxouse de nós , voume erguer ! . Pauliño érguese do chan , respira fondo , para tentar poñerse sereo , Manoliño baixa da árbore coa habelencia coa que rubiu ¡ ai Pauliño! ¡ que medo ermos pasado!¡libramonos dunha boa, por pouco case nos papa o oso! ---¡si Manoliño , por pouco case nos papa! resposta Pauliño sentíndose moi tristeiro ¡Pauliño , o oso por un momento pegou o fociño á túa meixela , mesmo parecía como si che dixese algo! ¡ouh díxoche algo Pauliño? --- ¡pois si Manoliño , díxome algo !---¿e que che dixo Pauliño, dimo anda, dimo? ---¡díxome algo de ti , díxome que ben te via no cume da árbore moi acubillado , e que eras un suíño amigo , que amigos coma ti , non fan falla na vida de ninguén, e que me decatase que non eras un bo amigo, e que me afastase da túa compaña, que para nada ela servía , así que Manoliño , dende agora mesmo deixas de ser o meu amigo, rota queda a nosa amizade, por que eu quero amizade de verdade non de mentira!. Desa maneira alonxan da fraga , indo Pauliño encabuxado sen atender ós razoamentos de Manoliño  por  recuperar a amizade súa .

Xa pasados catro anos , tendo Pauliño dez anos de idade , un día tamén de lecer, encárase so cara a fraga, quere estar , ver, a árbore onde tanto medo sentiu naquel ido día , pensa que indo el so , o oso se é que anda pola fraga , non se decatará , xa que pensa en ir pisando moi amodiño para non facer ningún ruxido. Así o fai , chegando aluga na fraga , vai indo pousando os pés de maneira que ningún ruxido se oia, chega á árbore secular, alí , mirándoa lembra todo o que aconteceu nese día , que anida no seu corazón, xa que a Manoliño o tiña como irmán, o quería sinceramente  , por eso lle doeu tanto o seu feito suíño. Xa disposto a alonxarse vírase, e ó virar atópase ás súas costas co oso , que está a miralo moi docemente, daquela Pauliño , sente calafríos en todo o corpo, recacha os ollos coma dous pratos  co medo sentido  mirando cara o oso, fica quedo , o oso esténdelle a súa pata en sinal de amizade, Pauliño temblando de medo, pousa a súa man riba da do oso, o oso lla aperta suavemente, ó tempo co segue mirando tenramente, Pauliño adicalle un sorriso, daquela o oso sen soltar a man de Pauliño chouta amosando ledicia , Pauliño decátase co oso quere ser o seu amigo, el tamén chouta de ledicia, choutan os dous  suxeitos , logo sentan no chan, Pauliño dille ¡ vaia medo que me metiches hai catro anos eh!, o oso quere respostar, non sabe falar tenta de articular algo de verbas pero non lle saen , aí nese momento, Pauliño percátase  que está diante dun oso para nada común ós outros osos, séntese previlexiado, por ter de amigo un oso tan insigne, adoita ser o seu mestre , encomezando por aprenderlle a falar, falándolle ,o oso vai tentando en repetir as mesmas verbas.

Encomeza nese día unha moi enxebre amizade entre Pauliño máis Luceiro, que é como Pauliño adoitou en chamar ó oso. De acordo tamén co oso, xa que así tamén pasa a ter o seu nome propio, asemellando a  un humán que é o que o oso desexa. Luceiro na compaña de Pauliño , vai aprendendo a falar e a ler, como tamén a escribir, xa que Pauliño acostuma en levarlle cadernos , lápis e contos para ler , así Luceiro  vai aprendendo o que Pauliño aprende na escola, máis tarde no instituto,despois na universidade . Luceiro vai facendo a carreira de filoloxía galega canda Pauliño , pero claro de moi pouquiño lle serve , excepto para estar con Pauliño . Luceiro atópase un día en que sente teimosía por ser mestre da lingua galega. Pauliño non sabe como facer para presentalo , por que pensa ¡en canto o vexan, botan todos a correr estarrecendo co medo ! . Así e todo, ós seus máis intimos cóntalles o segredo tan gardado, abraiados primeiro , interesados despois, encáranse tres amigos con Pauliño cara a fraga, alí saudan a Luceiro  que mantén modais humáns de xentileza. Sentados todos no chan , falan con Luceiro chegando ó acordo todos en faceren algo para  que Luceiro se vaia integrando cos humáns , e dese xeito acade o seu desexo tan arelado, ensinar ós nenos e nenas toda a súa sabedoría, acadada a través de Pauliño .

E así se fai , dano  á coñecer  a prensa, ós veciños do pobo , a moitísima xente. Luceiro ó primeiro vén sendo recibido con moito receo, logo con admiración ,pasa por un examen  na vila próxima ó pobo , Luceiro aproba o examen e pasa a obter un posto de profesor de filoloxía galega nun instituto da vila, pasando a convivir con Pauliño e familia , mantendo amizade cos amigos e amigas de Pauliño , ante a mirada de envexa de Manoliño , que Luceiro nunca un saúdo lle dirixe, e así Luceiro cando Pauliño casou , segue a vivir coa familia formada por Pauliño , sendo sempre moi querido tanto polos maís noviños coma polos adultos, tanto do lar como do pobo , vila e cidades , tendo sempre en conta todo canto Luceiro propón en asembleas e demais . Vivindo así  unha vida de ensoño, tanto Luceiro coma Pauliño , nesa enxebre amizade que naceu moi vizosa na fraga.